Mediocridade noxenta

Nas Odas de Horacio aparece por vez primeira a referencia a nivel poético á aurea mediocritas, a “dourada medianía”, ponderada esta como unha importante conquista do hedonismo epicúreo:
conformarse co que se ten, sen deixarse levar aos extremos pola fortuna nin pola desgraza.
“Quen se contenta coa súa dourada mediocridade
non sofre desacougado as miserias dun teito que se esboroa
nin mora en palacios fastosos
que esperten a envexa.”
A que pode ser unha boa filosofía para a vida, con abondas referencias na literatura, é un desastre cando a practican quen nos gobernan e lle cambian, aínda que non o saiban, o adxectivo ‘aurea’ por ´noxenta’ ou outro similar.
Das desgrazas deste tempo que estamos a vivir, non é a menor esa mediocridade imperante na política mundial. Semella que aquel lema do 68, “a imaxinación ao poder”, deveu agora en “a estulticia e a banalidade ao poder”. Abonda con asomarse aos medios para constatalo alén e aquén das nosas fronteiras.
Non falo das distintas formacións cuxa voz resoa, disparatada ou sisuda, nos distintos parlamentos; aínda que daría para moito. Refírome, neste caso, ás que teñen o poder de decidir sobre as nosas vidas desde a administración central ou desde a autonómica.
Mentres o teito se esboroa, fan números e planifican estratexias para lle tiraren proveito electoral ás desgrazas do pobo. A ambición mínalles os alicerces éticos -se é que os teñen ou tiveron- e deixan que a intemperie ou a morte sexan o horizonte único.
De nada valen recursos e preitos para recuperar unha ética que é prepolítica e debera ser condición irrenunciábel para se dedicar á cousa pública.
Coido que as persoas que reparamos nisto temos a sensación de vivirmos en medio dunha gran mentira, dun calote inmenso. Non nos atrevemos a soñar cunha mellora da situación emanada da inercia, a falta de imaxinación e, xa se dixo, de verdade. Estamos a piques de trousar fronte a tanta vulneración dos dereitos máis básicos.
Desculpen o meu pesimismo. Á fin, quen tome a palabra no fragor da treboada, cando o mar quere entrar enteiro no barco, debe facelo para recordar aquilo de que a vela aguanta se o corazón canta. Porén cómpre desabafar, purgarse para lle facer oco á menciña que nos pode sandar.
U-la esa menciña? Quizais onde habita a conciencia de formarmos parte dun todo, xente e terra, cun destino común.