A guerra nuclear


Hai pouco tempo lín na prensa, que diante dun conflito nuclear mundial, o lugar máis seguro para residir era o hemisferio sur. Casualmente por estas datas, eu atopaba-me nestas latitudes, co cal me sentín moi aliviado, dado que a tensión global parece que estaba ao roxo vivo.

A antiga Unión Soviética afundiu-se e non houbo perigo de guerra mundial; morreu como morre unha persoa vella de máis de cen anos, sen grandes convulsións. Se apagou a súa vida docemente. Hoxe unha grave enfermidade ataca ao Imperio capitalista occidental liderado polos EEUU, pois semella que o seu declive non ten remedio. É unha morte anunciada, mais non podemos afirmar que o seu posible final sexa pacífico, como no caso da extinta URSS, e pola contra provoque unha guerra atómica que destrúa a humanidade. E con emigrar ao hemisferio sur tampouco nos libraríamos do desastre, xa que a medio prazo o planeta sería inhabitábel.

Porque o Imperio capitalista occidental non pode morrer pacificamente? Como aconteceu coa URSS.

Nos últimos tempos o sistema capitalista desatou poderosas forzas produtivas, pero tamén destrutivas capaces de desfacer o mundo un cento de veces. EEUU xa experimentou esa capacidade empregando bombas nucleares sen o mínimo escrúpulo, contra dúas cidades niponas indefensas; Hirosima e Nagasaki, co pretexto de rematar unha guerra que xa tiñan gañada, e todo o mundo quedou convencido, incluíndo as vítimas deste xenocidio.

Pero o mal non está nestas forzas destrutivas liberadas. O mal está no feito de que os propietarios privados da riqueza e do diñeiro no Occidente, inexistentes na extinta URSS, diante do perigo de perdelo reaccionan violentamente e son incapaces de prescindir do mesmo. Cando foi a crise do 29, moitos individuos que perderon todo o seu capital na bolsa suicidaron-se , chimpándose dende os rañaceos de New York. Valoraban máis o seu diñeiro ca súa vida, e hoxe dispoñen destas terribles armas de destrución masiva e de organizacións de sicarios para ser usadas contra todo o mundo, e inclusive contra eles mesmos.

Os propietarios privados do Capitalismo Global, son unha reducida élite dominada polo instinto básico que lles proporciona o sistema, que os obriga a enriquecerse sen reparar en medios, e os conduce as máis elevadas cotas de individualismo, insolidariedade e perversión social. Todo vale para defender os seus intereses . A realidade, é que esta xente ten hoxe o poder para destruír a Terra, se ven perigar a súa fortuna.

Que facer entón? para impedir o Holocausto nuclear, pois aínda que a maioría da xente de todo o mundo, quixera e traballara para evitar a caida do Imperio capitalista estadounidense para así poder tranquilizar a élite e ter a Paz, xa que é a garantía da súa propiedade e de seu poder, a larga non se podería conseguir ao ser a súa caída irreversíbel. Produciría-se ao igual que a de todo-los Imperios do pasado, pero sería moito máis caótica debido a reacción da élite capitalista. Cando foi a caida do Imperio Romano (daquela non había armas atómicas), os derradeiros propietarios romanos das grandes fortunas, produto dos saqueos de Roma, foron convencidos para as donar voluntariamente a primeira Igrexa Cristian, xa que case que non tiñan descendencia, e así a Igrexa Romana precursora do poderoso Vaticano, xuntou a maior riqueza e poder do Mundo Antigo, prometéndolle aos ricos romanos que co seu donativo, a súa morte lles abrirían as portas do Ceo, e así gañarían a Terra e o Ceo. Un bo negocio!. Con esta riqueza e poder acumulado, a Igrexa papista a empregou-na para defender sempre a propiedade e poder dos ricos, comezando por ela mesma; e para amansar aos pobres e débiles, para que non se rebelaran, con promesas do Ceo máis aló da morte.

Pero hoxe os magnates capitalistas xa non creen na vida despois da morte, e ademais como son emprendedores pensarán que na outra vida, poderán seguir facendo negocios. Sen embargo, a maioría deles, seguen a facer donativos, pero con outros obxectivos máis inmediatos. Así, Soros, Slim, Amancio Ortega..... considéranos como investimentos co fin de pagar menos impostos , ou para que se faga política a favor dos seus intereses; como revolucións de colores contra gobernos hostiis e incluso terrorismo para destruír Estados “bandidos” que lles cobran moitos impostos ou os expropian....todo para favorecer o seu poder en contra dos inimigos da súa propiedade e diñeiro.

Sempre escoitamos que o capitalismo só morrera coas botas postas, e dicir, violentamente. Nunca se deixarán arrebatar o poder,e menos os cartos pacificamente. Karl Marx, na súa extensa obra ten algunha alusión ao respecto, e dixo que cando o Estado proletario expropie o Capital, vía conveniente indemnizar aos expropiados, para evitar a súa reacción violenta e conspitación (daquela non había bombas atómicas), e garantizarlles unha boa vida e incluso a súa colaboración e participación nos beneficios da nova sociedade socialista. Hoxe na China, Rusia e outros países non dependentes da élite imperialista , porén moitos dos seus oligarcas manteñen o patrimonio e incluso o acrecentan con máis éxito que no Occidente imperialista, colaborando nestes países, mais coa condición incuestionábel de non disputarlle o poder a os Estados dos pobos destas nacións Soberanas.

Pero, todas as concesións posibles sempre serán insuficientes para tranquilizar e colmar as ambicións da élite imperialista, pois todo será pouco para eles, e queren globalizar toda a riqueza e o poder para si, aínda que para elo teñan que liquidar a humanidade. Entón cal é a solución? Se é que a hai.

O 8 de Novembro do 2016, o pobo estadounidense deu unha resposta. Votou maioritariamente pola Paz entre as nacións. Foi un voto anti-sistema. Que USA deixe de ser o Xendarme do Mundo e se absteña de facer inxerencias noutros países. Votou polos intereses da maioría dos norteamericanos e non polos da élite no poder. O novo presidente eleito Trump, a pesar de ser un magnate dereitista do partido dos racistas e misóxenos ianquis , non era a aposta do “establiment” imperialista dos EEUU. A estrutura de poder en USA non mudou cunhas eleccións, pero a política globalista da élite mundial liderada polo Club Bilderberg, saíu mal parada coa derrota da súa candidata belicista. Haberá esperanza para o mundo? Teremos Paz? O pobo norteamericano sinalou un camiño, pero será a estrutura do Poder USA ,o que ao fin decida a estratexia a seguir para volver a recuperarse e afortalar o Poder do Imperio estadounidense, despois dos últimos tropezos. E terá que actuar contando con este novo evento adverso e non agardado , pois non importa tanto a que persoeiro votou o pobo estadounidense, senón o que votou, e o fixo contra a “casta” globalista dos EEUU. De momento, a derrota de Hillary Clinton parece que contribuíu a rebaixar a tensión prebélica. O Aparello mediático de manipulación de masas, fracasou estrepitosamente, ao influír no electorado contra os seus propios propósitos.

Mais, o perigo de guerra nuclear mundial seguirá presente, mentres os pobos e as nacións non gobernen o mundo dende a súa Soberanía; pois os pobos non queren as guerras, como si o fan as élites”globalistas”


,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén
.