Ciberdemocracia
Coa chegada das elecións municipais de maio voltan como aves migratorias vellos debates que conseguen manternos entretidos entre nós discutindo, por exemplo, sobre o sobado novas tecnoloxías sí-novas tecnoloxías non, baixo o clásico reducionismo entre os que pensan que internet fará que a auga vire a viño e os que opinan que non vai aportar nada substancial.
Cecais as municipais por teren un compoñente interpersoal e directo tan importante pode levarnos a pensar que as cibercampañas non teñen unha grande incidencia, sobre todo nesta Galiza nosa onde as conexións á rede seguen a ser moi deficientes.
Os tan criticados expertos en comunicación coñecen ben os mecanismos para que a mensaxe desate unha morea de acontecementos que rematan na consecución dos obxectivos procurados, e sobre isto temos un magnífico exemplo ca chegado do PP a Xunta.
Cando noso cerebro percibe un estímulo, este percorre dous camiños, un curto e outro longo. O camiño curto vai desde a primeira peza que recibe a percepción (o tálamo) cara o sistema límbico (a amigdala) chegando así a información de “como é “, de xeito que o primeiro que se recibe é a forma, xerándose unha emoción inconsciente. Se este estímulo se repite no tempo, a amigdala é capaz de mecanizar a resposta mediante mecanismos de aprendizaxe, aparecen así as reacións automáticas.
Simultaneamente o estímulo toma o camiño longo, pero chega máis tarde ao seu destino. Este vai desde o tálamo receptor até a corteza prefontal onde se analiza o “contido” e se elabora mediante razonamento e reflexión unha emoción consciente. Pascal resumiuno atinadamente na famosa frase “o corazón ten razóns que a razón non entende”.
Isto é o abc do traballo diario dos medios de comunicación de masas, da publicidade, das empresas e dos partidos políticos con grandes aparatos mediáticos, que saben que detrás da maninipulación informativa non só se agocha a terxiversación da realidade, senón, sobre todo, a educación emocional ante estímulos que recibe como noticias, anuncios ou “slogáns”. Despertar automáticamente emocións negativas ante determinados estímulos é o primeiro obxectivo das campañas mediáticas que tan bos resultados acada para o sistema, conseguindo ademáis instalar a espiral de silencio dos que van a contracorrente. Sabemos que é moi complicado defender algo que é percibido con unha emoción negativa pola inmensa maioría da poboación. Comeza así a autocensura e a campar triunfal a mensaxe oficial íntimamente ligada a emoción. Non importa que as mentiras queden ao descuberto, o que interesa é o traballo emocional que se fixo coa mentira
Neste panorama as redes sociais e as novas tecnoloxías teñen un papel crucial, non tanto na difusión da mensaxe senón no reforzo da educación emocial positiva cara todo aquilo que se ataca dende a oficialidade, dotando de autorecoñecemento e reafirmación ás persoas dispostas a defender opcións zarandeadas e desprestixiadas maioritariamente. O territorio alternativo aumenta implacable, os blogs que reflexionan e recollen o que os medios convencionais desbotan, as noticias á contra, a circulación veloz de mensaxes que outros procuran ocultar...é imparable.
Mediante este traballo, acádase romper o teito de cristal da espiral do silencio e comezase a darlle a volta a tortilla, pasaniñamente pero sen pausa. O papel da rede non é só dar voz a ese silencio, senón tamén arroupar a mensaxe e ás persoas dipostas a defendela.
Nas últimas elecións xerais do 2008, o catedrático Victor Sampedro levou a cabo unha investigación acerca dos usos tecnopolíticos de internet durante os comicios electorais. As conclusións confirman a regra creada por Jacob Nielsen do 90-9-1. O 90% dos actores que forman parte do evento é audiencia e non xeran contidos, o 9% son editores que modifican e opinan sobre o que crean outros e só o 1% son creadores. Pero o máis chamativo das conclusións é a constatación do enorme aumento do visual e emocional, e a participación dos electores nos espazos da rede. Os resultado respaldan que o maior número de usuarios intensivos da ciberpolítica son votantes do PP. Sorprendente?
No nacionalismo galego debemos entender que, por unha vez, os avances tecnolóxicos e os medios de comunicación non están só en máns dos poderosos. Están ao noso dipor, esperando a que os usemos. Sería imperdoable que o espazo que no que deberamos estar sexa ocupado por outros por estar baleiro. Por exemplo, queren facernos ver que wikileaks é o merlo branco da transparencia democrática e salvará da queima ao periodismo, inmerso nunha crise de credibilidade, cando o que desvela é a macabra relación entre socios políticos que todos e todas xa coñecíamos. Aquí temos a primeira trampa hipócrita da liberdade de prensa. Comprenderon que tiñan que ocupar o nicho ecolóxico da “rebelión” e, antes que o fagan outros, fano eles pero con todo baixo control. O temor debe vir da lexislación que se está a xestar no EUA para poñer portas a libertade que se respira na rede (ainda que teñamos exemplos de censura) baixo o pretexto da seguridade cidadá.
Que o número de ciberactivistas sexa pequeno non é desculpa para desprezalo. Se aplicamos ese razoamento ao panorama político estaríamos no lado dos que desacreditan ás minorias e iso non queremos facelo, verdade?