Domingos Dosil Cubelo, un exemplo de superación persoal e de compromiso social

Domingos Dosil Cubelo, un exemplo de superación persoal e de compromiso social

DOMINGOS DOSIL CUBELO, un exemplo de superación persoal e de compromiso social, acaba de nos deixar tras unha grave doenza que el levou tan discretamente coma discreta foi a súa propia vida. Tetrapléxico desde os 17 anos por mor dun accidente no mar, Domingos Dosil superou todos os atrancos da marxinación física e social e foi quen de se forxar un carácter, unha formación técnica e intelectual e un compromiso social cos semellantes.
,
Rompendo moldes e convencionalismos, organizou aos discapacitados da bisbarra de Muros-Noia e participou na fundación de diversos organismos, coma COCEMFE; foi, entre outros cargos, Presidente do Comité Español de Representantes de Minusválidos (CERMI) en Galiza, fundador e Presidente de ADIBISMUR e Presidente fundador de COGAMI, durante 17 años, ata o 2007 cando foi elixido Alcalde de Muros polo BNG co apoio (sorprendente) do PP muradán, que non permitiu gobernar a Caridad González Cerviño (do PSOE), enfrontada persoal e politicamente a nacionalistas e conservadores, despois dun experiencia de goberno municipal autócrata, enquistado e prepotente.

,A imaxe pública de DOMINGOS DOSIL é a dun combatente nacionalista infatigable, un modelo de entrega até a última hora, cando aínda se agardaba moitísimo da súa colaboración a prol do noso país. De Domingos Dosil, pese ás limitacións que o encadeaban a unha cadeira de rodas, pódese dicir, en verdade, que morreu coas botas postas. Habémolo botar moito de menos.

¡Boa viaxe, compañeiro!

,

,