Unha nova agresión a Palestina
Hai dous días o exército israelí asaltou a comunidade beduína de Yabal Al-Baba, situada na Cisxordania ocupada, unha pequena aldea de arredor de 400 persoas que en si mesma non ten unha especial importancia estratéxica, pero con esa acción podemos estar diante do limiar da nova agresión contra o povo palestino anunciada por Israel hai xa meses, e á cal lle puxo como data oficial de inicio o 1 de xullo.
O presidente dos Estados Unidos xa mostrara o total apoio político, e por tanto financeiro e militar, ao seu principal aliado na zona cando no mes de xaneiro presentou un suposto plan de paz chamado “Acordo do Século”. Un documento que establece a creación de dous estados distintos, pero capital israelí en Xerusalén, dándolle ademais a Israel a posibilidade de incluír dentro da súa soberanía o val do Xordán, algo que vai contra todos os acordos asinados até hoxe e contra as Resolucións das Nacións Unidas.
Aínda que a situación nos Estados Unidos mudou nestes últimos meses debido á crise económica e sanitaria e ás mobilizacións que estouraron co asasinato de George Floyd, descoñecemos o efecto que terá todo isto nas eleccións presidencias do vindeiro 3 de novembro; pero do que non hai dúbida é de que non se producirán movementos por parte da administración norteamericana para obrigar a Netanyahu a mudar a súa política cara o povo palestino. Os EUA deixarán a Israel aplicar o seu agresivo plan cos ritmos previstos ou forzarán que a agresión sexa máis lenta sempre dependendoda lectura interna que fagan os estrategas da Casa Branca, pois Trump non é ese louco que nos caricaturizan moitas veces. Trumpé perfectamente consciente da importancia pero tamén do perigo que tenun novo conflito en Oriente Medio, se permite distraer á povoación norteamericana dos seus problemas actuará dun xeito e se considera que pode botar máis leña ao lume das mobilizacións actuará de outro. Ao tempo seguirá con atención os posicionamentos da influínte comunidade xudía norteamericana que segundo algúns analistas nos últimos tempos ten basculado cara posicións republicanas esemella non estar unificada ao respecto do proxecto israelí.
Nas últimas semanas téñense producido diversos pronunciamentos sobre a cuestión, todos contrarios a Israel, destacando as palabras de AntónioGuterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas que, nun xesto pouco usual que dá idea da gravidade da situación, participou hai uns días nunha reunión extraordinaria do Consello de Seguridade, reunión na que cualificou os plans israelís como “violación moi grave da lexislación internacional”.
Pero sabemos que esas condenas ao estado de Israel pouco lle afectan, pois os fundadores dese estado que se nos vende como o máis moderno e o único verdadeiramente democrático da rexión,consideraban que tiñana misión divina de recuperar os territorios xudeus dos que falaban os libros sagrados; e os seus actuais gobernantes encabezados por Netanyahu trasladan esa mesma mensaxe aproveitando ademais a condición de aliado estratéxico do imperialismo norteamericano na rexion.
Produciranse novas declaracións de gobernos e institucións internacionais, a maioría contrarias a Israel, pero no momento en que o povo palestino erga unha nova intifada exercendo o seu lexitimo dereito de defensa veremos como se empregará ese movemento defensivo como escusa para que volva a demagoxia por medio de chamamentosa que remate toda violencia na rexión,responsabilizando da mesma por igual a agresor e agredido.
Fronte a esta situación que pode abrir un novo baño de sangue non podemos ficar en silencio.