Nacionalismo
Nacionalismo é un sentimento de solidariedade entre xentes que comparten unha circunstancia xeográfica e viven unha historia e unha cultura. Son homes e mulleres dunha etnia que falan o mesmo idioma e intúen ter un destino común. Ao organizarse politicamente forman una nación. Iso é Porto Rico.
Negar esa realidade polo feito de non ter podido exercer o seu dereito a libre determinación ao estar sometido a vontade dun corpo político que non nos representa é validar a discriminación do coloniaxe. Nacido e criado na illa de Porto Rico puiden disfrutar das bondades que brinda unha natureza xenerosa como é o ambiente tropical caribeño. E desde esta perspectiva insular os portorriqueños enxuizamos ao resto do mundo. É un ponto de vista de paz e bon sentir o que propicia esa natureza bondadosa.
E pensar que hai quen, convivindo con nós, queren darlle ao nacionalismo portorriqueño connotación antisociais, subversivas e até visos de fanatismo relixioso.
O nacionalismo é enerxía ideolóxica que nos induce a afirmación da nosa identidade e a unión de esforzos para facer valer as nosas ideas e crenzas como povo, sempre antepondo a vontade xeral, a razón e a xustiza. Eu son nacionalista pero meu amor pola miña patria onde nacín e vivo non me induce a ser inxusto ou a odiar ao estranxeiro que vive con nós. A importancia do noso sentimento nacionalista en Porto Rico multiplícase pola condición de inferioridade política que sofre o país.
Nos Estados Unidos tocan o seu himno nacional e cantan o God Bless America até nos bautizos. En Porto Rico dada a nosa historia como colonia de España e agora dos anglosaxóns, urxe aínda máis a exaltación dos nosos trazos máis prezados sendo o idioma o máis importante de todos.
O nacionalismo portorriqueño desbordase nos deportes e moi especialmente no noso equipo nacional de baloncesto. No hai mellor nin maior expoñente do que somos e como somos que o equipo que nos colocara cuartos nas Olimpiadas de 1964 en Tokio, que foi visto por millóns de persoas a un canastro de vencer a Unión Soviética no basket olímpico de Seúl ou cando derrotara ao Dream Team USA nos Xogos de Grecia en 2004. Nin falar da cantidade de medallas conquistadas no hemisferio das Américas.
Lamentabelmente, hai persoas e falo de líderes, tanto deportivos como políticos, que, cegados polo pragmatismo que valora só o que serve, o que é útil, non entenden a importancia de valores como a dignidade, o orgullo patrio, o lexítimo, a identidade e até os afectos. E nesa cegueira, que o caso de Flor Meléndez e a súa destitución como dirixente da nosa equipa nacional, incide a ignorancia, os que toman a decisión rexeitan o argumento de que a súa destitución non se xustifica, non só porque Meléndez non tiña dirixido mal senón porque Paco Olmos, o seu emprazado, non tiña demostrado ter as credenciais que o cualifican para ocupar ese posto.
Por iso, a miña protesta polo cambio que substitúen a un portorriqueño por un español; protesta que, en primarias, basease no meu cuestionamento sobre a capacidade profesional de Olmos, reaccionan os ad lateres dos que dirixen a Federación de Baloncesto acusándome de obedecer a prexuízos nacionalistas.
Saiban eses alcahuetes e os oficiais federativos pertinentes que me sinto orgulloso de ser nacionalista e que no hai prexuízo na miña mente e ánimo que xamais poda obliterar MEU BON XUIZO.
O que Carlos Beltrán, Fernando Oliveros e os escondidos como Fuenteovejuna lle fixeron a Flor Meléndez, non só é una inxustiza senón tambén una ofensa á intelixencia e dignidade de una clase profesional portorriqueña.
Artigo públicado en elnuevodia.com