Arrastar o nome de Castelao pola lama
Xunto coa Medalla de Galicia, a Medalla Castelao é unha das condecoracións civís que outorga a Xunta da Galiza en recoñecemento à obra artística, literaria, intelectual ou de calquer outro tipo dunha personalidade galega distinguida. Ou, segundo reza o Decreto 170/1984, do 27 de xuño: “[...] a perfección, o simbolismo ou a transcendencia das obras é reflexo dun traballo conscientemente realizado con entrega e con fe na cultura, na historia e no ser dun pobo”. Talvez sexa malpensado, mais, à luz da historia case exclusivamente en mans do Partido Popular desta Medalla que veremos a continuación, chéirame a que a indefinición de a que ‘pobo’ se refere exactamente sexa fruto dunha ambigüidade intencionada máis do que deixar sobreentender que se trate necesariamente do pobo galego.
Tendo en conta que leva o nome dun dos galegos máis egrexios da historia, hai cousas que non encaixan con este galardón. Sen ir máis lonxe, a propria lenda Deus fratresque Gallaeciae (‘Deus, Irmáns e Galiza’) que leva gravada non parece encaixar especialmente ben co ideario de Castelao, cuxas máis ben escasas referencias a deus tenden a ser negativas: “Téñoche un [rapaz] tan listo que ten quince anos e xa non cree en Deus”; “¡Un padrenuestriño para que Deus nos liberte da xusticia!”; “E este é o mundo que fixo Deus?”; ou mesmo “Este é o Deus dos Feixistas”. Da segunda parte do lema falaremos máis adiante.
Para cúmulo, a Medalla non foi criada o día do aniversario do nascimento do
Nun odioso afán de ridiculización e abaratamento do País e a súa cultura, aos nomes de bos e xenerosos como Avelino Pousa Antelo, Ricardo Carvalho Calero, Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas ou Xohana Torres, vinculados merecidamente ao nome de Castelao, asócianse outros cuxa contribución à lingua e cultura da Galiza non é nen de lonxe tan notoria nen meritoria, tais como
Voltando xa á cuestión do lema, veremos agora que a escolla de ‘irmáns’ si está máis que atinada, posto que, ao repasar rapidamente a lista das 222 persoas que foron galardoadas ao longo dos 34 anos nos que se leva entregando o premio, se pode comprobar que só 44 foron mulleres, ou sexa, a mesma porcentaxe que mulleres membros da RAG. Chámase o teito de vidro. De todos os xeitos, sempre podería ser pior, pois o número de mulleres a quen se outorgou a Medalla de Ouro de Galicia é concretamente... unha! Desde logo, non foi Rosalía de Castro quen postumamente tivo que deixar un oco para a galeguísima Loyola de Palacio (que seica pensaba que existía un sitio chamado ‘Arosa’...), que seguramente a lucía ao lado da súa Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica. Será que na Galiza non existen mulleres cientistas, escritoras, investigadoras, deportistas…? Ou será que teñen que deixar paso a galegos máis soados como Xoán Paulo II e institucións tan insignes como o Deportivo de la (sic.) Coruña ou a Asociación de Vítimas do Terrorismo?
Cada un/ha terá a súa lista de persoeiros que merecen ser distinguidos coa medalla que leva o nome de Castelao pola súa entrega á Patria, mais, para non romper cunha tradición que ten xa máis de tres décadas de antigüidade, eu propoño as seguintes persoas:
E, para que todo fique claro, propoño tamén que se mude o nome destas dúas condecoracións para plasmar mellor o seu verdadeiro propósito, e que pasen así a denominarse Medalla Castelá e Medalla de Ouro de Malicia, respectivamente.