Canto valen os nosos maiores para o actual goberno?

Canto valen os nosos maiores para o actual goberno?

A resposta a esta pregunta a tiven máis clara que nunca estes días logo de acompañar a un familiar durante o seu ingreso hospitalario dun mes e de ver o que foi a sanidade pública e no que a están a converter.

No noso país, por desgraza, temos unha poboación avellentada o que significa que a inversión en medidas sociais tanto de benestar e como de ocio deberían ser unha prioridade sen embargo é todo o contrario porque so pensan en recortar e apertarnos o cinto pero esqueceron xestionar os recursos, dilapidan partidas orzamentarias en beneficiar a empresas amigas en de vez de aproveitar e revalorizar os recursos existentes e sobre todo as súas plumas so soltan tinta para firmar concesións e privatizacións sen ter en conta o que isto supón para a poboación.

Neste mes de hospitalización tiven a oportunidade de ter moitas conversas con enfermeiros, pacientes, familiares, técnicos, auxiliares, …. e todos chegamos a mesma conclusión: cunha boa xestión non se precisarían tantos recortes e para elo nada mellor que mirar certos exemplos que vivín estes días.

Ver como cerran andares do hospital baixo a escusa do verán é unha situación realmente esperpéntica non so polo feito de ver como baixo chave se gardan aparatos médicos ou ver como se organizan a planilla para coller as vacacións tan so por non contratar persoal senón polo feito de que no andar na que estaba o meu familiar eran 17 habitacións de dúas camas, nese andar a maioría son persoas maiores con problemas respiratorios onde a media de días de ingreso é dun mes e por falta de espazo foron trasladados a outros andares ou outros centros pero tamén se dan altas.

No noso caso nos trasladaron a outro hospital para facer unhas probas, si un hospital con moito aire acondicionado nas habitacións e mellores sofás para os familiares que pasan a noite pero con recortes en servizos tan vitais como pode ser a comida e todo porque este servizo está privatizado no que redunda en peor calidade e cantidade porque nalgún lado a empresa ten que sacar o beneficio e a comida é traída polas auxiliares mentres no outro hospital era traído por persoal de cociña deixando as auxiliares libres para outras tarefas. E non se che ocorra precisar un auga xelificada porque non podes tragar ben porque logo de reclamar varias veces e dicir que con estas temperaturas non se pode ter a unha persoa sen hidratación aparece 6 horas despois e logo ves como o propio persoal che indica que cubras as follas de reclamación porque non teñen persoal suficiente para atender todo.

Pero os poucos días volvemos para o primeiro hospital pero para outro andar e nos toca un compañeiro de habitación que lle habían dado a alta uns días antes a pesar que el dicía que non se atopaba ben e alí estaba de novo ingresado o que supuxo un gasto dobre de ambulancia e as probas rutineiras que che fan en urxencias antes do ingreso pero coa mala sorte de ingresar en andar un venres pola tarde e que non o vexa ningún médico máis ata o luns pola mañá.

Isto pode parecer normal pero a min non mo parece porque a ninguén lle apetece estar no hospital día tras día nin moito porque pola comida non é, as camas a larga déixanche a pel como un coador e acabas desorientado sen saber xa como era a túa vida antes pero cando a preocupación é cadrar as vacacións e non os pacientes pasan este tipo de cousas e inda nos pediran que non nos poñamos enfermos X meses non vaia ser que nos corredores de urxencias non entre unha cama máis e teñan que facer números e logo soben o IVE da morte a un 21% pero sen embargo deixan intacto o dos espectáculos taurinos, non vaia ser que Rajoy e cía non poidan acudir este ano as Peregrinas e que inda por riba para o FMI o verdadeiro problema do risco financeiro de Europa é que os vellos viven moitos anos e hailles que baixar as pensións. Pois que empecen aplicándose o conto, porque nesa entidade precisamente non che son novos pero ben que asegúranse plans de pensións e prexubilacións de escándalo ao igual que os directivos das caixas do estado español, estes si que son o verdadeiro perigo da estabilidade económica de cal quer sector, un grupello que para non aburrirse dedícanse a xogar ao monopoli cos aforres de miles de persoas e coa estabilidade dos dereitos básicos que como cidadáns nos pertencen pero mentres eles teñen asegurado a súa xubilación, a dos seus fillos e a universidade de netos e bisnetos. Xa me gustaría velos a min vivir coas pensión do 90% dos xubilados galegos porque hai que lembrarlles que son as máis baixas do estado español pero o IVE e os recortes o aplican a todos por iguais menos as grandes fortunas que baixo formulas legais tipo SICAV onde so pagan o 1% en impostos mentres ao resto nos estalan con impostos e recortes.

Pero con tanto burócrata enchufado así nos loce o pelo, e como non espertemos dunha vez, como non os saquemos xa das poltronas que ocupan e como non afrontemos pronto a situación moitas noites longas de pedra nos van ter que tocar vivir, e agardo que a paciencia dunha inmensa maioría de galegos sexa colmada e empecemos a preocuparnos pola nosa situación e non por si Merkel esta contenta ou se levantou co pe esquerdo ou si a prima volve ter o día cruzado, merecemos un futuro mellor, un Galiza próspera onde o noso dereito a producir sexa unha realidade e sobre todo merecemos vivir con dignidade e morrer coa mesma dignidade. Eu teño xa posto o meu gran para o cambio agora toca sumar máis porque un gran non fai palleiro pero axuda ao compañeiro.