CACHOLA (x)CHOCA(s)


Non beber alcol para manter as túas capacidades co expreso obxetivo de buscar persoas borrachas, drogadas ou ambas, coas que liarte é simple e llanamente un comportamento depredador e desprezable, a parte de ser un delito como unha catedral, e a min aterrorízame ter que explicar algo así…

Un estreamer de máis de un millón de seguidores contábao como unha tremenda peripecia, xustificando estas tácticas dos seus amigos para ligar con mulleres e poder manter relacións con elas, entre a inseguridade e a incapacidade de soportar unha negativa por resposta, non ven outra opción que a de violar. Esta súper artimaña da sedución é un dos tantos piares que sostén a cultura da violación.

Seguro que moitas das que me estaredes a ler agora, pasouvos en certa maneira algo así, e non só que veña o mítico baboso a meter ficha porque sabe que tes enriba unas copas demais, falo tamén de como algunha vez recibimos insultos cando decidimos rechazar a alguén ou nos trataron con condescendencia no traballo ou incluso entre as amizades. Pois con esa mochila as costas que cargamos toda a vida, penso que temos o dereito e a autoridade moral de dicir que basta xa, que os que se amparan en que esaxeramos ou que vemos machismo até na sopa, que malgastamos esa palabra, e que a calquer cousa chamamos violación, está a pasar algo; xa se lles agota a solvencia. Senon, non molestaría tanto que se fale do tema durante días, e que se trate de xustificar a este personaxe polo que dixo nun directo. É máis!! vou chegar moito máis lonxe, isto está causando tanta axitación entre algúns homes porque ao escoitar ó streamer este pensarían; “pero isto fíxeno eu un montón de veces, e eu non son un violador” aí está o problema, a normalización. Ante estas conversacións sucedían na taberna en privado nun grupo reducido de amigos pero agora existen estas plataformas onde se lle da altavoz para un millón de persoas e gran parte dunha audiencia moi xoven e vulnerable a estes discursos , e iso si que me parece perigosísimo. 30k persoas nun directo a mensaxe xa calou entre eles, o dano xa é irreparable, este tipo de personaxes non debería ser unha influencia para a sociedade, as súas mensaxes son un triunfo da normalización postfascista, e non é para tómalo a broma xa que os consellos de todos eles proxectan un ideal de éxito desacomplexado, de calquer tema, rapaces inexpertos sen a conciencia plenamente desenvolvida, axuden a progresar a estes gurús con audiencias inmensas opinando de calquer cousa é para asustarse e moito, temas que van collidos da man e calan con forza que son pura misoxinia interiorizada.

Despois hai algo co que sempre temos que contar, ultra liberais dicindo : “e que pasa se fose o revés?” 1º e único punto Pelayo José: a cantas mulleres viste ti dicir, “este está borracho como unha nasa, alá vou por el “ nadie nunca… pero se fose o caso non te preocupes Pelayo José, un abuso é un abuso, sexa da parte de que sexa, só que ocorre sempre máis nunha dirección que en outra. Algo tan trivial como saír de festa e tomar alcol é infinitamente máis perigoso para unha muller que para un home, non só temos que lidiar co problema etílico senon tamén de esquivar aos numerosos depredadores sexuais que andan polo mundo sen saber que o son.

A min o que me horroriza de verdade volo digo, é a cantidade de tipos que cometerían violacións sen nin sequera ser conscientes de telo feito, ou o que é máis doloroso aínda, é a cantidade de mulleres que sufriron algunha vez na súas vidas unha violación e non son quenes de etiquetalo como tal.