Obriga de gañar
As elección venezolanas, resoltas case con seguridade a hora de publicación de este artigo, son un paso obrigado se o goberno bolivariano quer asentar una nova estrutura económica, que na práctica sostén o acceso igualitario aos bens de primeira necesidade.
Pero é tamén nese mesmo campo, o económico, onde o goberno atopa maiores dificultades para asentar modelos de produción diferentes aos capitalistas que prevaleceren até fai pouco, así como a hora de fomentar o aproveitamento das potencialidades humanas por medio da xeración de produtos máis especializados, que rachen coa dependencia provocada pola exportación principal de materias primas.
Sen embargo, aínda aténdonos as cifras, pouco marxe queda para nega-los avances que para ás clases máis desfavorecidas do pobo de Venezuela tivo o goberno de Chávez, dende o ámbito educativo a taxa de matriculación subiu un 193%, superando a Estados Unidos, resultando en 12 millóns de venezolanos que estudan neste intre; por isto e dos poucos países que aspira a chegar as chamadas Metas do Milenio da ONU.
No 2001 logrou acadar o pleno acceso a auga potábel, catro anos máis tarde reguláronse as augas servidas, a pobreza baixou a metade -ate un cuarto da poboación- a pobreza extrema, que antes era a condición de un de cada tres, agora afecta a menos do 8%, e o desemprego sitúase no 6.6%; amáis, as "misións", nas que participa o exército, poñendo o seu traballo onde máis se necesita, na construción de vivendas, escolas, hospitais e na custodia dos núcleos democráticos de base, fan máis visíbeis estas novas metodoloxías.
Os mercados populares é outra das novidades da xestión chavista, empeñada en prover así cómo a inxestión das calorías para a subsistencia das clases socioeconómicamente máis deprimidas, plataformas para incentivar intercambios mercantís máis xustos para os produtores e os cidadáns, porque o prezo non o determina un intermediario coa necesidade de sumar unha caste de custo agregado co fin de recibir beneficios.
Pola outra banda, Venezuela tamén e vítima dun problema que cada día colle máis forza en tódalas capitais do continente, o aumento dos índices de violencia, localizado no interior e ao carón das aglomeracións humanas; dependendo do país este fenómeno está relativa, ou maioritariamente ligado a demanda de cocaína do veciño do norte, cuxa necesidade e prezo está comezando a moldear diversos aspectos da vida cotiá latinoamericana; o goberno aínda nos sabe como atallar esta situación no curto prazo, converténdose nos lugares sinalados na primeira preocupación da xente.
Dende unha perspectiva xeral, as maiores críticas teóricas e prácticas que se recollen pola esquerda comprenden, a insuficiencia a hora de diversifica-la economía e saír da dependencia das exportacións de mercadorías non manufacturadas, e o que para algún é un réxime personalista; neste derradeiro punto hai que considerar que os sistemas políticos dese continente dan maior preeminencia as decisión do presidente, en detrimento dos parlamentos; e se ven a popularidade de Chávez motiva cada vez máis a utilización da súa imaxe máis alá da súa aparición nos medios.
No tocante aos contrapesos e garantías do estado venezolano, casos recentes, como a prohibición da publicación de imaxes violentas polos xornais, suspendida dous días despois da súa entrada en vigor pola Defensoría del Pueblo denotan os límites que tamén ten a actividade presidencial.
Tendo en conta todo isto, queda aínda un bo treito para acada-los obxectivos que plantea o chamado "Socialismo do século XXI", que cando menos en pouco máis dunha década após ter creado un marco conceptual para o desenrolo de políticas revolucionarias, tamén ten un efecto palpábel na redución das desigualdades económicas e nos trocos dos polos de decisión a barrios e comunidades, poñendo a semente dunha futura democracia participante plena, coroada por un dos sistemas de votación electrónica máis avanzado do mundo, avalado incluso pola oposición venezolana a os distintos observadores internacionais que acudiron os múltiples procesos electorais da última década.
A importancia da irrupción de Chávez no panorama político de América non se pode medir só ao interno do país, pois coincidiu co dominio en maior ou menor medida de organización de esquerda que remataron co teito psicolóxico imposto polos gobernos neoliberais, que dende facía décadas copaban os postos do goberno a través de golpes ao xeito electoral ou militar, berrando cal chamáns a inminente descomposición de toda forma de sociedade se algo semellante o denominado "esquerdismo" -como se denomina alá- faise co control das esferas de poder.
O papel que, até no ocaso do seu mandato, está xogando Lula, chamado algún día a profundar nas transformacións sociais e económicas limitadas pola falta de representación no Congreso do PT e organización afíns, así como Morales en Bolivia ou Correa en Ecuador, con máis ou menos sorte, en pos de darlle viabilidade as visións máis a priori progresistas, vai removendo as conciencias das clases invisíbeis pouco tempo atrás, e introducindo canda menos o debate, sobre as consecuencias que deberían ter a nivel de organización territorial e colaboración as características comúns que constrúen América Latina.
A proba de se van abrindo espazos de debate, e a experimentación con novas formas de regulación social e económica, o fomento do troque, as diferentes formas de propiedade, coma a social -sen prexuízo para que a propiedade privada sega a existir-, ou as bases do Poder Popular.
Coma conclusión, o mantemento da maioría chavista é básica para non ver freado o progreso cara algún tipo de sistema socialista, e coma impulso de parte dos gobernos da rexión, que se apoian nos diferentes frontes cos que conta Venezuela para sustentar parte das súas políticas, amais de ser, pragmaticamente, un foco de atención para os Estados Unidos, que ven, nos progresos sociais da república bolivariana, unha perda de influencia na rexión, agudizando as contradicións continentais, expostas de forma maxistral en cada artigo de prensa que non ten outro destino que minar a credibilidade e importancia que para o pobo, tivo a chegada de Chávez.