Benvido compa Slim!

Mañá comeza na Coruña o Congreso de Directivos CEDE (Confederación Española de Directivos y Ejecutivos). O goberno municipal da Coruña describiu dito evento, dicindo que:

“Trátase dun evento de primeira liña que insiste nun concepto que este concello considera irrenunciable: o da Coruña como cidade de vangarda, cidade activa e referencial e cidade na que se debate, na que se comparten ideas e na que a participación e a opinión dos distintos sectores, en pé de igualdade, constrúe un tecido cidadá plural que ten no benestar o seu principal obxectivo” ou

“A Coruña séntese orgullosa de poder acoller un evento deste nivel, e se sentirá aínda máis orgullosa dos beneficios sociais que a nivel global saian do saber compartido que esta cidade acollerá grazas ao Congreso de CEDE”

A primeira vez que lin parte destas declaracións pensei que era unha manipulación mediatica. Como se pode falar de “benestar como principal obxectivo” ou de “beneficios sociais”, cando se fai unha presentación de semellante evento?.

O evento, que desde fai días ten o aforo completo, uns/unhas 1.000 directiv@s procedentes de todo o mundo, según a organización, son un beneficio para a hostalería da cidade, pero nada máis.

O goberno da Coruña, podía ter saltado o charco, deste evento privado pero apoiado por Xunta, Deputación e Concello, cun simple discurso de benvida o primeiro día do congreso, por parte do concelleiro do ramo, dicindo disfruten da cidade, volvan nas súas vacacións, e recordándolles a realidade desigual que hai no mundo. Pola contra, e como se dun evento de interese xeral se tratara, o Alcalde comparecía en María Pita cos organizadores, loubando o evento ao que asisten como conferenciantes Carlos Slim, Cesar Alierta (Telefónica), John M. Scott, presidente da consultora KPMG, Rafael Vilaseca (Gas Natural) ou Pablo Isla (Inditex).

As privatizacións, a destrucción do medio ambiente e os recortes dos dereitos d@s traballadores/as cando non a explotación da escravitude son os piares das inmensas riquezas que amasan estas multinacionais, que veñen a predicar entre nov@s e non tan nov@s directiv@s.


,Un exemplo de gran beneficiado polas privatizacións e o mexicano Carlos Slim. México ten 16 magnates na lista Forbes, que acumulan aproximadamente o 12% do PIB do país (144.500 millóns de dolares). A metade desta fortuna é do home máis rico de México e un dos máis ricos do mundo (só por detras de Bill Gates e Amancio Ortega). A principal fonte de beneficios de Slim ven da privatización de TELMEX, a telefónica mexicana, que o goberno privatizou para el.

As xornadas tamén acollen un evento para moz@s “Talento en crecimiento”. Nel non se vai falar precisamente de dereitos sociais, de traballo verde ou de cooperativas que desenvolvan sectores productivos e crien riqueza para moit@s. Vaise falar de como ser un/unha bo/a expeculador e como ser seguidor do capitalismo co que poder gañar o ceo das finanzas especultivas.

Por sorte, na Coruña, seguimos tendo sectores sociais conscientes que non deixaron pasar a oportunidade de dar contestación ao que representa este evento. E como moit@s sabemos que a clase traballadora aínda non fala “en pé de igualdade, constuindo un tecido cidadan plural” como dixo o goberno municipal da Coruña, fronte aos que moven os fios dos gobernos europeos e controlan os mercados financieiros, o martes 5 de outubro, haberá diferentes actos para dar resposta aos responsabeis de que o 99% do mundo sexa cada vez máis pobre fronte ao 1% que acumula cada día máis riqueza e destrue o planeta.

,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.