Como queres que te enganen PSOE e Podemos, con AVE ou sen AVE?
A pesar de que os orzamentos do Estado de 2021 pasaron o trámite do Congreso cunha folgada maioría, as sucursais galegas dos partidos do goberno español non perderon a oportunidade de bater unha e outra vez contra o BNG polo seu voto negativo ao que, segundo PSOE e Podemos, son os orzamentos máis sociais da historia.
O BNG votou en contra porque os orzamentos de 2021, a pesar de ser os máis expansivos en investimentos dos últimos anos, que medraron en xeral un 68%, os previstos para Galiza baixan en torno ao 11%; 104 millóns menos en comparación cos orzamentos aprobados en 2018 polo goberno de Rajoy, uns orzamentos que daquela podemitas e socialistas consideraron negativos para o noso país.
Poren, para estas organizacións agora é positivo que o Estado invista 832 millóns, 104 millóns de euros menos que os orzamentos do PP, que xa eran moi negativos para o noso país. Para iso, PSOE e Podemos non teñen reparo en recorrer a artificios contábeis para tentar xustificar esta baixada. Ambos partidos atribúen o descenso dos investimentos ao AVE; así, eliminan o importe asignado a esta infraestrutura e comparan o restante cos investimentos dos orzamentos do PP, eliminando tamén destes a cifra do AVE. Mais nin así cadran as contas, porque como todos os galegos e galegas saben, Galiza a día de hoxe non ten AVE nin o vai ter nos vindeiros anos, xa que son clave as obras pendentes da variante de Ourense, cuantificadas en máis de 600 millóns de euros, para as que o goberno español só destinará 29 millóns dos orzamentos de 2021.
Con AVE ou sen AVE, os orzamentos do Estado son moi negativos para Galiza. E non só pola baixada dos 104 millóns menos, senón porque o noso país queda fóra duns investimentos clave para o futuro dos vindeiros anos, que se aproban nun contexto de incerta e profunda crise económica provocada pola COVID19. Mais o peor é que seguiremos arrastrando os problemas de sempre, en concreto as pésimas (e inexistentes) comunicacións ferroviarias interiores e tamén por estrada. Un exemplo disto témolo na Estrada, onde levamos décadas demandando a construción dunha Variante que afaste o tráfico do centro da vila.
Os orzamentos estatais de 2021 son discriminatorios con Galiza, mais non é porque no noso país goberne o PP, xa que en Andalucía e Murcia, onde tamén goberna este partido, os investimentos medran o 45% e o 83% respectivamente. Tampouco é polo AVE -que non temos-, xa que en Valencia e Catalunya, que si teñen alta velocidade, os investimentos medran o 57% e o 48% respectivamente.
Os orzamentos de PSOE e Podemos, mais alá da propaganda, non son os máis sociais da historia como presumen, xa que votaron en contra das máis de 200 emendas presentadas polo BNG, e entre elas socialistas e podemitas votaron en contra da baixada do IVE da electricidade, que reduciría notabelmente a factura da luz. PSOE e Podemos votaron tamén en contra tamén de subir as pensións mínimas ou de eliminar a taxa de reposición do persoal sanitario, que permitiría incrementar o cadro de persoal e fortalecer a atención na sanidade pública, precisamente nun momento que é máis necesario que nunca polo impacto da pandemia.
Por iso, dá igual que PSOE e Podemos boten as contas dos orzamentos do Estado asignados a Galiza eliminando os investimentos do AVE ou deixándoos como están, os orzamentos son discriminatorios e son, como dicía o líder do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, a respecto dos orzamentos de Rajoy de 2018, “unha labazada a Galiza”.