As fondas raiceiras da corrupción no noso pobo

As fondas raiceiras da corrupción no noso pobo

Cando pasamos de carro polo lugar de SEIXO, no concello de MARIN cara á nosa vila de CANGAS, cádranos ás veces, de parar nun semáforo ao pé dunha igrexa protestante é, cando está en vermello,temos vagar para ler unha cita evánxélica que destaca escrita na parede exterior, que reza algo así como “Nadie viene a Dios si no es a través de mi hijo, Jesús”.

Os evanxélicos o mesmo que os papistas, no noso País,ignoran a língua popular e empoléiranse no puro español ,esquezendo o exemplo do Fundador que non usou os prestixiosos latín ou grego, nen siquera o hebreo para explicar a sua doutrina senón o humilde ARAMEO que falaba o pobo.

Mais,porqué colocaron esta lenda nas paredes de cara fóra do templo, para que todo o mundo lea?

En principio, ao ser palabra dos evanxeos, calquer católico debería asumila como súa. Mais non!

Estálle dicindo aos católicos que o cristiano verdadeiro debe dirixirse a Deus directamente, e non facer como os papistas que recurren á mediación da Virxe e dos santos.

Na aceptación desa mediación está,no noso entender, unha das costumes mais enraizadas no noso pobo, de acudir ao intermediário, da recomendación e por tanto da corrupción.

Os deuses, como son criados polos pobos, son-no á imaxe e semellanza da xente e dos seus costumes.

As actitudes físicas xa ilustran as correspondentes crenzas.

Percébese a diferencia só ao entrar nunha igrexa católica e un templo luterano.

No católico hai un silenzo reverencial,a actitude há ser de respeito mixturado con certo medo,pois o dono daquela casa é un vello deus barbudo ( eventualmente de mal xenio), diante do cal debes estar de xoellos, implorando e pedindo perdón ( non se sabe ben de qué? ).

Temos entrado en igrexas luteranas onde estaba a comunidade tomando un té con pastas preparando as súas tómbolas de caridade.

Alí non ai lugar para se por de xoellos pois as posturas son dúas: sentados para escoitar e de pé para cantar.

Os xestos xa din moito!

Non é casual que o catolicismo sempre está asociado a situación políticas autoritarias e mesmo fascistas como ocurre na nosa história.

Históricamente, as crenzas luteranas forneceron a ideoloxía das sociedades democráticas e do incipiente capitalismo europeu.

Se baixamos mais ao Sul, onde ante o seu Deus hai que anicarse e deitarse no chan,xa vos imaxinades o tipo de organización política que acadaron semellantes sociedades! Contábannos os emigrantes galegos en Londres, como ao chegaren alí, nos anos 40, as botellas de leite deixábanse á porta das casas e os xornais vendíanse sós; había unha moralidade de confianza e de respeito ao ben común. Ao ir chegando a xente do Sul houbo que gardar o leite dentro da casa e por unha persoa vendendo os xornais pois, até desaparecían os cartos.

O filósofo alemán Max Weber, na sua obra: “ A ética protestante e o espíritu do capitalismo “ xa repara en como na xeneración do capitalismo europeu, precisaban outra moralidade diferente da corrupción Romana e a sua REFORMA trae consigo valores mais acaídos co capitalismo que comenza a dar os seus primeiros pasos.

Rexeita o pagamento das INDULXENCIAS, que ainda coñecimos na nosa mocidade, posibilita o casamento dos cregos, permite ler libremente a Biblia na língua popular , nega a efectividade dos intentos de comprar o ceu con diñeiro, a traveso das “simonías” e mesmo a efectividade da intercesión dos santos ou da Virxe.

Cando reparamos nas tímidas modificaciós que a Igrexa presenta como un “aggiornamento”, pensamos nas avanzadas medidas que xa foron establecidas por Lutero hai 500 anos!

Que semellante é o xeito de a xente popular dirixirse aos santos e aos caciques! Que teño un problema de saúde! En troques de dirixirme directamente a Deus pedindo a súa soluzón, vou ofrecido aos milagros, poñamos por caso de AMIL,ou da FRANQUEIRA,levo as andias da imaxe( previo pago dunha boa quantidade), gasto en velas, arrío cartos nos cepillos da igrexa e volto á casa certo de que a Santa, debidamente “subornada”, actuará debidamente en “instancias superiores”, onde o SUPERIOR, (que nen unha folla se move no mundo sen o seu permiso) xa se sinte suficientemente halagado e pode ceder á recomendación do correspondente santo ou santa.

Qué parecido ao espectáculo dos nosos gobernantes rodeados dos seus ben pagados “asesores”.

É iste Dios de comportamento moi semellante ao do pobo que o adora; “HUMANO DEMASIADO HUMANO”, que diría o filósofo.

Polo medio ficou unha chea de diñeiro que empeta o cura do santuario ante a desesperación do párroco do lugar de orixe do fregués, que olla adoecido, como os seus fieis van levar o diñeiro a outro lugar.

O cura de Aldán clamaba:”La Virgen es la misma aquí que en Amil, PODÉIS DEJAR LAS OFRENDAS AQUÍ ,EN ARDÁN!

É a mesma actitude é cos caciques!

Se tés algo “ilegal” que resolver, sempre che aparece “alguén” que ten un amigo no concello ou en Madrid que pode resolver.

Claro que hai que págalo en mariscadas, coa fidelidade do voto ou outras servidumes. Cando lemos os documentos medievais reparamos nos enormes beneficios da Igrexa ao traveso de donaciós da xentiña, na sua vá ansia de mercar un lugar no outro mundo. Terras, casas, viñas, diñeiro para misas, foron enchendo as arcas da Igrexa nese oficio de axencia mediadora e cobradora.

,Non é unha casualidade que os estados onde o seu BANCO NACIONAL mentía nas contas que presentaba, fosen: España, Portugal,Italia e Grecia, (diríamos do Sul ),pero non, pois hai que incluir a Irlanda, todos católicos, fora da Grecia ortodoxa, que ainda son mais atrasados. Os chamados países

PIGS! Cando chegan a Madrid os chamados “homes de preto “para vixiar a veracidade das contas do Banco de España, na realidade entendemos que son un equipo de economistas luteranos que non se fían dos “pillabáns” católicos do Banco España, dos que teñen a experiencia de que minten sempre, ainda que sexan altos cargos.

Cando lembramos aquela serie americana da nosa mocedade que era “Los intocables” de Eliot Ness, estaba retratada a defensa do estado americano,de moral protestante, do asalto que perpretaban as mafias dos inmigrantes recén chegados, curiosamente italianas e irlandesas, ou sexa, católicos.

Nos nosos paises o enriquecemento sempre pasa por organizarse para asaltar ao ben común utilizando o aparato do Estado.

Contrasta o axiña que un suspeito de corrupción é despexado fora nos países luteranos, (ás veces iles mesmo dimiten !) coa resilencia da nosa tropa de corrompidos, de todos os que cobraban en B, empezando polo presidente do goberno.

Velaí os están, impávidos coa sua cara de pau, presidindo as procesiós de Semana Santa, facendo ofrendas ao Apóstolo,colocandolle medallas á Virxe e sendo levados baixo palio polos xerarcas relixiosos.

Xa pensástedes nos alegatos relixiosos de personaxes como Ruiz Mateos,o xuiz Dílar o até o electricista do Códice Calixtino!

Non nos surprende que haxa espertiños e senvergoñas, iso sempre os haberá; mas o que é esgazante para a moral social é que esa xente non é rexeitada polas masas, senón que é aceite e ainda volve a ser votada!

Iso significa que o entramado social está tamén podre;e nos sustemos que esa doenza social de afección ao suborno, á mediación, á corrupción foi inoculada na nosa masa social pola xerarquía da Igrexa desde tempos moi recuados.

Os luteranos atraveso da Reforma reaxiron e criaron outra moralidade pública e privada. Mesmo a libertade para pensar por sí próprios e poder ler e interpretar libremente a Bíblia tivo o seu correlato na vida civilpara criar a ciencia moderna e a tecnología do que foron privados os países do dogmatismo e da Contrareforma.

Ao haber liberdade de pensamento houboa para todas as esferas do coñecemento: para a ciencia, para a técnica e ainda para o pensamento teolóxico ou mesmo o misticismo,que logra mais poderosas alturas nos países luteranos que nos católicos.

Mesmo os grandes helenistas ou latinistas, os bos diccionarios de latin e grego non sairon de países católicos onde se estudaba os idiomas clásicos de forma litúrxica senon que proceden de países onde se puido desenvolver a ciencia ,ou sexa os países nórdicos. Claro que todo isto ten a sua faciana na política.

O PP preséntase ao noso pobo como un continuador de algo ao que xa está afeito; aparece como “o amiguiño”,”o resolvedor”, non para reclamar direitos, pero si favores que se lle deben devolver co voto.

Os nacionalistas, aparecemos apelando ao Direito,á Xustiza, á Dignidade; nosas palabras son: SOBERANÍA, DIREITO A DECIDIR,GOBERNAR NA NOSA TERRA, e ainda, INDEPENDENCIA.

E organizármonos sen necesidade de intermediário! Até certo ponto dámoslle medo. Deus mete medo ! Así se entende o camino emprendido por nosos antigos camaradas;buscan santos intermediarios porque ir directamente a Dios é moi duro.

A ver se procurando un intermediario de Madrid, a nosa xente non se asusta tanto e van chegando os votos. O perigo dese camiño é a confusón e a meada ideolóxica ao que pode levar á xente.

Pode pasar o que Castelao nos avisaba das estacas para protexer un arboliño; ao fin o arboliño secou pero as estacas prenderon.

Inzará IU, Podemos e demais pero , o importante que era a semente da autoafirmación nacional ficará canto menos enflebecida.