Movemento en Euskal Herria

Movemento en Euskal Herria

O xornal euskaldun "Berria" (Novo o Novas para os galegos; News para o conselleiro Xesús Vázquez) informou do peche do proceso democrático aberto na esquerda abertzale, recollido no documento que leva por título: "Zutik Euskal Herria".

Días despois, o domingo 22 de febreiro, no mesmo xornal o voceiro da esquerda abertzale Rufi Etxeberria -un dos poucos dirixentes que non está na cadea- poñía faciana ao documento e falaba do proceso feito por milleiros de persoas nos derradeiros meses.

"O proceso democrático, en poucas palabras, é o proceso que nos ten que levar d'unha situación de conculcamento de dereitos e de negociación que vive Euskal Herria a outra de recoñocemento do dereito de autodeterminación e identidades nacional", segundo Rufi Etxeberria.

Ainda máis importante cas palabras de R.E., por moito líder co sexa, é o que dí o documento: 'Estamos nunha fase de esgotamento político, e iso claramente ofrece oportunidades históricas para proxectar nacional e social (...). Estamos comenzando unha nova fase, e isto requere novas estratexias e instrumentos. Para implementar o cambio é esencial unha crecente forza e levar o enfrontamento para o campo no que os estados son más febles, é dicir: levar o enfrontamento ao campo político (...). O proceso democrático ten que desenvolverse sen violencia e sen inxerencias, dirixido o diálogo e a negociación entre as forzar políticas polos principios do senador Mitchell (2). Ninguén podrá utilizar a forza o amenazar co seu uso para incidir no curso o resultado das negociacións multipartitas, así como para tratar de modificar o acordo que surxa das mesmas (...).'

Para alguns, despois das experiencias negociadoras de Alxeria e Suíza, estamos en 'máis do mesmo'. Eu coido que non. A novidade é que hoxe en Euskal Herria está en marcha un proceso que é a ferramenta que vai permitir o espazo democrático, deixando a costas o contencioso político e as súas expresións violentas. E neste novo campo
de xogo, no que o sentidiño gaña terreo, os Rubalcabas do PSOE e do PP non se sinten ben.
Ainda que a modiño, as cousas movénse en Euskal Herria. Benvido sexa.