Dereito a un proceso equitativo

Dereito a un proceso equitativo
España foi condenada en 171 ocasións polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos desde que asinou esta Convención do Consello de Europa en 1979. En 77 deses casos, isto é no 45 %, as condenas foron debidas á violación do artigo que proclama que toda persoa ten dereito a que a súa causa sexa oída equitativa, publicamente e dentro dun prazo razoábel, por un tribunal independente e imparcial, estabelecido pola lei...

Nese mesmo período, España foi condenada en oito ocasións polo mesmo Tribunal por vulnerar o dereito á liberdade de expresión.Destes oito casos, dúas condenas foron impostas a persoas que manifestaron expresións dirixidas ao rei de España (casos Otegi, de 15/03/2011, e Stern Taulats e Roura Capellera, de 13/03/2018), unha dirixida ao rei de Marrocos (caso Gutiérrez Suárez, de 01/06/2010) e outra, a máis antiga, ao Goberno de España (caso Castells, de 23/04/1992).

Nestes tempos, tanto o dereito fundamental a un proceso xudicial equitativo como os dereitos á liberdade de expresión e de comunicar e de recibir unha información veraz volven estar de actualidade. Nos últimos días do mes de outubro e primeiros de novembro seguín con atención por youtube a vista oral contra doce independentistas galegos celebrada na Audiencia Nacional para os que a Fiscalía pediu en total un cento anos de cárcere por “pertenza a organización criminal para a comisión de delitos de enaltecemento de organización terrorista e dos seus membros”. O primeiro que me chamou a atención foron os malos modos e a falta de respecto do presidente do tribunal xulgador cara os acusados e mais os seus avogados defensores. Pero, durante as sesións en que se desenvolveu este xuízo o que máis me abraiou foi a constatación de que o proceso estivo controlado en todo momento pola Fiscalía e as forzas de seguridade. Descoñezo como se realizou a instrución deste caso polo respectivo xuíz da mesma Audiencia Nacional. Mais, á vista das probas documentais e das declaracións de testemuñas e dos peritos propostos pola acusación baseadas na instrución, concluín que quen tomou a iniciativa procesual e a investigación foron a policía e a garda civil, isto é, o Ministerio de Interior, e quen dirixiude feitoa instrución foi o Ministerio fiscal ficando o xuíz do caso nun mero receptor de documentos que estampa a súa sinatura para autorizaros rexistros de domicilios e as comunicacións dos acusados. Poderá quen le isto escandalizarse desta apreciación miña da que se deduce que vivimos nun Estado policial, mais isto constateinono seguimento deste xuízo contra os independentistas galegos. Probas documentais nas que se anunciaban reunións públicas para as que as entidades convocantes realizaran a preceptiva comunicación á Delegación do goberno, conferencias impartidas en locais de acceso aberto ou en prazas e parques de cidades ás que podían asistir en persoa os propios axentes que realizaron os atestados e os informes incriminatorios, descargas de páxinas web e de redes sociais abertas, fotografías dos acusados que portaban carteis nos que se lles transmitían parabéns a persoas en prisión con motivo dos seus aniversarios ou, simplesmente, por seren os acusados portadores do atrezzo, como cualificaronas testemuñas policiais e o fiscal nas súas acusacións para designar os aparellos de megafonía e cartelaría necesarios para o desenvolvemento destes actos públicos...Con estas afirmacións está claro que o argumento do ministerio fiscal baseouse na seguinte conclusión: declararse independentista equivale a ser terrorista ou, polo menos, a ser acusado do delito de enaltecemento do terrorismo. Por isto, outras palabras que se repetiron no desenvolvemento do xuízo por parte do fiscal acusador e mais dos axentes das forzas públicas foronentramado, ilegalidade e alegalidade.

Segundo eles, os acusados forman parte dunha rede-entramado que ten como obxectivo a comisión de actos ilegais nuns casos e, noutros, alegais (sic).Perante o interrogatorio dos avogados da defensa ás testemuñas das forzas armadas sobre as palabras proferidas polos acusados nas que se enaltecía o terrorismo, aqueles responderon non poder coñecelas porque ou ben estaban afastados da persoa que as pronunciaba nos actos celebrados en lugares abertos ou ben porque non se encontraban nos recintos pechados onde se impartían esas conferencias.

Como recoñecía o fiscal do Tribunal Supremo Carlos Castresana hai anos nun artigo publicado en El País referíndose ao funcionamento da Audiencia Nacional, “son os fiscais —é dicir, o Ministerio de Xustiza— quen dirixe a instrución, quen indica que detidos deben ingresar en prisión ou poden quedar en liberdade, quen debe ser procesado e por que delitos e, na fase procesual seguinte, que penas merecen... A patoloxía orgánica da Audiencia Nacional produce a vulneración endogámica dalgunhas garantías procesuais máis importantes do noso sistema xurídico: a dirección de feito da instrución das causas penais máis importantes en España non é controlada, en boa medida, polo poder xudicial, senón polo executivo”. Poder executivo no tempo da instrución deste proceso en mans de ministros como Jorge Fernández Díaz ou Juan Ignacio Zoido e as súas brigadas políticas e policía patriótica.

No comezo deste artigo citamos como España foi condenada en oito sentenzas do Tribunal de Estrasburgo por vulnerar o dereito á liberdade de expresión. Sería esta tamén unha boa ocasión para referírmonos aos atropelos deste dereito como aconteceu coas sentenzas xudiciais que condenaron un sindicalista da CIG por “delito” de aldraxe verbal á bandeira española nun acto de reivindicación laboral das traballadores contratadas para a limpeza do Arsenal militar de Ferrol e co actual pronunciamento do Tribunal Constitucional que resolve en contra do seu recurso de amparo. Como o poder xudicial e oTribunal Constitucional seguen obstinados na salvagarda do españolismo trasnoitado, outra vez terá o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos que volver condenar a España por violación de dereitos fundamentais.

Mais, verbo da liberdade de expresión, no mesmo artigo constitucional que se proclama tamén se recolle o dereito a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión.

E aquí comprobamos como a prensa oficial transgrediu sistematicamente este deber ao informar sobre o decurso da vista oral contra os independentistas tan só desde a óptica da fiscalía e das forzas de seguridade.Os grandes medios galegos, prensa e RTVG, ofreceron informacións deste procedemento tan só desde o punto de vista das acusacións silenciando por completo os argumentos das defensas. Como se explica se non o que publica La Voz de Galicia o día 3 de novembro cando afirma, entre outras cousas, que a estratexia exculpatoria dos avogados defensores activou o mantra da persecución do Estado contra a ducia dos procesados sen facer referencia a ningunha proba documental e que apostou por atacar a figura da fiscalía en xeral e do fiscal en particular...Aínda máis grave, este medio informa falsamente de que os manifestos e comunicados internos lexitiman o uso da violencia cando no decurso dos interrogatorios por parte da defensa os axentes policiais non foron quen de identificar ningunha frase que corroborase esa acusación.


E, como colofón da vista oral contra os doce independentistas, salienta a intervención do presidente do tribunal privando do dereito procesual á última palabra dun acusado cando este cualificou de inquisidor o desenvolvemento do proceso. De nada lle valeu formular a súa protesta: “¡Usted, qué va a protestar!¡Siéntese!”, sentenciou agremente o maxistrado. Que podemos esperar do fallo que conteña a sentenza?