Lugo e o narcofascismo
Tradución de Esther Vázquez Vázquez
O goberno de Fernando Lugo atópase seriamente ameazado e as probabilidades dun "golpe institucional", pérfida invención para sacarse de enriba presidentes molestos como Zelaya en Honduras, potenciáronse en días recentes. A grave enfermidade que o afecta e o rigoroso tratamento a que se verá sometido serven en bandexa ao desprestixiado Congreso paraguaio o pretexto para destituílo "legalmente". Se isto finalmente se concreta produciríase unha gravísima regresión política que poría abrupto fin á primavera democrática vivida nos últimos dous anos. Malia que a presidencia de Lugo carece da vontade transformadora de Chávez, Morales ou Correa e que a súa xestión se caracteriza por múltiples incoherencias, a soa presenza dun personaxe que desde o goberno proclame a súa identificación cos condenados da súa terra abonda e sobra para que a clase dominante local non vexa a hora de sacarllo de enriba, por calquera método.
Desde que asumiu Lugo tivo que verllas coa dereita máis primitiva e corrupta de Sudamérica, o cal xa é moito dicir. Expresión política dunha banda que nin sequera merece o nome de oligarquía -a voz "cleptocracia" captura con máis nitidez a súa natureza-, esa dereita é un impresentábel conxunto de rufiáns que construíron as súas grandes fortunas desangrando ao país baixo a condución do "capo de tutti i capi", o ditador Alfredo Stroessner. Este organizou o saqueo das terras fiscais, o contrabando en grande escala e o tráfico de droga e de persoas, coa aberta complicidade de sucesivos gobernos de Estados Unidos, Israel e Taiwán, sumindo á poboación no atraso, a ignorancia e a extrema pobreza. Atraso e ignorancia que caracterizan axeitadamente a unha "cleptocracia" que aínda non recoñece ao goberno da República Popular China e si o fai con Taiwán, a cambio, claro está, de suculentos subornos ou de "regalos" que se exhiben impudicamente como, por exemplo, o novo edificio da lexislatura paraguaia. Non só iso: trátase dunha banda que xustifica aquela venerábel caracterización que na súa época realizara o ardente Agustín de Hipona (antes de que a Igrexa o santificara converténdoo nunha icona inexpresiva) sobre os estados, aos que definía como unha "conspiración dos ricos" para oprimir aos pobres.
A inesperada elección de Lugo veu a inmiscirse inoportunamente na corrupta rodaxe que enriquecía á clase dominante a costa do permanente saqueo da nación, todo o cal a botou a unha desorbitada oposición cuxo ánimo destituinte empequenece o que exhiben algúns personaxes da dereita arxentina.
Do mesmo xeito que ocorre entre nós, a dereita paraguaia é estruturalmente inepta para construír nada que non sexan os seus turbios negocios: por iso creceu á sombra dun feroz ditador e logo da man de gobernos supostamente democráticos que xamais tiveron a menor intención de desmontar esta infernal maquinaria do atraso e a opresión. O acendrado anticomunismo destes bandidos permitiulles gozar da protección norteamericana para a súa pillaxe; a cambio, cederon dúas grandes bases militares en Mariscal Estigarribia e Pedro Juan Caballero, deseñadas para pechar desde o Sur o control territorial sobre a riquísima Amazonía establecido desde as sete bases obtidas en Colombia. E cederon tamén, e Lugo non soubo impedilo ou desmontalo, o control de preto dun 80 % do aparato estatal paraguaio ás mans da USAID, favorecido pola sabotaxe que a dereita realiza desde o Congreso ao no votar o orzamento que necesita o país e, moito menos, modificar a escandalosamente regresiva lexislación tributaria do Paraguai. Desfinanciado até a impotencia, os proxectos do goberno deben realizarse co diñeiro de Estados Unidos, o cal está a punto de converter ao país nun protectorado norteamericano.
Lugo conta ao seu favor cun alto grado de aceptación pública e coa convicción das forzas populares de que, malia a súa desilusión coas vacilacións e titubeos do presidente, o que lle sucedería é moitísimo peor. O artífice desta operación é o propio vicepresidente, Federico Franco, coadxuvado polos ministros do Interior e de Relacións Exteriores, e os seus promotores son a embaixadora estadounidense Liliana Ayalde -en cuxa casa se celebran as reunións conspiratorias, con total descaro- e Aldo Zucolillo, dono dun emporio empresarial entre os cales sobresae o seu ariete ideolóxico, o diario ABC Color. Este personaxe tivo unha destacada actuación como xestor do Plan Cóndor e tanto el como os seus irmáns foron tropa de confianza de Stroessner, ao punto que ambos adoitaban vacacionar xuntos en Miami mentres urdían novos negociados a costa do pobo paraguaio.
Para a SIP (Sociedade Interamericana de Prensa) e moitos en Washington ese diario é un baluarte da democracia, cando en realidade se trata de exactamente o contrario: o house organ da mafia que se apropiou de Paraguai e vehículo principal da extorsión que efectúa para disciplinar á clase política. Abondou un editorial do ABC Color para que ao día seguinte o Senado postergase sine die o tratamento da ratificación do Tratado constitutivo da UNASUR. E o sábado pasado editorializou en contra de que o mesmo órgano removese co seu voto positivo o último obstáculo que se interpón á plena incorporación de Venezuela ao MERCOSUR. A pesar da significativa axuda que o presidente bolivariano lle presta a Paraguai -subministrando combustíbeis a prezos por debaixo do mercado, entre outras cousas- este sicario ideolóxico do imperialismo exhortou aos senadores a pecharlle o paso a Chávez. Ao compadre e colega de Stroessner non lle tremeu o pulso para escribir que "Non sen esforzo os paraguaios liberámonos do oprobioso xugo dun tirano sanguinario e rapaz (¡Stroessner!) para permitir que outro, esta vez forasteiro, veña a pretender someternos co seu estilo político autocrático e intolerante." Este é o intelectual orgánico da dereita que vela as súas armas esperando dar a poutada que a libre da molesta presenza de Lugo e restablecer o imperio do narcofascismo.
Publicado o 15 de agosto en http://www.atilioboron.com