Viva o capitalismo? Non grazas, hai alternativa
O problema hoxe é que o intervencionismo descarado e seguramente encuberto do capital financeiro especulativo é capaz de orientar e dirixir modelos productivos
Podería parecer un contrasentido que no peor momento de capitalismo despois da segunda guerra mundial, as receitas que se están practicando e poñendo enriba da mesa dende instancias de poder sexan acentuar os perfís máis antisociais do sistema. Podería parecer un contrasentido que cando un sistema e un modelo económico é o causante da situación actual a nivel europeo e planetario, poida non só non ver cuestionado os seus elementos estructurais básicos senón mesmo que estea a acontecer todo o contrario. Podería parecer un contrasentido que cando existen razóns para pensar en cambios profundos do modelo e do sistema económico, a realidade parece indicar que o sistema é todopoderoso e que non só se resinte nos seus elementos nucleares senón que os fortalece. En definitiva podería pensarse que o capitalismo na súa expresión actual (neoliberalismo, globalización ao servizo da prevalencia do capital financeiro, desregulación aparente dos mercados e dos fluxos financeiros para fortalecer a economía especulativa e a concentración de poder en poucas mans e sen control real democrático, etc.) é todopoderoso. No momento en que podería estarase producindo unha autentica convulsión social no planeta contra el, resulta que ten aparentemente ganada toda a batalla dialéctica e ideolóxica e aplica as receitas máis drásticas e rotundas de afirmación do mesmo. Case poderiamos pensar que o capitalismo e tan perfecto que non aparece como causante da situación, e mesmo pode tentar aproveitala para afianzar as súas posicións e debilitar as posibles alternativas. Estanos invitando a todos a expresar unha admiración: Viva o capitalismo¡.
É certo que en todo o que está acontecendo tamén é importante destacar que o papel da socialdemocracia ten sido determinante. Pois non pon enriba da mesa un modelo distinto a contrapoñer, nin por suposto un discurso ideolóxico alternativo, senón matices menores na xestión da crise que non fan mais que afianzar as posicións dominantes.
Mais hai alternativa. Debemos para empezar chamarlle as cousas polo seu nome. O que esta acontecendo hoxe no planeta e singularmente no mundo máis desenvolvido e unha crise endóxena do modelo capitalista, unha crise global sistémica, sen o argumento sequera de que existía enfronte outro modelo que condicionara a súa evolución. O Muro de Berlín caeu no 89. O capitalismo actual en estado puro conduciu a esta situación. É resulta importante chamarlle as cousas polo seu nome para poder cimentar ben a alternativa. É o capitalismo na súa expresión actual a causa da crise, nin mais nin menos. Que utiliza a economía de mercado como xustificación, seica para evitar o intervencionismo, cando en realidade o que se quere evitar é o posible control democrático do pobo, para que os que interveñan descaradamente sexan as grandes corporacións económico- financeiras e poder orientar o modelo económico sen contradiccións relevantes. Que recorre á globalización descaradamente para tentar impoñer unhas regras de xogo que permitan a actuación do capital financeiro sen ningún tipo de restriccións. Que levanta unha orientación do sistema productivo para concentrar cada vez mais poder económico en poucas mans (nos últimos 20 anos a o capital financeiro pasou de representar o 10% do capital privado a representar o 40%). Que levanta estructuras políticas, como a propia da UE con características que lle permitan reproducir as pautas de funcionamento ata o derradeiro recuncho.
Situando acaídamente a causalidade do que esta acontecendo poderemos defender adecuadamente as alternativas. Non está o problema no gasto social, non está o problema no gasto público por moito que haxa que mellorar a súa eficiencia (por exemplo poderíase facer un inventario do gasto publico superfluo incluído o militar e armamentístico que so ten utilidade ao servicio dun sistema de imposición e agresión e quedariamos sorprendidos da cantidade de recursos públicos que se poderían aforrar), non está no intervencionismo dende as esferas do poder democrático, resulta curioso que sexa este un debate recorrente que en realidade agocha a obsesión por utilizar o ámbito da xestión pública como instrumento ao servicio do negocio lucrativo e especulativo dos grandes poderes financeiros. O problema hoxe é que o intervencionismo descarado e seguramente encuberto do capital financeiro especulativo e capaz de orientar e dirixir modelos productivos, reformar dereitos e prestacións sociais, e mesmo consolidar estructuras que se preguen con facilidade aos seus deseños.
Aínda a risco de ser esquemáticos situemos polo menos sinteticamente algúns dos aspectos fundamentais da causalidade da situación: concentración de poder no capital económico-financiero especulativo, drenaxe importante de recursos dende a chamada economía productiva á economía especulativa, incremento das taxas de explotacion dos traballadores, privatización galopante de ámbitos e sectores estratéxicos da economía, endebedamento exponencial no ámbito financeiro e colocación de moitos activos financeiros en productos especulativos e de alto risco para manter taxas de consumo e de ganancias insostibles, desregulación aparente do mercado para marcar as súas pautas dende ámbitos, estructuras e axencias ao servicio das grandes corporación financeiro-especulativas, reducción galopante dos controis democráticos, globalización ao servizo da reprodución sen restriccións dun modelo de concentración de decisións e poder en poucas mans que agocha un permanente intercambio desigual etc.
Xa que logo debemos dicilo con claridade a alternativa non pode situarse no capitalismo nin na súa refundación. Temos que deixar claro, como sempre fixo o nacionalismo galego nos últimos tempos, que cuestións que na ideoloxía dominante se categorizan como paradigmas inmutábeis non deben ser tales si o que se persigue é un modelo económico ao servizo da igualdade entre pobos e a xustiza social. A actual chamada economía de mercado xa vemos a onde conduce e debe ser modificada e o debate para desmontar a súa sacralización debe estar presente. A globalización actual debe ter un modelo alternativo cimentado na igualdade e respeto entre os pobos e no intercambio non desigual, daquela o potencial do nacionalismo como ideoloxía sobre a que cimentar a alternativa a crise. A UE non pode ser unha estructura para lexitimar e canalizar as decisións argalladas nas grandes corporación financeiras, e impedir e condicionar a capacidade de desenvolvemento de moitos países como Galiza. E a profundización da democracia real que significa entre outras cousas fortalecer poderes que emanan da soberanía popular, capacidade de actuación en sectores estratéxicos, estructuras de control do capital financeiro, regulación e imposibilidade de movementos especulativos no mundo da economía e das finanzas, capacidade de orientación das nacións dos elementos nucleares da súa estructura económica. Por esa vía debe ir a alternativa e debe ter concreción en todos os ámbitos e en todos os países. En Galiza ese é o esforzo e o proxecto no que está empeñado o nacionalismo.