A RTVG é nosa e non de Freixó-Xo!

Digo isto de entrada (a TVG é nosa e non de Freixó-Xo,), xa que non quero que se confunda a crÃtica á xestión deste ente ou Corporación, coa que poderÃa ser ao ente en sà (medio de comunicación público, de todos os galegos e galegas, imprescindÃbel para a boa saúde dunha sociedade democrática, etc, etc, etc). Sen esa Radio e TV nosas e non das Fenosas (vello canto das manifestacións de antano, que para iso son vello e podo contalo (aÃnda)) o noso idioma apenas terÃa presenza nos medios, como doadamente podemos comprobar con mirar tan só ese xornal tan "acariñado" por Freixó-Xo (contrólao todo, o fenómeno) que se chama La Voz de todo menos de Galiza (agora viña ben unha emoticona desas que rin), uf, que me vai enredar o trasno incontrolado dos artigos rÃo ou case case mar. E logo non lles deu un millón de euros ou asÃ?
Pois ao conto. Coido que a Radio e Televisión galegas son en si, se miramos para as súas e seus traballadores e moitos dos programas que fan cada dÃa, interesantes, variados e didácticos. Con profesionais realmente bos, coas excepcións dos turiferarios que tamén abundan en calquera centro de traballo, é dicir, de quen miran máis os intereses do amo que os da xente, ou no caso, quen non respectan as funcións que a radio e televisión públicas teñen que cumprir, tal como foron definidas polo Parlamento de Galiza no ano 1984. O amo, neste caso, é o partido que goberna por rancorosa maldición bÃblica xenuÃna deste paÃs, o PP, personificado no home máis estirado e arrogante e pinochista (de Pinocho, o do narÃz longo, que non ten o mesmo significado que pinochetista, que ese é outro coser e mandar); personificación trasladada a outro xefe maior que é quen rexe directamente os destinos da corporación ou ente informativo. Todos coñecemos ese director, o señor don Alfonso Sánchez Izquierdo, pois nas súas ansias de control informativo non se pon o sol nin no recuncho máis insignificante dunha noticia. Tanto na Radio como na Televisión controla con man férrea toda a parte, digamos informativa e polÃtica, desde as tertulias (sempre dobre de tertulianas-os do PP que os dos demais), até telexornais ou entrevistas con economistas, polÃticos, artistas ou empresarios sempre escollidos por iso do dedo familiar ou próximo. Todo pasa pola man férrea dun home que non destaca precisamente polos criterios ou normas plurais e democráticas, e menos polo respecto á liberdade das traballadoras e traballadores.
Poñamos outros exemplos. A presenza até o aburrimento de Freixó-Xo, saÃndo nas noticias, comentarios ou moitos programas vestido de presidente, funcionario, viaxante ou o que haxa que representar e até disfrazado de gallego de toda la vida, como Fraga. É insoportábel e ditatorial a súa presenza que traducida en cartos significarÃan millóns de euros que temos que pagar, inda por riba, os sufridos galegos e galegas. E todo para maquillar números e feitos e poñerse sempre nese paÃs das Marabillas inventado por el-eles. E falando xa descaradamente en moitos casos polo nariz. Cando Freixó-Xo fala polo nariz quere dicir que cambia ao castelán, pois asà aseméllase máis ao ton castizo madrileño, obxectivo imprescindÃbel para ser ben recibido na Corte.
Xogando coas noticias de xeito que prevaleza sempre a opinión, campaña ou consigna do PP, e criticando os demais sen darlle posibilidade de defensa. Neste sentido é unha televisión de réxime ditatorial claro, aumentando cada dÃa o seu control obsesivo (as listas negras pesan toneladas de papel e ficheiros). É imposÃbel que con tal panorama a xente en xeral poda decidir libremente nunhas eleccións ou en temas importantes para a colectividade porque ten un coñecemento parcial do que acontece ou das posicións e criterios dos propios representantes polÃticos que non sexan do réxime. Outro exemplo: como xogan coas noticias de Sucesos, que funcionan en base aos intereses politicos de cada dÃa: o tempo delas, o tipo de sucesos, o idioma empregado, o lugar onde suceden... Ou os conflitos que han estar presentes máis ou menos tempo, ou temporadas enteiras, en función da idea de a quen hai que eliminar, falsear, ou combater mesmo meténdose na súa vida privada, como o acontecido nestes meses longuÃsimos con Catalunya, sacralizando até o paraxismo a españolización como única posibilidade de coexistencia no Estado Español e a monarquÃa como única forma de Estado, coa vergoñenta reentronización dese rei borbón que chega a condecorar a súa filla de doce anos con esa clasista e anticuada medalla do Toisón de Ouro que custou nada menos que 65.000 dólares, lembrándonos ademais que será a súa sucesora; ou felicitando as grandes festividades en castelán e inglés, ignorando á mantenta os outros idiomas do Estado.
Non é posÃbel unha democracia co control unilateral dos medios de comunicación. O acaparamento deses medios, sobre todo públicos, por un partido potencia a ditadura e non fai crÃbeis os resultados electorais ou outros aspectos da vida social. Se a economÃa non se socializa e non son os pobos quen a controlan a democracia é unha falacia. A RTVG neste momento está expropiada polo PP que é como dicir que nos rouba os cartos (teñen moita práctica niso), visións e alternativas distintas ás súas. Se os partidos, colectivos, sindicatos... non se rebelan contra calquera lei que permita ese abuso o capitalismo farase cada dÃa máis cruel, e verase masivamente como única posibilidade real dun sistema polÃtico. A RTVG está perpetuando o poder do PP en Galiza dun xeito perigoso, e neste aspecto serÃa urxente e conveniente unha fronte polÃtica forte para combatelo, apuntalada na acción social constante. O cambio real na Xunta de Galiza ten que pasar por isto: mudar a lei feita para o seu beneficio e contemplar outra que respecte as regras democráticas, potenciando a acción e educación polÃticas como norma social, sen trampas nin cambadelas.