As nosas razas autóctonas

As nosas razas autóctonas

Estes días por motivos laborais estou en contacto con produtores e gandeiros do noso país que están apostando pola recuperación das nosas razas autóctonas galegas e que grazas a labor que están a desenrolar volven a pacer polos nosos montes ou campos.

A conservación destas razas non so contribúen a preservar estes animais senón tamén que son identificativas na nosa estrutura social, económica e cultural por iso como galegos debemos defendelas, coidalas e conservalas fronte a razas foráneas que polo mero xeito de estar modificadas xeneticamente teñen un maior desenrolo cárnico en menor tempo e so están sendo criadas por motivos económicos.

Da gusto ver como rapaces novos se interesan pola cría destas razas e pola súa explotación, razas que ata hai poucos anos pervivían nos recordos dos nosos avós e que case chegan a desaparecer, e si isto chegase a pasar perderíase parte da nosa identidade e iso non debemos permitilo.

As nosas razas autóctonas son 10 en total, sendo as mais coñecidos o porco celta e o galo e galiña de Mos, que a pesar de que en Pontevedra existe o concello de Mos, o nome desta raza debese a que os últimos exemplares que quedaban en Galiza antes da súa recuperación se atoparon na parroquia de San Xiao de Mos, na provincia de Lugo.

Temos as 5 razas de vacas: Cachena, Caldelá, Vianesa, Limia e Frieiresa. Vacas de gran adaptación aos nosos montes, que os manteñen limpos e que axudan a conformar un pasaxe único polas serras de Lugo e Ourense, onde se atopan o maior número de exemplares. Vacas vistosas polas súas cornamentas características e pola súa morfoloxía.

Pero tamén están a cabra galega, a óuvella galega e o poldro de pura raza galega. Razas todas elas que axudan a manter viva a nosa cultura e que abastece os nosos mercados de carnes saborosas, naturais e cun amplo abano de posibilidades. Sustento que o consumilo non so estamos tendo una alimentación de calidade senón que estamos axudando a que o noso campo e gandería teña futuro, porque temos dereito a producir. E sen dubida algunha Galiza ten os mellores produtos e os galegos debemos estar orgullosos do noso, do que tanto a terra e o mar nos produce, presumir pero sobre todo debemos apostar como consumidores por revalorizar os nosos produtos e axudar aos nosos produtores. Porque é posible unha economía forte porque temos produto, gañas, sabedoría e sobre todo hai moita xente que adica a súa vida a que a nosa identidade permaneza e que os nosos descendentes teñan a oportunidade de gozar do que os nosos avós nos deixaron e coidaron durante toda a súa vida.