11 anos de pandemia

Programar eleccións en pleno estado de alarma e coa oposición maniatada en clara desvantaxe, non se dan as condicións democráticas e de igualdade de oportunidades xa que mentras a Telefeijoo manipula as 24 horas do día adicada ao seu autobombo, co debate político centrado exclusivamente na crise sanitaria facendo campaña dende inicios da pandemia, convirten a Feijoo no gran líder, nun ser providencial cos seus luminosos conselleiros e vendedores de fume, ningunean o espazo político galego propio, descentran o o debate e demostran o servilismo de obencia a intereses alleos. Precisa presentarse xa, antes de que os datos da súa xestión desta crise sanitaria empece a afrorar e vexamos moi de lexos do que se iba a falar fai dous meses; da situación da industria e dos astaleiros, da privatización da sanidade e servizos sociais, a desxestión e o lapidamento de fondos públicos da industria enerxética sen que reporte ningún benecifio a nosa poboación, da crise demográfica, da inminente desaparición da nosa lingua, do financiamento autonómico, da eucaliptización, da mafia da AP9, do emprego precario, da situación do agro e da pesca, do desequilibrio medioambiental, da insolvencia institucional e a súa pasividade como forma de goberno e por suposto da desmesurada débeda que nos deixa o gran xestor da Galiza.

Pois é o momento da nosa desescalada particular, e non podemos deixar pasar outra oportunidade para acabar con este peso que carga as costas Galiza, a insistencia de que o nacionalismo é o único camiño deberíamos poñelo en práctica xa. O BNG xa demostrou en moitísimas ocasións a súa valía, xa demostrou que cando se propón algo, por moi difícil que llo poñan, cumpreo. Demostrou que sempre foi leal coa nosa terra,só hai que mirar hacia o Congreso e ver que un só diputado fixo máis ruido en un mes, que algúns que estiveron en varias lexislaturas. Onde o BNG vai, fai política, e eso e o único que nos fai falta agora mesmo. Política.

Vai ser moi difícil reparar todos os danos que Feijoo deixa herdado, para nós foron 11 anos de pandemia,11 anos en corentena económica... é hora xa do cambio , urxe, urxe moito. E temos as ferramentas, as gañas e unha candidata capaz. Xa nos quedou claro que todos estes anos aturando todos os despropósitos posibles, ela sabe ter esa serenidade e seguridade, sabe como defender as siglas e reafirmar que o BNG sempre foi un partido con solucións.

Ben certo é que o guión do 2020 parece dirixido por David Lynch, mais nun xiro inesperado dos acontecementos, este recuncho do mundo se libere do seu tirano, canto antes nos libremos, antes poderemos responsabilizarnos de nós mesmos, de resolver os nosos problemas e sacar o país adiante afrontando os nosos retos. Que polo menos teñamos unha boa e grande nova deste excepcional ano.