Os medos de Uribe agóchanse en Panamá
Dende a saída de Álvaro Uribe da presidencia de Colombia, o poder
xudicial dese país continuou a investigar tanto os casos da chamada
parapolítica, como as escoitas telefónicas que o Departamento
Administrativo de Seguridade (DAS) -o servizo segredo do país- fixo a
xornalistas, xuíces ou políticos.
O desenrolo das pesquisas foi pechándose cada vez máis sobre o
círculo máis íntimo do xa expresidente, xerando certas friccións entre
Uribe e o novo presidente Santos, que a nivel político no sabe coma
encaixa-los dados descubertos nas investigacións sen compromete-la súa
actuación nesa época de goberno, que sen dúbida afectaría a súa
presidencia.
Nos derradeiros meses a situación mantívose nunha caste de equilibrio
dinámico, favorecido polo sono que vive o xornalismo colombiano,
denunciado fai poucos días pola investigadora Claudia Duque, que acusa
os seus colegas de deixarse levar pola liña do poder executivo.
Sen embargo, esta tensión desatouse o pasado novembro, cando
Maria del Pilar Hurtado, exdirectora do DAS, arribou o aeroporto
internacional de Tocumen, en Panamá, cando lle perguntaron o motivo,
sinalou que viñera para entrevistarse cun cliente do seu bufete de
avogados.
Un día despois, solicita na Chancelaría -encarregada da política
exterior- asilo territorial, alegando temor pola súa seguridade
persoal en Colombia, cunha velocidade inaudita, a Chancelaría aproba a
proposta e acóllena "polo seu trabalo contra o narcotráfico".
Hurtado, principal sospeitosa de miles de escoitas ilegais,
conseguira burlar a xustiza do seu país -até o de agora-, sen embargo,
quedaban aínda moitas perguntas no aire, a primeira pista deuna
precisamente, un dos xornalistas interceptados, co que Hurtado -para a
súa sorpresa- reuniuse pouco antes de partir, explicoulle que Álvaro
Uribe lle aconsellara pedir asilo político, e que el ía axudala.
No Panamá e Colombia iso xerou un importante movemento político, no
primeiro, protestas na rúa e acoso na visita o 25 de novembro de
Uribe, coa oposición criticando o goberno por acoller unha criminal; da
beira colombiana, saían os primeiros indicios de que as investigación
contra Hurtado ían cristalizar, mentres os afectados clamaban por unha
resposta oficial do presidente actual.
Os ánimos increpáronse máis dous días atrás, cando se fixo pública a
resposta do presidente Uribe, afirmando que en Colombia non había
xustiza e que algún membros estaban coaccionados, xustificando a
petición de asilo, obviamente respostada dende o poder xudicial.
O derradeiro elemento que faltaba por esclarecer, era como Panamá
aceptou tal solícito o asilo territorial, aínda sendo ben coñecidas as
coincidencias entre ámbolos dous presidentes, e a relación que
mantiveron no pouco tempo que coincidiron coma presidentes.
De costas a poboación panameña, que tardaría en sabelo, os xornais de
Honduras daban luz ao asunto, desvelando varios medios, coa
confirmación presidencial, que Martinelli acudirá a Honduras o pasado
domingo, a reunirse co presidente herdeiro do golpe militar, Porfirio
Lobo, nunha xunta na que estaría tamén o sinalado Álvaro Uribe, na que
terían pechado o tema do asilo, metendo Martinelli a man no lume por
alguén acusado de viola-los dereitos humanos e atándose tódolos cabos.
Dende Cidade de Panamá, a única resposta do chanceler, Juan Carlos
Varela, é repetir que aínda que saben que a están investigando mentres
non a incriminen e a xulguen Panamá ten que defende-lo seu asilo, pro
sen afirmar ou desmentir a caste de negociación coa que se levou o
asilo territorial.
Xa a fin de contas, Santos -aínda que non publicamente- non entrou na
grella co seu antecesor, e o apoio de Uribe, se ben, xigantesco noutro
tempo, agora dilúese na indiferenza xeral.
E atópase cada vez máis preto de ser el mesmo o que teña que
presentar asilo noutros lares, o que por outra banda non e garantía de
nada, como mostra a denuncia penal posta polas vítimas en Panamá
contra Hurtado e que tería que ser xulgada polo dereito internacional,
e a solicitude de extradición que Colombia fará antes ou despois.
Neste punto hai de todo menos garantías, cando máis cun sistema
xudicial panameño que nas súas esferas máis altas, sobre todo a Corte
Suprema, non da un paso sen ordes do poder executivo; por outra
banda, non vai evitar que sigan xurdindo contradicións entre a
dereita latinoamericana, e así minando os poucos gobernos que frean a
liberación do continente, máis aínda cando se cumpran os temores de
Uribe e Hurtado comeze a conta-lo que sabe.