Comunidades inmemoriais con memoria

Celebramos os vinte e cinco anos da Comunidade de Montes de Candeán. Vinte e cinco anos dende que en outubro de 1994 o Xurado Provinicial de Montes resolveu recoñecer a titularidade veciñal dos montes Bandeira, Devesa, Pedras Negras, Costa Freiría, Vixiador, Loureiro e outros. Devolvíase por fin á veciñanza da nosa parroquia o que sempre fora dela pero que arrebatara no ano 46 a ditadura franquista. Esta resolución facía xustiza aos longos traballos que unha xestora provisional iniciara varios anos antes no seo da Asociación de Veciños. Foi a resolución de 1994 o punto de partida para a posta en marcha da Comunidade de Montes de Candeán, dotada o ano seguinte duns estatutos e da súa primeira Xunta Reitora. Dende entón os veciños comuneiros e comuneiras de Candeán decidimos sobre os nosos montes nas asembleas anuais e eliximos democraticamente os membros das reitoras, cargos gratuítos e honoríficos que unicamente executan no día a día o aprobado asembleariamente polo conxunto dos comuneiros. Se hoxe podemos xestionar e gozar os nosos montes é grazas a aquel proceso de recuperación que finalizou con éxito hai vinte e cinco anos. Por iso imos dar un recoñecemento ás persoas que participaron nas diferentes xuntas reitoras, moitas das cales con quen eu compartín labor e a quen estou agradecido por canto delas aprendín.
Porén, os montes veciñais e a comunidade –entendida como a veciñanza que os aproveita- existen dende tempo inmemorial. En Candeán, como no resto de Galiza, os montes veñen sendo aproveitados dende a noite dos tempos en réxime de man común. Século tras século os labregos viviron dos froitos que proporcionaban as terras de cada casa, pero para iso tiñan un complemento necesario nos montes veciñais, aproveitados polo conxunto parroquial sen asignación de cotas. Apacentar o gando, recoller leña e estrume, servirse das augas, cultivar centeo nas rozadas foi o día a día durante centos de anos dos veciños de Candeán nos seus montes. Cando nos anos 90 se recuperaron estes e se constituíu a Comunidade de Montes aínda existía memoria desta ligazón entre o monte e os candeaneses, a pesar do roubo da ditadura que lle entregara o monte ao concellos. Polo camiño, das máis de 300 hectáreas de montes veciñais que tiñamos no século XVIII contamos hoxe con pouco máis da cuarta parte, 95 hectáreas, xa que o resto foi apropiado en coutadas particulares, como reacción e xeito da veciñanza se defender dun proceso expropiador propiciado tras a creación do Estado moderno, que non comprendía nin consentía esta especificidade galega allea á lóxica capitalista.
A singularidade das Comunidades de montes está nesa perfecta relación entre o elemento territorial e constante que é o monte, e a parte humana, cambiante, que é a veciñanza. Non se poden entender por separado, precísanse mutuamente. Os montes veciñais en man común son únicos en Europa. Son outra maneira de posuír. Non son públicos nin privados. Son propiedades comunitarias, de natureza xermánica e non se poden dividir, embargar nin vender. Non entran no tráfico mercantil mal que lle pese aos intereses alleos e especuladores. E isto nun mundo en que todo se compra e se vende parece que non se nos perdoa ás comunidades. Existe unha constante presión para retirar o carácter veciñal aos montes e privatizalos. A intención da Xunta é sacarnos o seu control, pero a Organización Galega de Comunidades de Montes está a respostar ao promover unha nova Lei de montes veciñais en man común onde este tipo de propiedade comunitaria se vexa plenamente recollido.
O monte non é de todos, como de xeito tan ben intencionado como erróneo se difundiu tantas veces. O monte é noso, o monte é dos veciños e veciñas de cada parroquia, neste caso de Candeán. Dicímolo con toda a firmeza, pero non de xeito excluínte. Ao fin e ao cabo os montes achegan benestar ao conxunto da sociedade, son abertos, están accesíbeis para todo o mundo e é benvido quen os queira gozar con respecto. Porén, estes montes son da Comunidade de Candeán, que é quen debe xestionalos, responsabilizarse deles e asumir as súas cargas, traballos e aproveitamentos. Os máis de douscentos comuneiros de Candeán non o son só porque viven aquí, cuestión necesaria, senón porque quixeron participar e darse de alta na comunidade e seren elementos activos do monte veciñal.
Ser comuneiro é un orgullo. Os que temos a sorte de vivirmos nunha parroquia con monte veciñal, podemos optar por responsabilizármonos del de primeira man, participar na xestión de xeito directo e decidir –conxuntamente co resto da comunidade- que destino lle damos a estes terreos con tantos valores ambientais, culturais e económicos. Esa sorte que nos tocou podemos convertila en orgullo se o monte que nos legaron os devanceiros llelo damos transmitido mellorado ás xeracións futuras. Porén, as comunidades de montes somos unhas grandes descoñecidas, mesmo para xente que podería ser comuneira. A sociedade ignora a súa existencia ou non ten idea real do seu funcionamento democrático nin da súa importancia e potencialidades. Hoxe moita xente moza está sensibilizada co clima e os problemas ambientais, pero está afastada dos montes veciñais, onde podería de verdade poñer en práctica o lema “pensamento global acción local” con medidas concretas e inmediatas de mellora dos montes. O futuro das comunidades, e da de Candeán tamén, pasa por atraer máis mozos e mulleres e a súa implicación como comuneiras e un incremento da participación veciñal.
En 25 anos en Candeán fumos quen de ir camiñando cara a un monte multifuncional e vivo. Os recursos económicos que obtemos das plantacións de piñeiro revirten integramente en mantemento do monte e en proxectos sociais e culturais na parroquia. Ademais, temos grande parte da superficie adicada ao maior parque forestal de Vigo, intentamos mellorar ambientalmente o monte coa loita contra a acacia, temos proxectos participativos na Lagoa dos Seixos, creamos un roteiro das mámoas, recuperamos a nosa toponimia e aproveitamos o mel, as castañas e os cogumelos que aquí se dan. O monte actual ten usos diferentes aos de hai anos, pero como di a placa que recolle as palabras do Moxenas, o monte sempre foi monte e ten que seguir séndoo. Que así sexa.