A suspensión dos dereitos fundamentais na visita do Papa

A suspensión dos dereitos fundamentais na visita do Papa

A próxima visita do Papa chamado Benedicto XVI, líder da secta católica da relixión cristiana está a ocasionar a suspensión de dereitos fundamentais e a arbitrariedade na aplicación das leis asegún se sexa partidario da visita ou contrario ao desbaldimento de cartos públicos para maior gloria dunha creencia individual acientífica e anacrónica.

A existencia do Papado, hai que recordar, é unha institución de orixe baixo medieval que comeza a usarse para referirse ao Bispo de Roma dende o século XI Despois de Cristo. Antes desa data durante mil anos, papas eran todos os Bispos de todas as dióceses cristiáns. Só despois de Gregorio VII o Papa é só o de Roma e representa ademais a xefatura da secta católica representando o herdeiro infalible do apótolo San Pedro que vivira mil anos antes. Esta é a primeira arbitrariedade da institución do Papado, é dicir, durante mil anos non houbo sucesor de Pedro e a ninguén lle supuxo un problema. Foi no século XI para evitar o absoluto control que a nobreza medieval exercía na designación e control político dos bispos que en Roma se crea unha figura de control político para reivindicar o seu poder ante os nobres que facían e desfacían sen "encomendarse nin a Deus nin ao Diaño". Polo tanto nada de representación divina, nin mitolóxicas orixes, nin nada sobrenatural ten inicio no Papado, senón que se trata da loita polo poder entre os principais actores da baixa idade media europea, a nobreza e os relixiosos. Nada divino senón totalmente secular para responder ás ambicións mundanas sen méritos sobrenaturais.

Sen embargo esta secta católica segue dominando anacronicamente a política galega de principios do século XXI e debido á falta de importancia e capacidade organizativa do progresismo galego e máis á dominación económica e política da extrema dereita en Galiza rendindo pleitesía á superstición e á superchería por motivos claramente económicos debido á visita dunha suposta estrela mediática que convirte en ouro a venda de souvenirs e a especulación galopante sobre a comida e a dormida do exército de fanáticos que invadirán a cidade de Compostela durante días. Por suposto baixo a protección da Policía como nos tempos do dictador español Francisco Franco.

De feito non se escoitan as voces das grallas que durante as folgas de traballadores reivindican erroneamente o direito ao traballo, en forma do inexistente direito a non facer folga os días de folga, e non como o dereito a ter un traballo remunerado e con condicións dignas para o seu desempeño.

Esta suspensión de dereitos fundamentais en Compostela chega ao rexistro policial con supostas ordes xudiciais de domicilios que portan bandeiras reivindicativas co inocuo lema "Eu non te espero", nos barrios do percorrido papal, para que nas imaxes non saian reflexados os que non acreditamos deste despropósito. A policía está entrando en casas de cidadáns proferindo ameazas e reprimindo a lexítima liberdade de expresión.

Pero é que a circulación polo centro de Compostela está restrinxida non se sabe con que criterios durante días antes da visita do iluminado sectario. Tampouco se pode aparcar para que os coches non queden feos nas imaxes dos mass media que manteñen ocupadas todas as prazas do centro da cidade durante días desbaldindo recursos económicos, neste periodo da mesma crise aducida para recortar o gasto social pero non o gasto suntuario nin o arbitrario.

E escribo estas palabras mentras helicópteros da policía pagados cos cartos do erario público resonan enriba da miña cabeza supostamente para proporcionar unha seguridade inexistente e fascista.

E isto é preocupante porque mil douscentos policias secretas e antidisturbios que levan varios días recorrendo, eles creen que secretamente, os bares e pubs da cidade vella compostelana para proporcionar unha suposta seguridade realizan identificacións aleatorias aos cidadáns e mesmo solicitan, a cidadáns que andan pola rúa, a venta de drogas ilegais co obxectivo de poder realizar detencións arbitrarias no nome da liberdade e da democracia, iso si, pagadas por todos nós e sen que se contabilice o seu soldo no xeral do malgasto do evento.

Neste contexto a separación de poderes igrexa-estado e a laicidade deste último está completamente en entredito. O erario público galego que non dispón de recursos para a gratuidade dos libros de texto, si dispón de 5 millóns de euros para unha visita de 8 horas de duración. O retorno de euros en forma de pernoctacións, venda de bocadillos e venda de souvenirs foron o principal argumento para xustificar o malgasto, pero no mellor dos casos beneficiarán unicamente a un sector moi concreto dunha soa cidade galega. É o caso da hostelería e a venda de "bisutería turística" do centro da cidade de Compostela.

E digo no mellor dos casos porque a tres días da visita do "enviado divino" os hoteis da cidade recoñecen que o 20% das prazas hoteleiras seguen sen ocuparse durante un único día do mes de novembro polo exceso de avaricia á hora de subir os prezos do aloxamento nese día.

Dende a miña modesta opinión o tremendo despropósito que fai aflorar a ineptitude e comportamento medieval dos nosos gobernantes pon de manifesto o mal que fai a parte progresista da sociedade galega submerxíndose en discusións sobre a verdadeira, pura e inequívoca esquerda namentras a catástrofe continua goberna diariamente sen escrúpulos. "Eu non te agardo" pero ademais "Hai que botalos" e impedir que volvan durante 20 ou 30 anos polo menos para modernizar un pouco a sociedade galega que xa nos toca.

Enlaces:

1-Policia española viola domicilios para retirar bandeiras anti-Ratzinger. Diario Liberdade 28-10-2010.

2-Blindan Santiago para garantizar a seguridade de Benedicto XVI. El Correo Gallego, 4-11-2010.

3-Os hoteis aínda teñen un 20% de prazas libres para a visita do Papa. El Pais, 4-11-2010.