Anacos nun verano que está por chegar

Anacos nun verano que está por chegar

Os telexornais falan da ultima tentativa de saltar o balado en Melilla, ao tempo milleiros de mozos e mozas galegas saltan en silencio os balados do Padornelo e Pedrafita. Uns e outros buscan fora o futuro que se lle nega na súa terra. O Pp tira de demagoxia sobre a inmigración, copiando aos ultras vitoriosos en gran parte do norte de Europa. En Galiza o verdadeiro problema migratorio é a emigración dos mais novos que a deixan esta terra baleira i envellecida, pero iso non sae na tele.

Os medios aplauden a festa de lanzamento de Abanca, asiste a plana maior da sociedade galega presidida por Alberto Nuñez Feijoo, que por fin preside algo. “A festa da privatización” nos costa 10.000 millóns de euros ás que non asistimos, todo con cargo ao erario público. Medios e tertulianos “pelotean” sen vergoña, os artigos laudatorios cóntanse por centos, abriuse a billa millonaria da publicidade para os medios de comunicación. “Una vez mas Feijoo lo conseguió”, “Galicia estará en el mapa financiero”...unha vez mais Galiza estará no mapa dos territorios conquistados e vencidos. Os galegos e galegas seguiremos pagando o rescate bancario e a Entidade xa non é nosa.

A moda é “Podemos”, si fas asembleas onde a xente ten a última palabra, dirán que copias a “podemos” (da igoal que sempre defenderas un modelo asembleario e participativo); si defendes políticas de esquerdas (adaptadas á realidade deste pais) din que “podemos” revolucionou a escena política e que o copias despois dos malos resultados electorais. “Mola” ser de Vallecas, do “Rayo” e animar á selección española (abonda con poñer a camiseta republicana). Ser galego é rancio, ser do Celta, do Depor ou do Lugo non é “cool” e ademais xa non podemos animar á selección galega. Merca o último modelo (da esquerda española) anunciado por televisión!!.

O Rei abdicou no seu fillo e agora séntase no banco dos acusados, o Rei de Ourense. O Baltar enfróntase por primeira vez a un xuízo e na meseta descobren ao “cacique bo”, ao líder dos da “boina” contra os do “birrete”. Tamén os ex-directivos de Caixanova pasarán da caixa ao banco (dos acusados) despois de enfrontarse ao Feijoo. Xogos de traizón e ambición desmedida; ser ou non ser, xustiza ou vinganza, esa é a cuestión.