Todo cambia para poder seguir todo igual
O recente volco electoral no Estado on significará un volco político, cando menos, no terreo da política económica.
Tralo 20N o panorama político no estado español mudou substancialmente. O Partido Popular alcanzaba unha ampla maioría nas Cortes que se sumaba ao seu importante ascenso electoral a nivel municipal e autonómico meses antes. O Partido Popular lograba ostentar as maiores cotas de poder institucional, que tivo unha organización política no estado español, desde a morte de Franco.
Sen embargo, ese volco electoral non significará un volco político, cando menos, no terreo da política económica. Ao meu xuízo, cada día é máis contrastábel que todo mudou para poder seguir todo igual. Cambiaron as siglas, as caras, os nomes e as formas, pero seguen gobernando os mesmos. Fisicamente a moitos kilómetros de Madrid e metafisicamente a moitos kilómetros de calquera institución democrática.
Pouco (ou nada) importan agora os compromisos electorais ou as necesidades da maioría da poboación. A axenda do PP só ten sitio para executar as políticas iniciadas polo PSOE, que non foron implementadas no seu último período por falta de tempo, e que comezaran a escribir ao ditado da señora Merkel.
Non houbo que agardar moito, tan só á primeira xuntanza do Consello de Ministros para evidenciar isto. Suba de impostos (fundamentalmente nas rendas do traballo e non nas de capital), a pesares de presentarse aos cidadáns comprometéndose expresamente a non facelo; conxelación dos salarios públicos ao tempo que se aumenta a xornada laboral dos mesmos e se iguala a cero -con carácter xeral- a taxa de reposición; conxelación do salario mínimo interprofesional e un brutal recorte nos orzamentos ministeriais que se traducirá nun recorte dobremente brutal no investimento público, ademais de albiscarse xa, a punta do iceberg do desmantelamento dos servizos sociais básicos en forma de cuarentena á Lei de Dependencia. Todo elo aderezado con algunha medida cara a galería, tremendamente degamóxica e -ao meu xuízo perigosa- como o é o recorte á financiación aos partidos políticos e ás centrais sindicais.
Estas medidas, ao igual que as tomadas polos seus predecesores (aumento da idade de xubilación, recorte nos salarios públicos, abaratamento do despido, privatizacións varias, suba do IVE, creación dun oligopolio no ámbito financeiro no estado, etc.) pode ser que consigan que en 2013 o estado español consiga cumprir cos seus obxectivos de déficit (xa o veremos). O que está claro é que as medidas adoptadas, e algunhas que están na mente do novo goberno español (redución máis drástica do investimento público, novas privatizacións -incluídos servizos públicos básicos-, nova reforma laboral e financeira, nova volta de torca ás pensións, novas subas do IVE, recentralización de competencias, "adelgazamento" das AA.PP, etc.) afundirannos, aínda máis, nunha prolongada recesión económica con consecuencias dramáticas para unha parte importante da poboación porque só con recortes, non se vai a comezar a reactivar a economía nin se vai crear un só posto de traballo.
E para mostra, un botón. Vai para un ano do inicio por parte do PSOE da toma das medidas máis duras en materia de política económica, supostamente para crear emprego e reactivar a economía. Cal é hoxe o resultado práctico das mesmas? pois que o crecemento do paro no estado español no último mes duplica o do mesmo mes do ano pasado. Resultado 4.422.359 parados e paradas rexistradas no estado. Levamos tres anos austeridade Feijoona en Galiza. Cal é o resultado práctico a día de hoxe? unha Galiza á cabeza do estado en destrución de emprego (só por baixo de Castela e León) e 4.818 desempregados e desempregadas máis en Galiza no último mes que se suman ao máis de cuarto de millón de galegos e galegas que queren traballan e non poden facelo.
Neste "xogo" aos que algúns nos queren obrigar a xogar, uns gañan e outros perden. Iso si, sempre gañan e perden os mesmos. Mentras que en Galiza sofremos con crudeza as consecuencias desta política de recortes en forma de paro, precariedade, maior desigualdade e desprotección social, Alemaña estase a financiar practicamente gratis e marca un novo mínimo nas cifras do paro desde que se publicaron por primeira vez as cifras da Alemaña unificada ao baixar até o 6,8% en novembro a súa taxa de paro axustada.
O goberno español está comprometido a rematar o 2012 cun déficit do 4,4%. Se se confirma que o déficit real actual é do 8% iso implicaría que habería que facer un recorte no gasto e investimento público de 36.000 millóns de euros.
Non é posíbel unha redución tan drástica do déficit só co control do gasto sen recortar as políticas sociais. Seguir cunha política económica baseada exclusivamente en reducir o déficit público a calquera prezo, nun país como o noso, só nos pode conducir a contraer aínda máis a demanda pública, cando a demanda privada xa está baixo mínimos, e iso só pode dar como resultado unha contración maior do conxunto da economía, é dicir, máis paro, máis desprotección social, máis recesión e por máis tempo.
Non fai falta ler entre liñas. A mensaxe é dabondo explícita. Aínda que xa se sabe, non hai peor cego que o que non quere ver.