É hora de gobernar nós a nosa casa

Como a maioría de galegos e galegas estes días de campaña electoral escoitamos como a preocupación dos partidos estatais é que os galegos reclamemos os nosos dereitos e a nosa identidade porque o único medo que teñen e que se lles acaben desmontando os seus chiringuitos de financiación.
Se realmente quixesen ao noso país non deixarían que se siga esquilmando e menos inda que se destrúa todo o que temos acadado co noso traballo e esforzo tan so para beneficiar o seu grupillo de empresarios que eses si que son radicais e non precisamente os que somos nacionalistas, porque eses empresarios non lles importa nin Galiza nin os galegos o único que lles importa e o seu peto. Claro exemplo desta situación é que agora nas conservas xa non é obrigatorio por o país de orixe e abre a porta a poder vender mexillóns doutros países como Chile como se fosen galegos, e todo porque os donos da maioría das conserveiras galegas marcharon montar as empresas a Chile, Nixeria e agora quérense aproveitar da marca galega mentres aquí deixan morrer o noso tecido empresarial conserveiro e o sector pesqueiro.
Temos claros exemplos no sector gandeiro e agrario do noso país, nin lles preocupa nin se lles ven políticas que axuden a competitividade pero sen embargo si amosan interesa en saber porque as vacas teñen nome de muller. Gandeiros, moitos casos deles mozos e mozas que apostaron por recuperar non so un sector básico na nosa economía senón tamén por recuperar as nosa estrutura social, cultural e económica, empezaron cheos de ilusión e apostando por un futuro e o único que atopan son atrancos e pedras no camiño porque non se deixan asoballar polas grandes empresas subvencionadas con cartos de todos os galegos, mentres aos pequenos emprendedores lles apertan ao máximo o cinto, os desangran a requisitos e os desaniman a continuar nesa labor. So hai que pasar un par de horas por calquera destas explotacións para ver a ilusión e as gañas de traballar que poñen para saír adiante e como creen nas posibilidades que teñen. Pero iso non lles interesa porque producen en Galiza e deixan o beneficio en Galicia e claro iso non lles entra no seu esquema empresarial.
,O seu esquema é obter o beneficio en Galiza e tributar fora do noso país e si de paso pagamos o mesmo o máis que o resto do pais xa teñen a curvatura do cadrado feita, porque temos que pagar a electricidade ao mesmo prezo que en Madrid si aquí a producimos e non hai custos de transportes. Porque temos que pagar máis caro a gasolina ou o gasóleo que en Avila se aquí temos a refinería en Coruña e non hai os mesmos custes de transportes pero si sufrimos so riscos medio ambientais nas nosas rias, exemplos temos dabondo.
E que dicir dese conselleiro de Industria que ten as súas empresas en Portugal porque aforra en soldos e paga menos impostos e con esta mentalidade xa puidemos comprobar estes 4 anos a xestión que fixo que foi nula porque cando lle fallaron os xaponeses coa planta de baterías que ían por en Galiza e andaron mareando buscando o solo industrial coa mesma seriedade que un cativo busco os agasallos de Nadal que deben estar agochados nalgún armario. E como con ese circo xa tiñan todas as entradas vendidas crearon outro chamado Pemex para atacar o sector naval e intentar que miles de traballadores bailen ao seu son mentres a ambos lados do Atlántico se cruzaban mensaxes de que si hai contratos ou non hai contratos.
Galiza non se pode permitir vivir máis retrocesos nin deixar que a sigan espoliando sen obter nada a cambio, os galegos non podemos seguir sufrindo máis agravios e moito menos seguir permitindo que nos etiqueten como radicais ou que nos tachen de temerarios tan so por quererlle ao noso país, por querer ser produtivos, por ser competitivos e sobre todo por seguir conservando a nosa riqueza cultural, social, económica e revalorizar o noso patrimonio etnográfico potenciando os sectores básicos e crecendo en eidos tecnolóxicos e sendo potencia en sectores que nos garanten un futuro, porque temos futuro e temos dereito a producir.