Crónica dunha volta anunciada

Crónica dunha volta anunciada
Estamos aínda un pouco aturdidas de tanta resaca electoral, pero sobre todo o que poden cambiar as cousas en un tempo relativamente curto. A división do voto, as dificultades para formar goberno e o xurdimento de novas forzas políticas. A preocupante irrupción de Vox, pero tamén o destacado crecemento do nacionalismo en algunhas CCAA, na España bipolar, o primeiro é como a teoría da involución o anti-Darwin, do home ao simio. Non deixa de ser a capa resultante de rascar a superficie da presunta transición, fastidiouse o barnís e sae a costra a relucir. Unha nova xeración de fachas estercados polos seus antepasados... e os PedroSanchistas barnizando para 40 anos máis... cuxo candidato non sabe como se vai erguer cada día, si o Pedro Sánchez negociador, o Pedro Sánchez vanidoso, o Pedro Sánchez dialogante... eu chámolle política influencer, parécese cada vez máis a aquel celebrities de Bono. "Ahora estrella de Rock, ahora comprometido"...Certo é que ao lado dese nutrido grupo de charangas que o rodea normal que non se dé centrado.

Outra cousa é Galiza, onde aínda vivimos a lavada do Fraguismo, como se o futuro xa estea asegurado, unha sociedade acomodada no total convencemento de que existen referencias mellores na meseta. Pero aí estamos nós, empurrando pasiño a pasiño do carro do nacionalismo, as novas xeracións saben ben da fortaleza dos partidos "pequenos" (pequenos dende a visión centralista e uniformadora do Estado) á hora de influir e decidir en función das prioridades e das nosas necesidades, sabemos ben quenes son as verdadeiras opcións para avanzar no noso benestar, en autogoberno, etc... no caso contrario seremos engulidos e tachados da lista por parte de quenes aspiran a gobernar. Agora é tempo de soñar, é tempo xa de voltar a petar na mesa, é tempo de ter esa voz como única razón para podermos desenvolver unha axenda galega que atenda realmente as nosas necesidades, que non é incompatible en absoluto en seguir traballando polos dereitos e mellorando a condición de vida das persoas no conxunto do Estado. Un traballo duro e sacrificado nestes tempos convulsos e visto como está o panorama actual, moito máis cando esa voz é unha soa, unha soa pero moi,moi, moi potente. E que mellor voz que a de alguén coas ideas tan claras, cuxa traxectoria é impecable e intachable. Que mellor voz que a do noso Néstor?