Caos organizado como alternativa
As eleccións en Bolívia do 20 de Outubro de 2019, xunto o enorme recurso do litio existente no territorio boliviano, foron os detonantes para provocar a ruptura do fráxil equilibrio existente entre as dúas Bolívias, así mesmo puideron ser outras realidades: a existencia de dous modos de produción: a precapitalista e comunitaria dos pobos orixinarios e a semi-feudal capitalista dos supostos descendentes dos colonizadores españois, que son dominantes na Media Lúa do Oriente, co centro en Santa Cruz de la Sierra. No seu conxunto, estes non superan o vinte por cento da poboación total boliviana. Caracterízanse polo seu racismo excluínte e odio ao indio , ao que chaman “collas”, e substitúen o defunto Imperio español polo actual Imperio estadounidense, aínda que no seu imaxinario proclaman o súa orixe española ao considerarse os primeiros ocupantes de Bolívia os “cambas”, como se os indios non existirán antes! En parello van mudando lentamente a Relixión Vaticana pola Evanxélica do norte ianqui.
A existencia de dúas sociedades paralelas en Bolívia é un feito indubidábel que as obriga a convivir nun conflito permanente, debido a cerrazón racista da minoría branca, a propietaria principal dos medios económicos, e con gran influenza no aparello do Estado. É a organizadora das bandas de sicarios que aterrorizan, de cando en vez, a poboación sen recursos. Esta poderosa minoría apoiada polos EEUU, négase a ser integrada coa poboación indíxena que está formada principalmente polas etnias aimara e quechua que contan cunha gran vitalidade e carecen de sentimentos racistas. Este é o problema de fondo. Ningunha das dúas poboacións pode excluír a outra, manténdose as dúas nunha guerra de posicións cos vaivéns propios dun movemento pendular que nada ten a ver coa tese de Gramsci centrada na superestrutura social, pero que a longo prazo conduce a unha abafante maioría irresistíbel das 36 nacionalidades autóctonas.
Hoxe non é posíbel o exterminio da poboación indíxena, como aconteceu no mítico Oeste norteamericano. Tampouco o foi no pasado posuidora da elevada cultura incaica. Os pobos orixinarios bolivianos non son unha poboación sobrante, se é que existe algunha, pois nos últimos tempos teñen demostrado unha capacidade laboral e tecnolóxica indiscutíbel nestes 14 anos de desenvolvemento de Bolivia, baixo o Goberno do MAS o seu instrumento político.
A conquista do Oeste de Norte-América polos ocupantes europeos convertidos en maioría, gracias ao xenocidio levado a cabo como xustificación da construción do ferrocarril cara o Pacífico serviu para a ocupación do territorio, e a ideoloxía do progreso foi o argumento do holocausto das nacións orixinarias. As tribos indias e o seu xeito de vida foron aniquilados, contando coa contundente e violenta oposición pero sen futuro dos indios norteamericanos, ao negarse a seren exterminados no nome da prosperidade. O mesmo acontece hoxe en Bolivia, pero ao revés; son os pobos orixinarios co MAS a cabeza os que proxectan a construción dun ferrocarril Bi-Oceánico conectando o Atlántico co Pacífico, que comezaría nun porto de Brasil e remataría noutro porto do Perú, atravesando Bolívia e comunicando por este medio todas as cidades importantes do Pais. Esta posíbel realidade choca contra dos mesquiños intereses da minoría branca racista atrasada contraria o prosperidade, xa que rompe co seu control e monopolio das comunicacións internas de Bolívia exercida polos seus sicarios. Porén sen xenocidio, esta tanxibilidade quebra o poder dos racistas. Esta é a cerna da sua obstrución. Isto entendérono ben no decadente Imperio estadounidense, dada a súa experiencia. Apostando sen dilación por unha política para Bolívia baseada na destrución do seu Estado e as institucións bolivianas, ao apoiar e financiar sen reservas as bandas racistas e fascistas, e mercando os policías e militares para dar o golpe de Estado contra o pobo.
O Goberno de Evo Morales promoveu a erradicación da miseria e a pobreza, principalmente nas comunidades populares indíxenas, as máis afectadas. Moitos accederon ás clases medias acomodadas, tanto no rural como no urbano, porén lonxe de afortalar con estas medidas o poder popular das xentes orixinarias, debilitárono en algunha medida xerando en parte deles unha tendencia cara ao afastamento da súa procedencia, na procura dunha integración incondicional coas elites brancas. Esta feblez nos pobos autóctonos non pasou desaproveitada polo Imperialismo e as minorías racistas e fascistas, para poder executar un golpe de Estado, coincidindo coas eleccións supostamente fraudulentas xunto ao descubrimento de grandes xacementos de litio, derrocando violentamente ao Goberno lexitimo con o referendo da OEA de Almagro, afín aos EEUU, e cos instrumentos intervencionistas imperialistas (CIA, DEA, etc....)
A elite racista fascista arrastrou a todos os grupos políticos opostos ao MAS, coa participación imprescindíbel do moderno xesuíta Carlos Mesa, que se prestou para confrontar a oportunidade de ser elixido Presidente unha vez desbotado o MAS, por unha maioría electoral. Todos eles derrocaron ilegalmente ao Presidente lexítimo reelixido de Evo Morales, vulnerando a Constitución do Estado Plurinacional de Bolívia. Se houbo fraude foi pola banda dos golpistas. Os militares e policías vendidos ao Imperio, que hoxe son acollidos como residentes nos EEUU. Co asentimento da oposición golpista as costas da representación parlamentar do MAS con maioría de dous terzos, os militares nomearon a dedo como cabeza visíbel do Goberno de facto a unha evanxelista ligada ao narcotráfico, Jeanine Añez. Unha muller guaraní chea de auto-odio, tinxida de loira e con lentes de contacto verdes e azuladas, para disimular e renegar das súas orixes indíxenas. Un produto xenuíno do éxito da domesticación desta etnia colonizada polos xesuítas españois, a diferencia dos outros pobos orixinarios como os aimaras e quechuas que se perseveran coa súa braveza e dignidade, sendo unha maioría en ascenso.
En Bolívia hoxe goberna unha Ditadura racista fascista, a golpe de decretos supremos para desmontar todo o construído polo Goberno de Evo Morales co MAS, tanto no tema económico como na faceta institucional, recuperando o neoliberalismo coa privatización das 22 macro-empresas estatais e as públicas en xeral, levándoas primeiro á ruína coa implicación do FMI. Executa a represión terrorista como no Alto con ducias de mortos e centos de feridos a mans da policía e o exército vendidos ao Imperio, coa axuda das bandas racistas e fascistas e a persecución dos elementos máis lúcidos do MAS. Os decretos Supremos don ditados polo Departamento de Estado estadounidense a través de Erick Foronda (secretario privado de Añez), un súper axente da CIA, norteamericano de orixe boliviano en permanente contacto coa Casa Branca.
Mais este Goberno de facto auto-proclamado a base de destruír, saquear, xerar caos e fame en Bolívia, é incapaz de organizar un Estado afín aos intereses imperialistas e racistas, e moito menos gañar o apoio da maioría dunha poboación na que o oitenta por cento está composta por aimaras e quechuas entre as 36 nacionalidades baixo a Whipala, a bandeira dos pobos orixinarios bolivianos, sen renunciar a do Estado plurinacional (roxa, marela e verde).
Ante a obcecación e o racismo excluínte da minoría fascista branca, os sectores orixinarios tránsfugas recúan e volven a estar unidos ao MAS, onde tamén se impoñen as tendencias máis coerentes e unitarias fronte ás conciliadoras co Goberno de facto. O grupo político Comunidade Cidadán de Carlos Mesa (chamado o esmoleiro), preséntase agora como crítico do Goberno que axudou a instalarse no poder e como valedor das xentes do MAS que buscan a equiparación cos “cambas” branqueados, grazas a cerrazón dos cívicos racistas. O esmoleiro Mesa, este moderno xesuíta, convértese así nunha opción de recambio para os EEUU, alén de Trump, para dividir o MAS e acadar a maioría electoral.
O Imperio norteamericano cos seus problemas internos, non está hoxe en condicións para adicarse a edificación de “Democracias” axeitadas os seus intereses. Resulta máis doado promover a destrución daquilo que non lle convén, como un Estado boliviano Soberano, e por iso xera o caos, impoñendo o terror fascista evanxelista, (Brasil, Bolívia...), ca Biblia nunha man e o xenocidio na outra.
A aparición da pandemia do COVID-19 foi unha verdadeira bendición celestial para a Ditadura boliviana que lle permite alongarse no poder ata perpetuarse, baixo o control do Imperio ianqui, sucesor do antigo español. O sicariato criminal boliviano cos “motoqueros” a soldo, xunto aos policías e militares vendidos a USA, utilizan a pandemia para sementar terror. Saben que as eleccións darán a maioría ao MAS, por iso, as atrasan co pretexto da pandemia, con visíbeis intencións de anulalas para sempre con outras escusas, preparando un verdadeiro fraude. Mentres aproveitan o tempo para saquear e privatizar os recursos do pais co endebedamento propiciado polo FMI e co Imperialismo capitalista.
O MAS con Evo Morales na dirección, era sabedor que baixo o seu mandato, andando o tempo, inexorabelmente os pobos orixinarios impoñeríanse sobre a minoría racista, de orixe social e cultural occidental e inclusive conseguirían a súa incorporación, a pesar do seu inicial rexeitamento racista. Un conflito que finalmente remataría absorbendo os compoñentes do aparello de Estado boliviano, policías, militares... ao estar composto cada vez máis por persoas dos pobos orixinarios. Este proceso foi revertido dun xeito abrupto, co golpe de forza deseñado dende USA, executado polos “cívicos” fascistas liderados por Camacho e aproveitado por Mesa, ca axuda exterior.
Mais, a correlación de forzas entre as dúas Bolívias experimenta un movemento oscilante diante do terrorismo fascista e a fame inducida polo Goberno de facto. O pobo volve a carón do MAS con máis forza e unidade que nunca. Por iso, o comportamento de Evo e as súas xentes, non pode ser entendido só como un conflito contra o Capital, que tamén, porque o que se xoga agora é o exterminio físico dos seus co-nacionais, e cando se trata de salvar a propia vida e a dos seus dirixidos, o resto das consideracións quedan ao marxe, e isto sabeno ben o Goberno de facto e os seus amos estadounidenses, utilizando a pandemia para inmobilizar o pobo orixinario e os seus crecentes aliados.
E evidente que o actual aparello de Estado ruinoso boliviano submerso no caos organizado pola CIA, non serve os intereses dos pobos orixinarios nin aos da poboación en xeral. Xa que logo, ese traballo de derrube estáo a facer a Casa Branca. O posíbel retorno do Movemento ao Socialismo, aínda que transitoriamente o cheguen a ilegalizar, terá como unha tarefa inescusábel, amáis da defensa da base económica popular, a reconstrución dun novo Aparello de Estado no que as armas non poidan ser usadas, nunca máis, contra os pobos orixinarios e si, para a defensa da independencia da Patria plurinacional boliviana.