Prexuízos burgueses?
Talvez deberamos, todas e todos, volver ler ou ler de novo, por exemplo, Las buenas maneras, de Eduardo Blanco Amor. Teño o pleno convencemento de que, cando menos, o contorno que nos rodea se tornaría menos agresivo e os sorrisos da xente aflorarían con máis facilidade. Hai anos, Xulio Xiz, baixo o selo de Ophiusa, fixo o guión e produciu para a daquela Televisión de Lugo, unha serie de spots titulada O bo cidadán fai a boa cidade, coa guía do libro que cito. Actuaban membros do grupo Achádego, entre eles Luís Tosar, e outras persoas próximas á devandita agrupación.
Bótanse en falta iniciativas neste senso porque, certamente, vivimos nunha sociedade maleducada. Hai cousas que poderían nacer da sensibilidade e da intelixencia emocional de cadaquén, mais semella que en moitos casos están atrofiadas. De calquera maneira, a educación ensínase maiormente co exemplo. É, xa que logo, o que se chama unha aprendizaxe vicaria. Mais sucede que bastantes educadores, pais, nais, docentes e representantes políticos, non a practican e, daquela, non a transmiten.
Sei que hai moito de convencional e arbitrario en certas normas de educación. Moitas responden a motivos que xa non existen. Poño por caso a de non cortar a tortilla con coitelo. Como antigamente as follas dos coitelos eran de ferro, mesmo os que tiñan a empuñadura de prata, púñanse moi feos ao contacto co ovo. Agora hai persoas que, coa vontade de comer con corrección, utilizan o tal instrumento que, por non ser de ferro, xa non se enferruxa. Non pasa nada porque, á fin, non é unha porcallada nin desconsideración con ninguén. Niso de comer, por fortuna, quedan moi lonxe os tempos en que os brazos tiñan que estar tan apegados ao corpo, que non podía caer unha moeda situada baixo de cada axila, coa finalidade de acostumarse á tal postura.
O exemplo anterior pretende ilustrar a que normas de educación non me refiro. Esas, mesmo comendo coma porcos, poden respectarse e, asemade, non practicar as boas maneiras que resumiría no feito de sermos conscientes de que os outros existen. Todas se reducen a iso. No relativo á mesa, preocupármonos de servir a quen está á nosa beira, non actuando como o neno ou nena larpeiros, que non ven máis que o propio prato.
E pido desculpas por baixar a estes detalles porque, quen me ler, seguramente gaste mellores formas ca min en todos os aspectos. O meu propósito é chamar a atención sobre cousas que vexo un día si e outro tamén e non só na rúa. Sospeito que moitas persoas, máis ben as novas, comprometidas e loitadoras polo país que soñamos, consideran que estas cousas son parvadas, un construto burgués que hai que derrubar. E non. As que non son simples convencionalismos, capricho de quen as instituíu, están destinadas a rebaixar e pulir as arestas coas que chocamos na convivencia diaria.
Acaso é unha parvada burguesa ceder o asento a mulleres grávidas, persoas anciás ou eivadas? Non é normal abrirlle a porta á xente maior? Por que mozos e mozas non saben que hai que dar as grazas cando alguén que pasa diante che sostén a porta e non che peta con ela no nariz? Como pode ser que, alguén que convoca para unha mesa redonda, non se presente nin presente aos demais integrantes do acto, e mesmo sente antes, sen considerar a prioridade dos convidados? Ás veces nin lles ofrecen, como mínimo, un café a quen ven de lonxe gratis et amore. Que razóns se poden alegar para non ter en conta a traxectoria e esforzo de certas persoas pola causa común e non reservar sequera un asento accesíbel en actos aos que confirmaron a asistencia? Que todas somos iguais? Pois si e non. Aquilo de ser maiores en idade e dignidade (aínda que non o sexan en goberno) segue ou debería seguir vixente. O respecto, consideración e aprendizado de quen abriu camiño, lonxe do adanismo que practican algúns e algunhas, debería ser a norma. É tan difícil empregar un léxico correcto, sen palabras que ofendan os ouvidos desacostumados a elas? E moitas cousas máis.
Polo que toca ao adanismo a que me refería, ese pensamento de que antes de nós non había nada, recomendo a lectura dun artigo de Ricardo Carballo Calero publicado en La Voz de Galicia o 13 de marzo de 1980 e incluído no seu volume póstumo Umha voz na Galiza (1992), titulado “Á marxe de Teofrasto”. Como saberán, este filósofo grego, foi discípulo de Platón, Aristóteles nomeouno o seu sucesor no Liceo e presidiu a escola peripatética 35 anos. O escritor a quen se lle dedican este ano as Letras Galegas, contrasta o xeito de aprender naquela escola en que se razoaba e debatía camiñando co mestre, coa autosuficiencia de moitos investigadores mozos que, á altura en que escribe o artigo, se afirmaban “encendendo fogueiras e queimando efixies”, á marxe do pensamento anterior e doutros.
Despois de pedir desculpas polo que teña de moralizador este artigo. Após dicir que, por suposto, non me refiro ás lectoras e lectores deste dixital, senón que lles fago unha chamada para que, se así o consideran, axuden a mellorar nestas cousas, porque é obra de misericordia ensinar a quen non sabe, conclúo: A educación é prepolítica. Primeiro cómpren persoas correctamente socializadas e despois faise a casa.