As Deputacións, estigma dunha división territorial desfasada
Andase a falar da elaboración dunha nova Lei (Estatal) Reguladora das Bases do Réxime Local, que xa ten 25 anos, e inclusive dunha nova Lei galega de Administración Local, na recámara da actual administración galega a espera da anterior. Podería ser este un bo momento, posto de actualidade pola proximidade das eleccións municipais no 2011, para poñer sobre a mesa unha nova división territorial máis acorde coa realidade e os tempos.
Un coñecido, e infelizmente rematado, programa de humor da TVG poñía a dous albaneis subidos a un andamio preguntándolle un ao outro: "e ti sabes para que demo serven as deputacións?". Substitúase a palabra "demo" pola máis utilizada no galego e que non me atrevo a escribir nesta primeira colaboración e teremos a representación gráfica do sentido deste artigo.
Hai que lembrar que a actual división territorial de España en provincias débese a Javier de Burgos, Secretario de Estado de Fomento e posterior Ministro de Facenda, que o 30 de Novembro de 1833 viu aprobada a súa proposta. O seu modelo foron os departamentos franceses e atendeu a criterios como a poboación (entre 100.000 e 400.000 persoas) e a extensión (non máis dun día en chegar á capital). A división é a dun Estado totalmente centralizado, xa que a pesar de agrupar as provincias en "rexións" históricas, non se lles deu ningunha competencia a estas, nin se lles dotou de ningún tipo de Órgano. As provincias foron 49, posteriormente modificadas en 1927 pola división de Canarias en Las Palmas e Santa Cruz de Tenerife, chegándose a 50, que se converten en 52 incorporando a Ceuta e Melilla.
Esta división territorial deu como resultado a creación das Deputacións como organismo xestor das provincias e ás que a Lei 7/1985 dota como fins propios e específicos os de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipais, no marco da política económica e social. Isto, que nun principio podería dar sentido a existencia das mesmas como garantes e substitutas das Corporacións Locais en aquelas competencias que estas non sexan capaces de cumprir e que, de feito nalgunha deputación atlántica isto é así, pervertese en outras que converten o Organismo nun centro de poder no que repartir prebendas en forma de subvención ou colocación familiar a cambio de xuramentos de lealdade eterna, máquinas ao fin e o cabo de arrepañar votos. Circula un significativo chiste (algúns dano como acontecemento veraz) e significativo do sentido da propiedade do público dalgún persoeiro, que sitúa a algún funcionario, tenaz no seu traballo e fóra de horario, atrapado por dentro no edificio despois que o máximo responsable pechara as portas e metera as chaves no peto antes de irse para casa, todo iso a pesar de que a Institución dispón de varios porteiros por cada porta.
Posta en cuestión a división provincial, substituída na lóxica territorial galega polas comarcas, arguméntase desde tribunas madrileñas que tal feito iría en contra da Constitución que define no seu artigo 141.1 a provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de municipios e división territorial para o cumprimento das actividades do Estado. Fixa ademais que calquera alteración dos límites provinciais haberá de ser aprobada pola Cortes Xerais mediante Lei Orgánica. Porén, no punto dous do mesmo artigo, dise que o goberno da provincia estará encomendado ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo, e no punto tres dise que se poderán crear agrupacións de municipios diferentes da provincia. Todo iso serve para establecer o argumento de que as Comarcas non substituirían ás provincias senón ás deputacións provinciais polo que o que di a Constitución quedaría salvagardado, e falto de fundamento a desculpa do aumento do gasto público pois non sería crear unhas novas institucións senón que as novas substituirían as outras.
Hai que facer referencia ao Estatut de Catalunya de 2006, en vigor e á espera de que o Tribunal Constitucional resolva sobre a súa posible constitucionalidade, que define a división territorial do país en base ás veguerías que di que son "o ámbito territorial específico para o exercicio do goberno intermunicipal de cooperación local e ten personalidade xurídica propia" engadindo ademais que "Os consellos de veguerías substitúen ás deputacións". Fáltalles aos cataláns aprobar a Lei de Veguerías que anuncia para xullo o Conseller de Gobernación Jordi Ausàs (ERC) que engade que será moi positivo incluír tamén que as comarcas foran a circunscrición electoral á hora de constituír os consellos de veguerías.
Hai outra normativa xurídica implicada neste cambio da división territorial que é a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral (Loreg) na que se fixan os deputados provinciais, de elección indirecta, en función da poboación e logo se reparten pola lei d´Hont entre os grupos políticos que obtiveran algún concelleiro e segundo os partidos xudiciais, división esta xa totalmente desfasada e en total discordancia con calquera outra división lóxica imperante na actualidade.
Chegados son os tempos, pois, de apostar forte por unha nova división territorial de Galiza, na que o conxunto do país quede dividido en Comarcas formadas por concellos cunha identidade territorial, produtiva e social definida e propia, que, ao redor das cidades queden convertidas en Comarcas urbanas ou Áreas Metropolitanas, como queiramos chamarlles. Por outro lado a organización territorial do país non se pode completar nin comprender sen a parroquia. Aínda que se define como unidade de delimitación eclesiástica estableceuse de feito como o xermolo fundamental das relacións sociais no agro. Castelao (1944) afirma que "a parroquia segue sendo a única célula vital do noso país, a única entidade de poboación campesiña. A parroquia rural é unha das máis puxantes características da nosa terra, e de ningunha maneira se debe prescindir da súa existencia".