Cartaz da exposición A Nación galega en pé. 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego
A exposición permanecerá aberta até o martes 3 de marzo de 2015 (incluído) no Museo Provincial de Lugo -con entrada gratuíta- e cos seguintes horarios:
Luns a Venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Ollar A Nación galega en pé. 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego, supón un reflexivo reencontro con feitos que se gardan na memoria colectiva e individual das galegas e dos galegos. Son realidades que requeriron do noso povo capacidade de loita, moito esforzo e ilusión por vencer e que agora reviven nesta exposición para patentizar a coraxe, dignidade e concienciación dos homes e mulleres de Galiza, e tamén dunha forza política nacionalista que foi quen de asumir e canalizar as súas reivindicacións e anseios. As fotos, revistas, discos, cartaces, audiovisuais e publicacións de todo tipo que se exhiben nesta mostra, trasládannos e fannos sentir e conectar anímica e racionalmente con quen levaron a cabo as fortes loitas contra a ditadura franquista, e contra o actual sistema que segue a esquecer os problemas socioeconómicos das nosas xentes e a situación sociocultural da nosa Nación.
Comisaria: María Antonia Pérez
Coordinador e documentalista: Roberto Vilameá
Deseño: Pepe Barro
Edición das filmacións documentais: Alberte Mera
Realización vídeo: Xoán Carlos Garrido
Descargar
Descargar