A Guerra Fría que espreita

Ao parecer, xa está a perder forza a escusa da ameaza do terrorismo islámico que se usou para insuflar na populación de Occidente un medo ao alleo, à ameaza vinda de fóra, co fin de unila para alén das diferenzas de clase face a un suposto inimigo común.
Non quero pecar de cinismo, mais talvez algo teña a ver con que non se acomodaba nada ben coas relacións diplomáticas amistosas que se manteñen con países como a Arabia Saudita, parceiro comercial chave para estados como o Reino de España ou o Reino Unido. Que importa se se trata do berce do salafismo xihadista ou que destaca polos seus flagrantes abusos dos direitos humanos, incluído, por exemplo, o asasinato do xornalista Jamal Khashoggi, sen falar do abuso sistémico dos direitos das mulleres? Como veremos, as supostas consideracións de tipo ético só entran en xogo na medida en que encaixen coas alianzas estratéxicas e os intereses xeopolíticos do imperialismo.
A propria natureza do imperialismo impúlsao inexorabelmente a enfrentar grandes blocos entre si, e o capitalismo precisa de identificar un inimigo exterior para distraer as clases populares da exploración a que están condenadas a mans da súa propia burguesía. Así, o vacío deixado polo fantasma do islamismo ten que se encher o máis axiña posíbel, trocando o vello inimigo por un bode expiatorio novo.
E que mellor candidata que a China? Ese misterioso e ‘inescrutábel’ país, moi afastado de nós xeográfica e culturalmente serve, ao igual que o islamismo, de pantalla idónea onde proxectar todos os medos e preconceitos, resuscitando convenientemente o antigo mito do Perigo Amarelo.
Como se a aplicación do modelo produtivista intensivo característico do capitalista aplicado ao sector agro-alimentar non supuxese nengún perigo para a saúde pública, pasando por alto o risco sanitario que representa, por exemplo, a cloración do polo para o consumo humano, non foi por acaso que o perigoso Presidente Pallaso dos U$A atease intencionadamente o racismo e a sinofobía ao se referir reiteradamente à COVID-19 como o ‘virus chinés’. Axudou así a arar o terreo da opinión pública para a tornar o máis receptiva posíbel à idea da ameaza que provén de fóra e non da ineptitude e das políticas neoliberais do seu proprio goberno, coa China como o novo home de palla, fonte de todos os males.
Por moito que se procure desatar un novo surto de histeria anti-comunista face à Ameaza Vermella que representaría a China e que latexa por debaixo da superficie da sociedade estadounidense, non hai que deixarse enganar. Moi apesar do facto de a China actual seguir a usurpar o título de República ‘Popular’, o único de comunista que conserva o rexime de Xi Jinping é o nome. Pois, desde que o renegado Deng Xiaoping se fixese co poder após a morte de Mao e a purga do chamado Bando dos Catro, xa non fica nen o máis mínimo resquicio de Marxismo-Leninismo nese país dos ‘dous sistemas’ (sendo un deles o capitalista...). De feito, o rexime Xi Jinpinguista reprime @s verdadeir@s maoístas e sindicalistas que defenden os direitos do povo traballador.
Na actualidade, a China non é nen máis nen menos que un exemplo de capitalismo de estado cun férreo rexime ditatorial que algún académico cualifica mesmo de fascista, e que compite no cenario mundial como calquer outra potencia imperialista. Daí a preocupación real por parte dos EUA.
Sobretodo coa implementación da súa Iniciativa do Cinturón e Rota lanzada en 2013 que se tornou efectiva mediante o desdobramento do poder brando (soft power), grazas ao investimento económico e o financiamento da débeda a China conseguiu exercer unha influencia considerábel nos países do Magreb, da África subsariana e do Medio Oriente cos cais teceu relacións diplomáticas e económicas privilexiadas. Así, a China logrou gradual e moi silandeiramente expandir a súa esfera de influencia ao redor do mundo.
No entanto, se ben até moi recentemente a China e os EUA funcionaba en unísono nun conglomerado denominado ‘Chinameríca’, desde que ficou claro que a China estivo a traballar para poder voar en solitario, deixando atrás a fráxil alianza de hexemonía mundial baseado na relación bilateral informal do Grupo dos Dous (G-2), os EUA topáronse contra as cordas e contra-atacaron como un animal ferido. Así foi que, como parte da política dos Trump tariffs, a administración dos U$A desatou unha guerra comercial dirixida especificamente contra a China ao aplicar xa desde 2018 unha serie de novos direitos aduaneiros e outros entraves. Dito sexa de paso que estas medidas tamén repercutiron directamente e de xeito moi negativo en amplos sectores da propria economía estadounidense...
Un dos aspectos que máis preocupa os estados imperialistas occidentais é o grao de penetración global da tecnoloxía punteira en materia de comunicacións que conseguiron empresas chinesas como Huawei, sospeita de estar vinculada co goberno chinés. Nesta guerra tamén foi arrastrado o Reino Unido, fiel lacaio dos EUA, onde o goberno acaba de anunciar a prohibición na nova rede de móbeis 5G.
A medida que se vai desfacendo o binomio China-América e que os EUA van perdendo peso no concerto internacional, está a irromper unha nova súper potencia que xa comeza a competir coa China, nomeadamente a India. Cumpre estarmos atent@s à evolución da situación, despois de se teren producido xa confrontos fronteirizos entre os dous países este mesmo ano. Dun xeito ou do outro, unha nova guerra fría parece ineludíbel encanto que perdure o imperialismo.
No meio desta nova contenda emerxente, os imperialistas botan as maos à cabeza en farisaica indignación ante o recén descuberto tratamento que recebe o até agora descoñecido e ignorado povo uigur a mans do rexime chinés na Rexión Autónoma de Xinjiang ou Turquestán Oriental. Como nacionalista e internacionalista, non podo menos que mostrar a miña solidariedade con todos os povos asoballados do mundo e denunciar a represión que sofren. Ora ben, resulta noxento e vergoñento o espectáculo da fedorenta hipocrisía dos imperialistas que procuran instrumentalizar a terríbel situación do pobo uigur, ao mesmo tempo que nen se inmutan face ao xenocidio do povo palestiniano que leva anos cometendo o aliado estado sionista e que os EUA manteñen aberta a tristemente célebre Prisión de Guantánamo (malia as promesas de Obama...).
As lágrimas de crocodilo e as mostras de afronta moral por parte dos imperialistas son sempre expeditivos e non fan máis do que servir os seus proprios intereses. Nunca han estar de verdade do lado dos povos do mundo que esmagaron e, máis cedo ou máis tarde, acabarán por esmagalos de novo e sen piedade para lles arrebataren os seus recursos humanos e naturais.