A extrema direita ao servizo do sistema
Despois das eleccións que permitiron que o BNG volte ao Congreso para que a Galiza teña de novo voz propria en Madrid, alguén que comentaba a campaña mediática remarcou que as CUP son a única formación à cal se asigna o cualificativo “antisistema”. A mesma persoa engadía que da extrema direita nunca se fala en semellantes termos, a pesar de que o mereza mesmo en maior medida.
En parte é verdade que se podería considerar a extrema direita como antisistema desde o momento en que defende propostas tais como a abolición das Autonomías que atentan claramente contra a Constitución do 78 que tanto di defender.
Porén, polo outro lado, para comprender cal é a verdadeira función da extrema direita e a ameaza que supón, hai que entendela como un elemento profundamente ancorado dentro do proprio sistema, por moi crítico que aparente ser con el, do mesmo xeito que Podemos pretendía presentarse como un partido “antisistema” que ía romper a baralla mais que nunca pasou de pura falcatrúa: o único que lles interesa e lles interesaba é a poltrona.
Igual que o desemprego ou as crises financeiras cíclicas son consubstanciais ao sistema capitalista, a emerxencia de formacións parlamentares de extrema dereita cumpre unha serie de funcións que axudan a perpetuar o rexime e o espellismo da ‘alternancia democrática’ en determinados momentos, e non a cuestionar os alicerces sobre os que se sustenta o sistema.
Obviamente, o ascenso da extrema direita, en calquer das súas vertentes, mete medo. De facto, esta é xustamente unha das súas funcións: tentar facer calar por temor a represalias. E, para despexaren caisquer dúbidas a respeito de a quen se refiren co grito “¡A por ellos!”, algúns dos seus seguidores déixano por escrito nos muros das cidades: os homosexuais e o colectivo LGBT en xeral, as mulleres en xeral e as feministas en particular, @s inmigrantes... Precisamente, todas aquelas persoas e grupos que fican fóra ou nas marxes do sistema.
Mais esta última e espectacular colleita de raiba nas urnas só foi posíbel grazas a que a semente do odio caíse en terra vizosa, previamente labrada e adubada polo propio sistema (partidos políticos, meios de desinformación...), e alimentada polo discurso da unidade de España frente ao inimigo común, identificado como Catalunya en particular e o nacionalismo emancipador en xeral. Non esquezamos que non foi a extrema direita quen aprobou a Lei Mordaza, a Contrarreforma Laboral ou a LOMCE, quen puido derrogalas e non o fixo nen quen impediu a aprobación da Lei galega de identidade de xénero...
Porén, todo isto non representa máis do que a ponta do iceberg. O verdadeiro perigo é moito máis silandeiro e pernicioso, xa que permea o cenario político sistémico no seu conxunto ao permitir un desvío paulatino e continuo para a direita.
Esta direitización da política, que comezou coa incorporación de Ciudadanos ao establishment, é o que fai que, pouco a pouco, políticas, propostas ou discursos que hai tan só cinco ou dez anos se considerarían extremistas, reaccionarios e retrógrados xa se poidan hoxe vender como ‘liberais’. Contar cunha extrema direita domesticada permite que case calquer política pareza ‘centrista’ ou mesmo ‘progresista’ en comparación...
O discurso de “Aí vén o coco! Corre aos brazos de papá! Heite protexer!” tamén serviu no seu día ao P‘SO’E para mobilizar o voto do medo, aínda que o partido de Ferraz esqueceu mencionar que ese mesmo papaíño xa leva tempo mallando nas clases populares con medidas como a primeira reforma laboral (2010) ou a primeira reforma das pensións (2011). Xa se sabe, cando se bota unha de cal e outra de area sempre é moito mellor que a de cal a bote outro.
En definitiva, se non existise a extrema direita terían que inventala. Non é por acaso que precisamente os meios de ‘infoxicación’ ao servizo dos intereses do grande capital se encarregaron de a proxectar e de lle dar unha importancia pública desmesurada no momento oportuno, igual que fixeron con Ciudadanos e con Podemos no seu día. E, do mesmo xeito, tamén se ocuparán de a desinflar cando deixe de servir de ‘idiota útil’ e comece a incomodar, como fixeron con Rivera.
Alén diso, a extrema direita serve para levantar unha cortina de fume que oculte os embustes daqueles que se din ‘moderados’. Así, encanto ficamos pasmad@s e indignad@s ante declaracións cada cal máis intencionadamente provocadora e incendiaria que a anterior, nen reparamos no que están a facer o P‘SO’E e o PP. Évos o truco máis trillado dos trileros madrileños: facer ollar para unha man encanto se esconde a bola na outra.
A estratexia serve igual de ben ao conglomerado da pseudo-esquerda progre españoleira: que mellor que un monstro a combater para desviar a atención da súa propria hipocrisía e inacción por non promover a derrogación da Lei Mordaza, a LOMCE ou a Contrarreforma Laboral?
Vaticino dúas posíbeis saídas: ou ben seguirán o camiño da Aurora Dourada grega, condenados ao fracaso unha vez cumprida a súa misión, ou ben terminarán como a Frente Nacional francesa, institucionalizada e case asimilada como partido sistémico, cun discurso apenas distinguíbel da direita tradicional en moitos aspectos, unha formación que sirva para dar cobertura e respectabilidade a determinados temas sempre que o sistema o necesite. Neste proceso de osmose ou contaminación mutua, a extrema direita tórnase pouco a pouco menos extrema a medida que o ‘centro moderado’ se vai virando cada vez máis direitoso. En todo o caso, é moi improbábel que o sistema capitalista neoliberal (intereses económicos, poderes fácticos e mediáticos, a Unión Europea...) permita que pasen da raia e ameacen con abalar a súa orde mundial.
No entanto, non podemos permitirnos o luxo de ficarmos impasiv@s à espera de vermos pasar o féretro diante da porta. A extrema direita hai que denunciala e combatela sempre, como calquer outro atentado contra os nosos direitos democráticos e liberdades civís. Mais tamén non debemos caír na armadilla de pensarmos que o único ou o mellor xeito de a combatermos sexa mediante a confrontación directa, pois amiúdo esta non leva máis que ao fracaso no mellor dos casos e a servirlles de caixa de resonancia e publicidade no pior, o que lles abriría a porta para se faceren pasar por vítimas da intolerancia e o fanatismo.
Como vimos nas pasadas eleccións españolas, a resistencia máis contundente provén do inimigo declarado do españolismo en todas as súas facetas: o nacionalismo que defende os verdadeiros valores democráticos do respeito para a diversidade e a vontade popular de cada povo, ficando demonstrado que os nacionalismos tornaron a Galiza, Catalunya e Euskal Herria en diques de contención frente ao auxe eleitoral da extrema direita.