Bendito sexa o froito
Fai uns meses leín un libro de Margaret Atwood, titulado The Handmaid´s Tale (o conto da criada). Conta unha historia extremecedora onde en un mundo distópico, a contaminación atmosférica fai que unha gran parte da poboación quede estéril, homes e mulleres, mais a culpa recae maioritariamente en elas. Un grupo extremista basada na reconstrución cristiá soña con un mundo novo cimentado nos valores ríxidos e algo distorsionada da Biblia. Un sistema perverso concentrados no poder, fanse con escravas, con mulleres que sí poden ser nais, nais subrogadas co único fin de contentar as clases altas e poderosas, e así poder perpetuar o sistema e a vontade de Dios.
Ben, é unha novela que se escribeu fai 33 anos, leída hoxe, hai páxinas que máis que a distopía soa a realidade. Si, maternidade subrogada aínda que se queira vestilo co término eufemístico de xestación, é unha forma de cosificación da muller, de instrumentar o noso corpo. Partilo en cachos para aproveitar e mercar o que interesa. Comercializar co produto, que resulta que ese produto é nada menos que un ser humano. Estamos a falar de mercado, e como sempre que falamos en estes términos, automáticamente adquire inmunidade para pasar por riba dos dereitos fundamentais das persoas.
Escoito a moitos e moitas decir que hai do lema, "nós parimos nós decidimos", ou mesturar ó aborto ou donación de órganos... A resposta é moi sinxela: a maternidade e a paternidade non son un dereito! equiparan o dereito ao aborto e a subrogación cando os argumentos para permitir unha e outra son os contrarios; a defensa ó dereito a abortar é a defensa de que as mulleres teñamos control e decisión sobre os nosos propios corpos, a defensa sobre a subrogación faise dende a defensa de que outras persoas teñan dereito a decidir sobre nosos corpos. Que alguén me conteste sinceramente que muller está disposta a facer isto si non fose por necesidade económica?? non veredes nunca a ningunha muller sen problemas financieiros sendo tan xenerosa e altruista cedendo o seu corpo/útero para enxendrar unha criatura para persoas do seu mesmo estatus. Nunca. Só veredes a mulleres pobres, mulleres con extrema necesidade, reducidas a incubadoras humanas, convertidas en ganado para complacer e calmar os caprichos dunha parte da sociedade opulenta que non sabe que mercar para encher o seu baleiro interior.
As veces a linguaxe pode ser útil para disfrazar cruas realidades, mais cando se fala de maternindade subrogada tamén estamos a falar de tráfico de bebés, non atopo ningunha diferencia de cando en España se roubaban bebés nos hospitais, a crear empresas noutros países con índices de pobreza elevados, convertindo as mulleres en máquinas de reprodución, mesmo fin, mesmo delito, os cartos. A esencia das cousas cambiándolles o nome. Se supón que todas queremos un avance da sociedade, precisamos leis que garanten os dereitos dos máis fráxiles, sobre todo e ante todo do menor.
A maternidade non é só un óvulo, a maternidade é unha xestación, onde cada día ves como crece un ser humano dentro do teu ventre e sentir como unha vida se alimenta de ti compartindo o teu corpo, é un parto. Eu non son nai, mais como muller esta práctica parécenme unha das cousas máis aberrantes e deplorables que puido "parir" o patriarcado.