A fenda salarial máis alá do titular

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Nena en outubro do ano pasado, TVE realizou unha programación especial para apoiar esta campaña impulsada pola ONU. Dentro das actividades previstas, a canle estatal de comunicación pública entrevistou para o informativo a unha serie de mozas. Unha delas, de 17 anos, ante a pregunta sobre que lle preocupaba como muller respondeu que o que máis lle inquietaba era a fenda salarial entre homes e mulleres.
A fenda salarial é un tema recorrente nos medios de comunicación, especialmente en datas sinaladas como o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Mais tamén acaparou a atención dos medios cando hai poucas semanas o INE publicou a Enquisa de Estrutura Salarial correspondente ao ano 2017, tirando como conclusión que as mulleres cobraron nese período 5,783,99 euros menos que os homes.
Curiosamente no momento que TVE entrevistaba a esta moza de 17 anos, a taxa de desemprego entre os menores de 25 anos do Estado español era do 33,4%, unhas cifras de paro escandalosas que afectan as capas máis novas da sociedade. Sen embargo, estes datos non acaparan os grandes titulares dos medios de comunicación, estes datos non son “trending topic”.
Discriminación salarial por facer o mesmo traballo
A fenda salarial é un tema complexo, que non se resolve nun tuit de 280 caracteres. Un dos pés no que se pode asentar a diferenza entre o que cobra un home e unha muller está na discriminación salarial por facer o mesmo traballo. Sen embargo, segundo o Informe Anual da Inspección de Traballo e Seguridade Social de 2015 das 414 empresas inspeccionadas nese período na procura de discriminación salarial directa ou indirecta, só en 4 empresas (0,97%) discriminaban salarialmente ás mulleres que facían o mesmo traballo que un home. É dicir, o 99,03% das empresas inspeccionadas en 2015 non discriminaba por razón de xénero. A inspección afectou a empresas de distintos tamaños e sectores que daban traballo a un total de 15.320 homes e 17.060 mulleres, e só atoparon discriminación salarial nas nóminas de 70 mulleres (0,41%).
Resultado semellante reflicte outro informe da inspección de traballo, neste caso de 2016. Segundo este documento só 3 das 408 empresas inspeccionadas discriminaban salarialmente ás mulleres por facer o mesmo traballo que un home.
É dicir, á luz destes informes da inspección de traballo de 2015, 2016, mais tamén de 2014, pódese tirar como conclusión que o 99% da empresas do Estado español non discriminan salarialmente ás mulleres por facer o mesmo traballo que un home. Obviamente, hai casos de discriminación, tal e como reflicten os informes citados, mais é anecdótica, entre outras razóns porque é ilegal, así figura no artigo 28 do Estatuto dos Traballadores (sic) aprobado en 1981. E por outra parte, discriminar salarialmente sae caro, segundo indican os citados informes que daban contan tamén das sancións impostas ás empresas nas que se detectou discriminación salarial.
Con todo, a diferenza entre o que cobra un home e o que cobra unha muller existe, así o reflicte, como dixen, a última Enquisa de Estrutura Salarial publicada polo INE. Daquela, se a discriminación salarial por razón de xénero é, como vimos antes, practicamente inexistente, de onde sae esa diferenza do informe do INE? Unha explicación atopámola na nota de prensa deste organismo, na que recoñece que a diferenza “entre a remuneración de homes e mulleres redúcese se se considera postos de traballo semellantes (mesma ocupación, tipo de contrato, tipo de xornada, etc)”.
Desta análise en bruto que fai o INE dedúcese entón que homes e mulleres desenvolven traballos diferentes con remuneracións diferentes. Así por exemplo, segundo as estadísticas do ministerio de educación, no curso 2017-2018 había 358.321 mulleres e 137.197 homes entre o persoal docente do ensino público do Estado Español, é dicir, 72% e 28% respectivamente. Unhas porcentaxes que acadan o 97% de mulleres na educación infantil segundo o informe “Igualdad en cifras MEFP”. Na Galiza os datos son semellantes, onde o persoal docente do ensino público está conformado por 21.915 mulleres e 8.183 homes (72,81% e 27,19% respectivamente). A antítese atopámola por exemplo, na Policía, onde só o 13% do cadro de persoal do corpo son mulleres (datos de 2014), no exército só o 12,8% son mulleres (datos de 2018), por citar dous exemplos de emprego público ao que poden acceder as mulleres en igualdade de condicións que os homes.
Que homes e mulleres fan traballos diferentes tamén se pode ver nas mortes en accidentes laborais. Así por exemplo, en 2018 faleceron no seu posto de traballo 652 persoas, das cales 602 eran homes e 50 mulleres. Poderíamos pensar que esta diferenza obedece a unha torpeza especial dos varóns á hora de desenvolver o seu traballo, mais a realidade é que estes realizan en xeral traballos máis perigosos e penosos que as mulleres, polo tanto diferentes e seguramente remunerados de xeito diferente.
Estas diferenzas tamén as podemos atopar na educación superior. Así, no Anuario Estatístico da Universidade de Sevilla do curso 2015-2016 vemos as distintas preferencias que teñen mozos e mozas á hora de escoller a súa carreira. Por exemplo, nas titulacións de ciencias da saúde hai un 69% de mulleres fronte a un 31% de homes matriculados. Nas de ciencias, 51% e 49%. Nas de ciencias sociais e xurídicas, 60% e 40%. Nas titulacións de artes e humanidades, 62% e 38%. E nas titulacións de enxeñería e arquitectura as porcentaxes dan a volta cun 28% de mulleres e un 72% de homes.
Se hai diferenzas á hora de escoller a carreira universitaria e se hai diferenzas á hora de “escoller” o traballo, se os traballos máis perigosos recaen sobre un dos xéneros, o lóxico é que haxa tamén diferenzas salariais xa que non todos os traballos teñen a mesma remuneración. Polo tanto, non ten sentido comparar por exemplo o salario dunha profesora de secundaria coa muller que fai limpeza no instituto, son traballos distintos, responsabilidades distintas, un contrato a tempo completo fronte a un a tempo parcial, etc ... e polo tanto sería ridículo concluír que hai fenda salarial entre ambas. O lóxico sería comparar o salario desta profesora de secundaria coa dun profesor de secundaria e ver se hai diferenzas. Mais iso non é o que fai o INE na súa Enquisa de Estrutura Salarial, que no momento da súa publicación acada titulares de prensa subliñando as diferenzas salariais entre homes e mulleres, pero que non entra no fondo destas.
O paradoxo da igualdade
En 2018 un estudo publicado en “Psychological Science” por Gijsbert Stoet e David C. Geary, utilizando datos de 475.000 mozos e mozas de 67 países chegaba a unha sorprendente conclusión: nos países con maiores cotas de igualdade, con décadas de políticas activas neste eido, e desenvolvemento económico, había menos mulleres que escollían carreiras científico-técnicas, que gozan dunha maior remuneración e expectativas de traballo que as carreiras de humanidades, por exemplo. Segundo este mesmo estudo, en economías máis desfavorecidas ou nas que era evidente que había maiores dificultades para atopar traballo as mulleres tendían a escoller aquelas carreiras técnicas con maiores saídas laborais. Así chama atención, segundo indica un artigo de El Periódico, que mentres en Estados Unidos as enxeñeiras non chegan ao 14% do total, en Arxelia representan o 41% das persoas graduadas universitarias nos campos da enxeñería, ciencias ou tecnoloxía.
No artigo mencionado arguméntase que esta diferenza prodúcese pola “falta de referentes femininos”, así como os “estereotipos asociados ás carreiras técnicas”; sen embargo, o curioso é que ás mulleres alxerinas, por exemplo, non lles afectan estes factores, así como outros de tipo cultural, e si a situación social e económica do país que as leva a apostar por carreiras universitarias con mellores expectativas laborais.
Este curioso paradoxo das sociedades máis desenvolvidas social e economicamente tamén o apunta o doutor en economía e catedrático, Santiago Niño Becerra. Nunha publicación do seu blog recollía unha gráfica cos datos de PIB e de fenda salarial dos países da Unión Europea, e apuntaba que “unha elevada produtividade non garante unha reducida fenda salarial de xénero, ao contrario, mesmo semella que altos niveis de PIB pc levan aparellados elevadas cotas de fendas salariais de xénero”, poñendo como exemplo os casos de Alemaña, Finlandia, Dinamarca, etc.
Estes datos poñen en evidencia que nunha situación socio-económica favorábel, - mellor dito -, que homes e mulleres cren favorábeis, onde hai maiores cotas de protección social e a priori de mellores expectativas de futuro, a tendencia de mozos e mozas é a de escoller aqueles estudos e aquelas profesións que maior satisfacción lles dan, que máis lles gustan, por enriba doutro tipo de criterios. Neste sentido, se a nosa moza de 17 anos que mencionei ao principio deste artigo tivese presente que o 35% das mozas menores de 25 anos (datos de xuño deste ano) non atopan traballo, seguramente a súa escolla educativa sería diferente; mais como xa indiquei ao principio, o paro da mocidade non é “trending topic” para non desmontar a idea de que vivimos no mellor dos mundos posíbeis.
E non o é; a taxa de desemprego en xullo de 2019 era máis alta nas mulleres (15,60%) que a dos homes (12,40%), e o número de contratos a tempo parcial, tanto en contratos indefinidos (62,50%), como nos temporais (58,50%), afecta principalmente ás mulleres, unha grave discriminación, tendo en conta que segundo o INE en 2017 non atopar traballo a tempo completo é a principal razón que esgrimen as mulleres que teñen contratos a tempo parcial (58,2%), unha cifra moi por enriba das mulleres que optan por este tipo de contratos para atender nenos e persoas maiores (12,8%). Ademais, a maternidade segue a ser un atranco na carreira profesional das mulleres, que obriga a elixir entre ter fillos ou promocionar nos seus empregos, iso sen esquecer que moitos empresarios e empresarias teñen reparos á hora de contratar mulleres precisamente por este motivo.
Nun momento da dado da película “Unha cuestión de xénero” (2018), un biopic sobre Ruth Bader, a primeira xuíza do Tribunal Supremo dos Estados Unidos, unha moza pregunta á protagonista, “pero quen quere baixar a unha mina?”. A resposta de Ruth era obvia, “ninguén, máis temos o dereito de traballar alí se queremos”. E efectivamente, foron moitas as conquistas da muller, moitos teitos os que romperon ao longo das últimas décadas para acadar os mesmos dereitos que os homes en todos os eidos; iso é algo incuestionábel, mais as diferenzas físicas, psicolóxicas e biolóxicas, así como o espazo social, cultural e económico no que viven homes e mulleres teñen unha clara influencia á hora de definir as preferencias e as escollas laborais, que logo teñen unha repercusión clara no salario.
Cómpre pois, analizar o problema da fenda salarial en profundidade, sen dogmatismos, sen apriorismos nin simplificacións que poden dar un bo titular ou un tuit con moitas interaccións, mais en nada axudan a avanzar, e que o único ao que nos conduce é a dar paus de cego como a última proposta do PSOE de dar matrícula gratis por un ano ás mozas que escollan carreiras científico-técnicas, unha propostas que supostamente ten como finalidade aumentar o número de mulleres que aposten por este tipo de carreiras, mais obvia que as mulleres non escollen a carreira que queren estudar en función do custe da matrícula.