París: o incendio do Reichstag

París: o incendio do Reichstag

Hai xente convencida de que o incendio do Reichstag (Parlamento alemán) en 1933 foi obra dos nazis coa escusa de culpar aos comunistas e xustificar as posteriores leis que suspenderon as liberdades civís. Así, o mozo holandés responsábel do incendio, Marinus van der Lubbe, confeso, axuizado e executado, non sería máis ca un instrumento para ese fin.

Pero a historia pon cada un no seu sitio e os nazis non tiveron nada que ver co incendio, malia utilizalo, e Marinus van der Lubbe xa non era comunista no momento do incendio.

A representación do mal é cambiante. Na Alemaña en 1933 era Marinus, na de 1945 eran os nazis. Son moitas as voces críticas que dubidan da nosa «bondade» e da maldade do «outro», neste caso os muxahidín. É falso que a Humanidade estea en perigo polos seus ataques, porque a «Humanidade» non somos só nós.

,Nin en Caracas nin en Reikiavik nin en Quito enviaron avións-caza para ataques selectivos e, polo tanto, tampouco temen ningunha resposta violenta. Ningún medio nestes países satirizou as súas crenzas. Ademais de matalos, rimos deles.

Hai meses que Francia decidiu bombardear e asasinar xihadistas franceses en territorio sirio e noutros. Descoñezo esa nova tecnoloxía aérea que lles permite ás bombas identificar quen é e quen non é francés. A resposta dunha agresión con outra agresión é un acto de xustiza e proporcionalidade. Foron os semitas os que inventaron a Lei do Talión para evitar que un ollo ou unha perna custase unha vida; Occidente amañou as contas e decretou que «a miña perna e a miña vida» valen máis ca outras pernas e outras vidas.

Así o fixeron todos os europeos até chegar aos alemáns que, nunha conta sinistra, valoraban a vida dun alemán igual á de 173 checos (Lídice 1942) ou á de 12,42 italianos (Fosas ardeatinas, 1944).

O terror é a arma utilizada polos pobres contra os ricos, que racha co monopolio da violencia dos Estados poderosos que pretenden ampararse nas leis que eles mesmos crearon para lexislar sobre o ilexislábel: a violencia, a guerra.

,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.