Auto do Tribunal Constitucional

Auto do Tribunal Constitucional

Fixéronse públicos os fundamentos e o auto do Tribunal Constitucional , do pasado 7 de xuño de 2011, que rexeitaba a trámite a cuestión de inconstitucionalidade plantexada pola Audiencia Nacional do 28 de outubro de 2010, en relación coa aplicación da rebaixa salarial aos/ás traballadores/as da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e Real Casa da Moeda (FMNT-RCM). Unha decisión, que polo tanto avala o recorte salarial feito os/as traballadores/as das distintas Administracións Públicas mediante RD 8/2010.

O meu xuízo, trátase dunha resolución xudicial escasamente motivada e de débiles argumentos xurídicos, o estar totalmente condicionada por aspectos máis políticos e económicos que de dereito. Cuestións, e actitude, que deberían resultar alleos o Tribunal Constitucional, o máis alto Tribunal, pois con decisións como a efectuada poñen en entredito o papel institucional que realmente deben xogar a hora de protexer os dereitos fundamentais recollidos na Constitución, entre os cales figura a Negociación Colectiva, en tanto que é compoñente esencial da Liberdade Sindical.

O Tribunal Constitucional, con decisións coma esta, contribúe a fomentar o seu descrédito de cara a cidadanía, pois, máis ala dos vaivéns políticos que de un tempo a esta parte condicionan o seu funcionamento, menospreza o exercicio dos seus dereitos, a favor da obsesión de reducir o déficit público sen mirar as súas consecuencias.

Polas súas repercusións, o mencionado Auto dará lugar a unha intensa controversia xurídica, pero o certo é que, politicamente, a medida que agora avala o Tribunal Constitucional foi froito da cerrazón e soberbia decisión do Goberno español.

Obviamente o Auto non é unha opinión en Dereito, é unha resolución xudicial con uns efectos xurídicos que obrigatoriamente debemos acatar, a pesar de que se rexeite tanto polos seus contidos como polas súas formas.

Entre as cuestións discutibles do contido do Auto encontrase o sometemento máis absoluto da Negociación Colectiva a un Decreto-Ley que modifica os presupostos xerais do Estado para o ano 2010, así como a preocupación pola situación de indefensión na que deixa ás empregadas e empregados públicos, ao fechar a porta á defensa dos dereitos por esta vía de reclamación, avalando a modificación substancial e de xeito unilateral dos dereitos colectivos negociados e baleirando o contido e as garantías propias da negociación colectiva

O Goberno español en primeira instancia, e agora o TC opinan que o dereito a negociación nas Administracións Públicas pódese ver limitado e condicionado pola situación económica imperante en cada momento, ata tal extremo que quede totalmente turbada.

Pero se isto xa resulta preocupante, cabe engadir, que o Auto tamén descarta que a decisión vulnere o principio constitucional de igualdade, consolidando así dúas clases de empregados/as públicos: aqueles/as cuxa negociación nada vale (a gran maioría), e aqueles/as cuxa negociación, tamén a cargo das Leis presupostarías resultan intocables (Aena, Adif, RENFE). Todo elo sen acreditar unha razón obxectiva que xustifique a diversidade de trato.

A decisión do Tribunal Constitucional podería afectar o persoal da Administración Xeral do Estado, Comunidades Autónomas, Corporacións Locais así como organismos, entidades, fundacións, etc. de carácter público. Porén, é preciso lembrar que existen sentenzas xudiciais en sentido contrario, en relación co recorte salarial en sociedades mercantís do sector público. Así, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza anulou as reducións de salario aplicadas por empresas públicas como Sodeco, Seaga ou Turgalicia, ao entender que nestes casos o recorte non pode ser imposto unilateralmente pola empresa e está condicionado a que exista acordo coa representación sindical

Cumpre solicitar e esixir tanto o Goberno español coma o TC que rectifiquen e poñan fin as continuas agresións que os/as empregados/as públicos vimos sufrindo dende fai décadas, e as consecuencias que isto ten sobre moitas familias, así como para a calidade dos servizos públicos.

Non podemos quedarnos a expectativa dos acontecementos e dado que nos xogamos moito: o concepto de "estado social" e a súa incidencia sobre a necesaria democratización das relacións laborais nas Administracións Públicas cumpre levar a adiante todas as iniciativas que sexan precisas así como recorrir os órganos necesarios para conquerir a anulación dos recortes xa aplicados e dos posíbeis novos ataques aos dereitos da clase traballadora.