A rebelión dos universitarios

A rebelión dos universitarios

Aínda que comentaristas e observadores supostamente imparciais acaden que a denominación que pase a historia das mobilizacións estudantís en Chile, upada tamén pola estación na que se atopan nesa parte de mundo, a nivel social aseméllase moito máis a chegada da primavera, o rachar definitivamente a mocidade daquel país cos estigmas estruturais impostos por Pinochet, xeradores dunha situación que superou o ámbito da educación para esixir una nova constitución e un sistema máis acorde coas necesidades da maioría dos chilenos, vontade usurpada en cada elección froito da mínima representatividade do sistema binominal, imposto para garantir o control da burguesía sobre a vida política.

O único certo ate o degora e que o status que xa non vai se-lo mesmo, e que a sociedade chilena xa non vai aceptar a priori as receitas neoliberais que levaron a un país que medrou máis dun 5.2% o pasado ano a seren o mesmo tempo un dos máis desigual de todo o continente. O disparador neste caso, que amosa ademais a vontade de futuro nunha materia no que o beneficio económico pode ser de todo menos directo e prioritario, como é a educación, convertese nun claro exemplo da visión mercantilista que institucións como o FMI ou o Banco Mundial tentan impor no mundo, aplicando o prisma comercial ate as necesidades básicas dos pobos.

,
A resposta organizada dos estudantes chilenos, obrigados a pagar o 75% do custo do sistema educativo nacional, levounos dende o pasado 12 de maio as rúas, convocando ate 20 mil persoas nas primeiras manifestacións, número que foi medrando en cada marcha ou protesta reivindicativa até as 300 mil que se reuniron fai un par de días so en Santiago de Chile.

A represión da policía foi una constante dende que o movemento estudantil comezou a tomar forma, e se ben en determinadas manifestacións puideron ser vándalos os que aproveitaron a cobertura de marchas convocadas pacificamente, a reacción dos carabineiros (policía militar) superou calquer mesura, acumulándose centos de feridos e detidos co paso das manifestacións, e chegando a marcar co uso case monopolístisco da violencia o nivel de radicalización daqueles que superan a barreira do medo para saír a rúa a loitar polos seus dereitos. Esta táctica represiva acadou o seu cénit o pasado 25 de xullo, na segunda xornada de folga xeral convocada por máis de 80 organizacións, dirixidas pola Central Unitaria de Traballadores, cando Manuel Gutiérrez, de 18 anos, morreu polos disparos dunha patrulla policial coma declararon todas as testemuñas presentes, cando nin sequera estaba participando na manifestación; como non podía ser doutra forma e na mellor tradición destes corpos armados, negaron non só a súa responsabilidade, senón incluso a posibilidade de iniciar una investigación interna para esclarece-los feitos.

Esta arbitrariedade na actuación do Estado constitúe unha proba máis da situación límite na que a vontade da mocidade -a Universidade Central de Chile leva paralizada dende o 4 de abril por exemplo- puxo ao primeiro goberno de dereitas da era post-Pinochet, no so pola cantidade e asistencia das manifestacións de innumerábeis asociación de toda índole en defensa das reivindicacións estudantes de acadar una universidade de calidade, financiamento pública e libre de lucro; que poderían semellar poucas persoas en correlación aos 17 millón de chilenos, máis importante é aínda que o apoio ao movemento estudantil e as súas esixencias, chega ao 80% da poboación total, e acadando Camila Vallejo, portavoz da Confederación de Estudiantes de Chile (CONFECH) e militante do Partido Comunista, tres veces máis aprobación popular que o mesmo presidente da República, Sebastián Piñera.Esta dirixente estudantil converteuse nun dos primeiros obxectivos de persoeiros e simpatizantes do goberno, que chegaron a facer públicas polas redes sociais o seu telefono e o enderezo da súa casa, asemade una funcionaria adscrita o ministerio de cultura afirmou en referencia a Vallejo, "se mata a la perra y se acaba la leva".

O apoio recibido de parte dos chilenos denota por una parte a intelixencia dos estudantes, que amais das manifestacións clásicas, apostaron polas protestas creativas, tomando parques e prazas co fin de pintar murais, organizar bailes, faceren debates e cursos, achegando en todo caso dun xeito máis lúdico as súas propostas, o que xunto coa defensa dos métodos pacíficos, a descentralización das protestas e a cobertura que outras organización que se foron sumando estanlle a brindar, con iniciativas como congregar o próximo 3 de setembro a 500 mil persoas no Parque O'Higgins, permitíronlle aglutinar a sectores moi diversos para a súa causa, a pesares dos intentos de estruturas coma os medios de comunicación tradicionais de desacreditar en cada artigo o movemento estudantil.

Pola súa aparte, e deixando a un lado as consabidas ameazas, o goberno propuxo cantas reformas se lle puideran ocorrer, dende o aumento das becas a una maior inversión pública na educación pasando pola creación de fondos de garantías para enfronta-los cambios suxeridos; todo isto claro está, mantendo o sistema educativo herdado da ditadura, que entre outros, cede aos municipios o ensino preuniversitario, xerando grandes desigualdades na calidade deste dependendo da capacidade económica do axuntamento. Os argumentos da dereita tentaron centrarse nas cuestión de clase, afirmando que de imporse a obrigación estatal de mante-lo financiamento íntegro do ensino público os máis desfavorecidas estarían pagando cos seus impostos os estudos da clase alta, posto que ese extracto social e o que máis acude a universidade; nese senso defenden que a actual configuración das universidades privadas -nas que o lucro superou fai tempo como prioridade a política educación, e que están maioritariamente dirixidas por prominentes políticos democristianos- permitiu que certos sectores chilenos puideran acceder en masa a ese nivel de estudos.

Máis aló dese rendíbel sistema de ensino, subxace outra realidade interrelacionada coa burguesía bancaria daquel país, dado que os altos custos destes estudos obrigan na maioría dos casos as familias a solicitar créditos cos que afronta-los pagos da universidade, e que pode chegar ao 40% do ingreso familiar en grupos dun baixo nivel socioeconómico, convertendo a Chile no segundo país do continente no que as familias deben facer un maior aporte económico nesta área, só superado por Estados Unidos, obrigando a poboación a endebedarse e xerando un gran negocio para a banca, beneficios que débese ter en conta perderían no caso de que o pobo chileno consiga dobrar a vontade dun goberno que semella disposto a non renunciar a defensa dos intereses económicos clave que o puxeron alí.