A onde van os nosos impostos?

A onde van os nosos impostos?

No artigo anterior expoñía varias opcións para recadar cartos sen necesidade de facer recortes en Sanidade e educación e entre esas opción falada de que onde hai que recortar en nas subvencións que se dan os amigos tan solo polo feito de ser da mesma cor e mantelos contentos como son as subvencións a Voz de Galicia, feito que dende onte me indigna máis.

Onte 17 de maio onde moitos alzamos a nosa voz en defensa do noso idioma, da nosa identidade, da nosa cultura en diversos actos repartidos por todo o país e centrándose na manifestación en Santiago que tanto se empeñaron en boicotear dende as filas populares recibo unha chamada. Un comercial da Voz de Galicia pregúntame porque non son subscritora e si quero facerme, iso si en perfecto castelán ao cal respondo que non me interesa mentres dito xornal informe de forma segada, partidista e sobre todo no empregue o galego e o comercial respóndeme que de momento a liña editorial non vai cambiar e que non me molesta máis. Cando colgou fíxome na pantalla do móbil para ver o número e resulta que a chamada empeza co prefixo 91, si, a chamada era dende Madrid.

Os nosos impostos están sendo usados para beneficiar os petos de uns cantos amigos que inda por riba contratan empresas de fora do noso país xerando emprego e pagando os impostos fora do noso país.

E logo aprobase un recorte de 10.000 millóns de euros en sanidade e educación porque din que a Caixa esta baldeira pero para salvar o pandeiro de Bankia, ese clube de xogadores de “Monopoli” populares que se cren economistas e con ideas que o único que saben facer e encher os seus petos e senón so hai que mirar o que esta ocorrendo no noso país coas preferentes, un timo en toda regra mentres os pequenos aforradores non poden dispoñer dos seus aforros outros marchan para a casa levándose máis de 23.000 millóns de euros.

Pero porque non lles esixen responsabilidades? Porque son complices, porque son compañeiros de partida e culpables por permitir chegar a estes extremos. Porque a estas alturas xa teñen asegurado o seu porvir, non lles importa si non temos garantida a educación eles son usuarios de colexios privados, que máis da si hai que pagar menciñas e probas médicas ou facer listas de espera eles xa teñen seguros privados que se están beneficiando da construción de hospitais que supostamente van ser públicos.

A maioría dos galegos vamos ver como nos soben os impostos, como IBI polas nosas vivendas se dispara a pesares de que moitos estamos afogados para poder pagar os xuros das hipotecas eses mesmos bancos e caixas teñen un gran número de vivendas desocupadas polas cales non pagan nin un so euro de impostos, por iso as teñen hai retidas, non lles interesa véndelas a prezo de custo e así conseguir capital para seguir financiando as súas “xestións”, non, o único que saben é pedir máis cartos ao estado baixo a ameaza da quebra.

Non son economista, pero si algo me ensinaron e que si tes unha empresa e da beneficios e sinal de que a empresa vai ben, e por beneficio entendese que ingreses máis do que gastes e os bancos están obtendo beneficios, cifras netas que superan varios miles de millóns de euros e preséntanse a sociedade como entidades que precisan amparo e caridade por parte dos contribuíntes e si necesitas capital pos a venda o teu inmobilizado e non o retes esperando tempos mellores.

Escribir este tipo de ideas poden ser catalogadas de impopulares pero si realmente queremos saír desta situación o que sobra en Galiza son usureiros, incompetentes, malos xestores e sobre todo dirixentes populares que practican ideoloxías medievais e clasistas, pois mentres a eles e a os seus non lles falte de nada todo vaia ben e si tornan as contas apertamos ao pobo para eles poder seguir co seus status.

Pagar sempre nos toca aos mesmos, as subas de impostos as sufrimos o mesmos e sigamos mantendo a dirixentes patronais que o único que saben facer é levar a quebra as súas empresas e sen embargo fártanse de dirixir as políticas de emprego en onde en vez de traballadores acabaremos sendo escravos aos servizo e en vez de cobrar por traballar acabaremos pagando por traballar.

Xa non poden quitarme máis nin oprimirme máis pero co que nunca van poder vai ser acabar coa miña identidade, coa miña persoa, coas miñas ideas e sobre todo non poderán calarme, seguirei falando en galego, seguirei cantando en galego, seguirei crendo no meu país, en Galiza e seguirei reclamando o que Galiza se merece e a vivir en galego e senón están a gusto en Galiza e tanto anhelan vivir máis aló de Pena Trevinca eu non serei quen os pare, senón todo o contrario axudarei a facerlles as maletas, porque non merecemos o que estamos a vivir temos dereito a producir, dereito a vivir en galego e sobre todo temos dereito a unha educación e sanidade pública e en condicións.