Vareando nos autónomos e pemes

Vareando nos autónomos e pemes
Desobstruíndo o camiño ás grandes compañías

Os últimos datos aportados polo INE, confírmannos unha realidade que vemos tódolos día, a parálises de centos de pequenas e medianas empresas e de  traballadores autónomos. Dinos, o INE, que no ano 2011 tivemos un 22,62% mais de concursos de acredores en comparanza co 2010. É dicer, que 412 empresas deixaron de exercer a súa actividade e mandaron aos seus traballadores a rúa. E que destas, máis de 368 se declararon en quebra. Estamos a falar de empresas que teñen entre, un, dous e vinte traballadores, as que máis abundan por toda a nosa xeografía.

A situación as que son sometidas as pemes, nestes anos, por parte dos poderes políticos e económicos é despiedada e ten como obxectivo lograr a destrución dun importante número delas. Desobstruíndo o camiño as grandes compañías para que constrúan unha sociedade cunha maior concentración de capitais e empresas.

Hoxe as pemes, seguen sen créditos, sen esquecer que mais do 80% teñen débeda bancaria; son anuladas dos concursos públicos, polas abafante presenza das grandes, que practican unha desleal competencia. As pequenas promotoras, non poden vender os seus piso, xa que os bancos dan os créditos a quen compra o que teñen eles. As condicións das subcontratas que se lle impoñen afogan calquera proxecto económico viável das mesmas. As axudas para innovación e internacionalización só chegan a un moi reducido número delas, ademais a inmensa maioría non contan con recursos para afrontar operacións internacionais. No conxunto do sector empresarial galego, segundo o informe económico da Fundación NovacaixaGalega a formación do capital bruto ven descendo desde fai mais de 14 meses, baixando en volume no segundo trimestre do ano 2011, un 5,3%. Do total das empresas galegas a finais do ano 2011, só un 3,5% manifestan incrementar os seus investimento ao que lle temos que sumar o descenso en consumo das administración nun 0,7%. Sen mudar isto, non é posíbel estabilidade económica. As grandes empresas están usando o seu poderío económico para someter as pemes e controlar os prezos, ou mercar empresas nos ramas de actividade que lles interesa.

È por riba, a patronal só parece estar interesas en políticas que agraden aos grades capitais, que cada vez mais teñen os seus cartos en paraísos fiscais ou realizan as súas cotización fora da Galiza, máis do 38% das empresas galega con mais de 100 traballadores tributan fora. Por certo, unha patronal, representativa para os gobernos de turno, pero sen obter esta representación en procesos electorais como fai o mundo sindical. Seria horas que as representación empresarias estiveran tamén abaladas polos votos dos empresarios, por procesos democráticos.

Na Galiza, os traballadores, as pequenas e medianas empresas, os autónomos, deben de ter o obxectivo común de pórlle freo as políticas económicas , que emanan das prácticas monopolísticas, sexan estas europeas, españolas ou galegas. Estas políticas danan gravemente a nosa economía, destruíndo os nosos sectores produtivos e colocan a sociedade en situacións limites ao incrementar o paro en graos intolerábeis.