As protestas están encabezadas pola nación indíxena Ngäbe Bugle (II Parte)
Finalmente, na madrugada do 18 de marzo, o presidente Ricardo
Martinelli asinou o documento que deroga a lei 8, que ameazaba con
permitir as explotacións mineiras por parte de estados estranxeiros, o que levou a miles de indíxenas Ngäbe-Buglé a paralizar a vía máis
importante do país.
Máis dun mes despois dos primeiros enfrontamentos, o goberno rematou por capitular, abrindo á súa vez novas incógnitas, ao quedar nestes intres a lexislación mineira no aire, pois os aspectos que derogou a fenecida lei non foron reestablecidos.
Sen embargo, cabe salientar as non moi longas no tempo, pero efectivas protestas indíxenas, que levaron ao goberno baixo a presión de que o país continuara nese estado durante o entroido -as festas máis importantes para a maioría dos panameños, para a que aforran todo o ano- a aceitar este resultado poucas horas antes dos 4 de marzo.
Aínda que é positivo que o goberno recoñecera o erro, o que permite aos sufrido indíxenas anotarse un tanto, a análise negativa foi a falta dun grupo aglutinador das protestas a nivel estatal, o que limitou a repercusión cando menos a nivel de medios de comunicación a comarca Ngäbe Buglé, e impediu que a protesta avanzara cara a prohibición normativa da minería metálica a ceo aberto.