Castelao e os memes
Seguramente somos moitas as persoas que temos empregado o termo ‘meme’ sen saber a quen se debía a súa creación. Acuñado polo controvertido biólogo Richard Dawkins, segundo a súa definición, “os memes son unidades culturais, aprendidas ou asimiladas, que non se transfiren polos xenes”. Transmítense de xeración en xeración e evolucionan, mais dun xeito selectivo. Poden ser refráns, chistes, lendas, músicas, receitas de cociña, remedios, etc.
Entenderase, xa que logo, por que se lles chama tamén memes ás imaxes, textos e vídeos, por veces manipulados con humor, que se difunden rapidamente por internet. Así mesmo é de Dawkins o termo ‘viral’ para se referir aos memes que se estenden a gran velocidade. Tampouco isto precisa maior explicación tras o Covid-19.
Non sei se se fixo viral ou non un que me chegou estes días. Hai un diálogo entre nai e filla no que a máis nova lle explica á nai que é influencer. Acláralle, por se non o entende, que se fotografa con modeliños e colga as imaxes en internet. A nai, mostrándolle unha fotografía -vén co meme-, respóndelle que a mire, que é de 1957 e que a rapaza que sae en primeiro termo é Dorothy Counts, a primeira alumna negra que asistiu a unha escola de brancos. Detrás vese un numeroso grupo de mozos e mozas a burlárense dela. E remata: “Dorothy si foi influencer, ti es gilipollas.
Virais foron, sen dúbida, as Cousas da vida que Castelao publicaba en varios xornais galegos e pasaban a facer parte do acervo popular, é dicir, deviñan memes até seren cita de referencia. “Sonche cousas da vida, como as de Castelao”.
O da influencer tróuxome á memoria aquela na que se ve un rapaz cun libro aberto, sentado diante da mesa de estudante. Volve a cabeza cara a un ancián que, tras del, se apoia sobre o respaldo da cadeira. Fala o novo: “Eu estudio pra vos redimir”. Responde o maior: “E o que escribéu os libros tamén estudióu nos libros?”.
No comentario á tal viñeta, o mesmo que fixen no libro O ensino da Língua. Por un cámbio de rumo, de María do Pilar García Negro e Xoán Costa Casas, pódese ver a conexión. Sobra dicir que en 1995, data da edición do libro, aínda non existía o Watshapp, que ao Estado chegou en 2009. Velaí:
‘É difícil, se non imposíbel, sintetizar en menos espazo a que é cuestión filosófica fundamental: a harmonización da teoría e a praxe, da idea e a realidade, do pensamento e a vida. As distintas solucións a este problema enchen as páxinas da historia da filosofía, mais casar pensamento e acción segue a ser unha tarefa para realizar en cada traxectoria individual ou colectiva. A ese labor somos convocados por Castelao nesta estampa.
Castelao non está en contra dos libros, como podería concluírse botando unha ollada simplista a esta “cousa da vida”. Ás súas continuas referencias á historia e á literatura non deixan de ser chamadas para que acudamos ás fontes onde el mesmo bebeu. Mais Castelao sabe que os libros e a cultura non son a mesma cousa. Esta, por abranguer todo o que o ser humano puider facer, coñecer ou mesmo imaxinar, é imposíbel de circunscribir ás páxinas dos libros por moitas que estas sexan. Non cabe nos libros o perfume da rosa, o pulo do corazón que ama, a cor da amencida, o sufrimento do pobo, o alento xeneroso que move as mellores empresas. Non poden os libros, xa que logo, constituírense en única forma de coñecemento.
Os galegos “iletrados” automarxinábanse da acción política por coidaren que o seu coñecemento, empírico, non servía para nada. Este prexuízo está presente na afirmación do rapaz: “Eu estudio pra vos redimir”, mais hai un claro inicio -e indicio- de autovaloración no pensamento do vello: “E o que escribiu os libros tamén estudiou nos libros?” É Castelao, máis unha vez, invitando ao pobo a tomar conciencia de si, a recoñecerse, a acreditar en si mesmo. É Castelao a valorar toda a riqueza e sabedoría que deitan as clases populares. É Castelao humanista a reclamar o humus, as raíces. E non fica aquí. Este tomar conciencia de si, este recoñecerse, ten que nos levar á acción. Castelao arremete contra os teóricos, os pensadores que se dedican á profundazón e non son quen de proxectar o seu pensamento nalgo proveitoso para a comunidade.
Por outra banda, o vello tamén sabe con Castelao que nos libros que está a ler o rapaz hai poucas ou ningunha resposta para nós. Achegados á historia do país só para padecela, ocultados e ocultadas deliberadamente, os libros non nos fan a xustiza que o poder nos nega. As nosas respostas están inéditas e o rianxeiro chámanos a procuralas desde a creatividade.
A vixencia deste pensamento é plena e en nada inferior á do tempo no que foi formulado. Agora en Galiza non hai tantos iletrados, pero os alleados son máis. Se antes os libros non falaban de nós nin coma nós, agora os mass media entran na intimidade das nosas casas avasalando coa súa carga uniformadora, colonizándonos, marcándonos co ferro do que tenta ser o Amo Universal. Tampouco agora faltan teóricos ancorados no peirao da inoperancia, alugados á esterilidade do propio pensamento. Teóricos da lingua, capaces de transmitir un coñecemento científico da mesma que non fai falantes. Teóricos da patria que non axudan a construíla e pensan que todo se reduce a chamala matria. Teóricos dunha paz e unha xustiza que non practican.
Dicía Nietzsche. “Só os pensamentos que vos sobreveñan ao camiñar teñen valor”. Eis, quizais, a solución á dicotomía: ler a Castelao camiñando”.’
Os e as influencer miden o éxito polo número de seguidores. A súa cultura responde aos presupostos da chamada ‘sociedade líquida’. Como ensinou Zygmunt Bauman, “a cultura líquida moderna xa non sente que é unha cultura de aprendizaxe e acumulación, como as culturas rexistradas nos informes de historiadores e etnógrafos. En troques, preséntasenos como unha cultura do desapego, da descontinuidade e do esquecemento”.
Porén, como o personaxe de Castelao, a nai da suposta influencer non se apunta á descontinuidade nin ao esquecemento, esa emenda á totalidade que algúns e algunhas pretenden facer. Dentro da que chaman “xeración máis preparada da historia”, hai moitos parvos ilustrados en cibernética que aínda non saben ben até que punto están ao servizo do capital.