A Terra sabe a loita. Testemuño de rebeldía labrega

A Terra sabe a loita. Testemuño de rebeldía labrega
A Fundación Bautista Álvarez vén de editar este volume, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, onde se recollen as loitas do agro galego desde comezos da década dos 70 até comezos dos século XXI. A autoría corre a cargo de Emilio López Pérez, Milucho, un dos mellores coñecedores da realidade labrega. O libro inclúe dous DVDs. Un contén extras e o outro é unha longametraxe documental de 88 minutos de duración, baixo o título “Clamor da Terra”, da autoría de Alberte Mera García no que, coa participación de máis de 22 entrevistados e entrevistadas e co acompañamento de imaxes audiovisuais inéditas até a data, reconstrúese as loitas dos últimos decenios. O libro, de algo máis de 300 páxinas, divídese en 13 capítulos e conta cunha ampla cronoloxía. Tamén ten un anexo documental e unha selección de máis de 100 fotografías que recolle momentos fundamentais dos conflitos agrarios. Aquí recollemos o limiar de Lois Diéguez e o índice do libro. De teres interese en adquirir o libro, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.
Descargar