Leopoldo López: un produto de consumo prexudicial

Leopoldo López: un produto de consumo prexudicial

Leopoldo López atopou o que procuraba: una condena polos seus delitos que o converten nun suposto «mártir» ou «heroe da liberdade». As súas chamadas a non recoñecer os resultados electorais que deron a presidencia a Nicolás Maduro consistían en actos de kale borroka (denominados en Venezuela «guarimbas»), acontecidos o 12 de febreiro de 2014, nos cales participaba e que deron como resultado a morte de 43 persoas, centenares de feridos e grandes danos materiais.

Os medios occidentais apresuráronse a terxiversar a información e asegurar que os mortos eran «pacíficos» manifestantes opositores. A realidade é que 35, dos 45 asasinados, eran seguidores chavistas, entre eles 11 policías; os 8 restantes foron opositores mortos polas forzas policiais. A procura de situación límite, preferiblemente con moitos mortos, non deixa de ser un esquema planificado desde Estados Unidos. A mesma situación viuse na matanza planificada de abril de 2002 para «xustificar» o golpe de Estado contra Chávez.

,A estética do matrimonio López-Tintori non deixa de ser un produto de consumo moi axeitado para a estética «pija» e «actual» dos gobernos occidentais, especialmente o do Partido Popular, pero a anos luz da realidade actual dos gobernos e da sociedade real venezuelana e latinoamericana. A revista estadounidense, Foreign Policy ,nada sospeitosa de ser chavista, define a Leopoldo López como un produto de mercado dos media estadounidenses, e achegando probas das súas posturas antidemocráticas e protofascistas como foron a sinatura do seu pai, Leopoldo López Gil, do decreto Carmona (o decreto do golpe de Estado contra Chávez) e a súa participación, megáfono en man, na detención do ministro do Interior chavista Ramón Rodríguez Chacín.

A viaxe das mulleres dos dous principais cabecillas do intento dun segundo golpe de Estado, Mitzy Capiles, muller de Antonio Ledesma, e Lilian Tintori, esposa de Leopoldo López, polos Estados Unidos e Europa e o seu recibimento nas máis altas instancias do poder político; Xunta, Goberno español, Parlamento Europeo… é unha proba máis da vergoñenta actitude dos políticos de dereita e centro esquerda, «valedores» dunha «democracia» ao seu gusto e medida, aos que pouco lles importa a vontade popular e dispostos a xustificar o terrorismo de Leopoldo López pola súa comuñón de ideas e intereses.

,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo
: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.