Un petardo identitario pronto a estoupar (I)
A dereita peruana non perde os papeis, móstrase como sempre foi, retardataria. Na súa desesperación, destapan a pota onde cocen as súas máis turbias ambicións, a desperuanización. Recorren a enervar os lados máis escuros das indecencias, o cinismo, a mentira, o odio xenófobo e a desmemoria patolóxica. Feridas de vella data herdadas desde o século XVI e que tivo a súa expresión máis depreciábel no réxime colonial do Vicerrei Toledo. Logo, durante a instauración da República, proseguiu o demoledor traballo de liquidar a conciencia dos peruanos mediante o mesmo método, agora xa institucionalizado, desde os órganos do poder do Estado. Hoxe non debe estrañarnos que mostren a súa verdadeira face de odio aos peruanos e á peruanidade, como se podería explicar o modo de manipular conciencias ao inducir aos cidadáns a repeler ao candidato Ollanta Humala como o representante dos cholos, dos indios, dos fracasados? esa postura non só é falaz, é criminal. Sementa un futuro patrio en permanente racho. Pretenden provocar nas persoas desafección e a exclusión do compatriota, sen advertir que son eles, e a quen carrexan, os que se exclúen. Durante o período de dominación colonial, o cruel modo de esmagamento de todo o nacional, tivo características especiais, formas que até o día de hoxe danse e que prevalecen en toda a poboación nacional a modo de estigma hereditario. As castes dominantes non abandonaron o seu cruel criterio de tipificar ao ser nacional como sinónimo de besta. Este modo negou a posibilidade de articular a nosa orixe multicultural á integración plural que se impuña.
Os seus medios de comunicación e os seus operadores venais cumpren cos designios de demoler todo trazo de autoestima ás nosas identidades pluriculturais, agora inclúen cibernautas que derraman a diario nauseantes expresións de desprezo, envexa, rancor e frustración. A dereita é consciente de que aínda subsiste entre nós, como enfermidade aínda non curada, o racismo soterrado. Non lles importa que ao incitar as nosas doenzas sociais no subxectivo, como arma de combate político, colocan ao noso país na polvoreira que moitos anhelan.
José María Arguedas, escribiu: "A revista Mercurio Peruano, considerada como o órgano de expresión do liberalismo e o nacionalismo durante as últimas décadas do virreinato e que cumpriu unha eficaz e valente tarefa de divulgación ideolóxica, afirmaba no ano 1792, editorialmente, nunha crítica á carta dun lector: "A lexislación coñeceu a precariedade non só das ideas senón do espírito do indio e o seu xenio imbécil e para igualar dalgún modo esta precariedade concedeulle sabiamente as exencións e protección de que se trata..." Unhas liñas despois expresaba a repugnancia biolóxica que a estes intelectuais precursores da independencia lles producía o pobo nativo; ao que describen deste modo: Ten o cabelo groso, negro, murcho; a fronte estreita e calzada; os ollos pequenos e turbios, o nariz ancho e aventado, a barba escasa e lampiña... a suor fétida, por cuxo olor son situados, polos podencos como polo seu os mouros na costa de Granada". Pode considerarse como moi próximo ao de Jinés de Sepúlveda, que nos primeiros tempos do descubrimento e conquista do Perú e México, sostivo que os indios carecían de alma e que, polo tanto, ben poderían ser clasificados na categoría de bestas e tratados como tales".[1]
Desas mentiras seudo ideolóxicas beben hoxe os que se opoñen á restauración da nosa patria. E destilan as súas ambicións neocoloniais non lles importa como. Hoxe na actual situación histórica, recorren a mostrarnos a súa face plutocrática, contra a confluencia Gana Perú e Ollanta Humala quen está chamado a unir aos peruanos reiniciando un curso histórico que nos permita resarcirnos da corrupción, o crime, o entreguismo e a cruel exclusión.
A propósito que a confluencia Gana Perú sairá vitoriosa o próximo 5 de xuño, recorren a tres elementos tácticos: primeiro, crear repulsión facendo uso de elementos xenófobos; segundo, asustar e terceiro torcer a parte substantiva do programa de Gana Perú para edulcoralo póndolle desde xa un cadeado aos puntos máis importantes a cambiar: a apócrifa Constitución do ano 93, deixar incólumes os contratos anti patria coas transnacionais e os seus monopolios comerciais, non devolver ás traballadoras e traballadores peruanos os seus dereitos conculcados; non condenar, nin encarcerar a ladróns e criminais.
"Polo demais, é sabido que o individuo san vive porque ten memoria, Porque sabe como se chama, como foi a súa vida anterior; se non, caería na tolemia, na inconsciencia. Pensa, fala e actúa "a partir de", "sabendo que", é dicir tendo a previa capacidade de recordar. A colectividade humana vive tamén pola mesma base e o mesmo xerme; e no evanxeo da ciencia díxose que a primeira frase podería ser: "No principio era a Memoria"[2]
O noso Amauta José Carlos Mariátegui, constatando o desgarro, lanzou o berro como mandato imperativo que aínda resoa no más íntimo das nosas conciencias: ¡Peruanicemos ao Perú! El entendeu que non nos quedaba outro camiño, como nación inclusiva, que a loita permanente contra ese estigma colonial e neocolonial que hoxe se comproba en peruanos con conciencia estranxeira. Habitantes de "Eisha" e "Miami" que sepultaron as súas orixes vítimas de alienación, individuos que ao mirarse ao espello vense falsificados.
Ayer vi a un hombre mirando,
mirando el sol que salía;
ayer vi a un hombre mirando,
mirando el sol que salía:
el hombre estaba muy serio,
Porque el hombre no veía.
Ay,
los ciegos viven sin ver
cuando sale el sol
cuando sale el sol,
¡cuando sale el sol![3]
[1] José María Arguedas, Visión do Perú. Xuño, 1970
[2] Jorge Basadre. Perú: problema e posibilidade, 1931
[3] Nicolas Guillén. West Indies, Ltd.
[ TRADUCIÓN DO ESPAÑOL AO GALEGO DE ESTHER VÁZQUEZ VÁZQUEZ ]