Tempos de fame
Xa nos recortaron en educación, xa non se crea emprego, queren cobrar por estar no hospital, que máis non poden facer?
A estas alturas do ano pensei que xa non me ía asombrar nada máis pero errei e hai uns días lía que están pensando en cobrar pola comida e por bañarse aos usuarios do Sergas, non lles chegaba coa que armaron coas tarxetas sanitarias que agora saen con semellante ocorrencia. E para xustificalo nada mellor que comparar unha estancia nun hospital coa estancia nunha pensión, debe ser que no hospital estas por gusto e na pensión porque che mando o médico de cabeceira senón non entendo esta comparación porque que eu saiba ninguén esta nun hospital por gusto nin para comer ou ducharse gratis. E digo eu si unha persoa é ingresada por urxencias esta no paro e sen recursos e non pode pagar a comida e as duchas van deixalo sen comida e sen ducha?
Parecería unha pregunta irrisoria e dos tempos do medievo pero a realidade é que a sanidade cada vez parecese mais a épocas pasadas que a sanidade que debemos ter nos tempos actuais. Aínda que baseándose nas ideas de Farjas de que a sanidade non é un dereito universal segun esta conselleira a sanidade debe ser para aqueles que a poidan pagar e senón a afumarse nas catedrais co botafumeiro para evitar as epidemias.
Non lles chegaba con anular as tarxetas sanitarias a miles de parados que se deron conta de que non tiñan cobertura sanitaria cando chegaron as consultas e as urxencias e lles dicían que para ser atendidos deberían facerse cargo dos costes e si queres asistencia sanitaria pública e tes a desgraza de levar máis de 90 días no paro e sen prestacións ou te metes na tarxeta doutra persoa ou te inclúes na famosa lista de persoas sen recursos, que a este paso si a lista de Schindler foi famosa as listas que esta facendo Feijoo e o seu equipo non quedan atrás. O conto e pornos unha etiqueta e inda din que é para evitar o fraude na sanidade pública, fraude? Pois que empecen a mirarse por eles mesmos que ben que van a publica ou a privada segun lles conven, pois que escollan unha ou outra e non vaian facer uso da pública para promocionarse inda máis de que non hai listas de espera e que a atención e marabillosa e que o pobo non sabe o que di.
Como sempre a culpa é do parado, do pobo, do pobre e de todos aqueles que lles levan a contraria tan so por existir e non ser como eles e logo cando estén nas mesas de Nadal cheas polos agasallos de pagos de favores mentres que cada mes o paro aumentan e si hai que borrar a uns cantos da lista do Inem para que non se note moito a suba borrámolos, total, que máis dá si o pobo parece que esta contento e senón xa nos encargaremos de adormecelo con falsas promesas e dispendios nestes días e senón que llo digan a ese neno de Belén que naceu nun pesebre e chegou a ser inspirador duns cantos para converter o país máis pequeno no máis rico e intentar dar exemplo de moralidade.
Por iso estas festas o Apalpador terá máis traballo que nunca a pesares da mala colleita de castañas cada vez hai máis nenos cos estómagos baldeiros mentres ben que outros estómagos crecen día a día. Nenos que os están deixando cun futuro incerto recortándolles os dereitos en educación, vendo como nas súas casas os seus avós dependentes volven estar desprotexidos e as nais quedan sen emprego e volta a meterse na tarxeta dos pais, iso si, diranlles que volvemos o sistema tradicional de familia: o pai a traballar, o neno na escola ata que poida traballar e o nai a coidar dos vellos da casa e da casa, así aforramos moito na lei de dependencia e en garderías.
Voltamos aos tempos de adormecer a poboación con informacións sesgadas so hai que mirar a prensa para verlle a cobertura que lle deron a problemática da asistencia sanitaria fronte a outros temas como pode ser que sacaron do museo de cera a Urdangarín ou si Blanco estivo nunha gasoliñeira. Pero a min si me preocupan os recortes na sanidade, o posible copago de taxas e si no 2012 vou ter emprego ou non e si vou poder ir tranquila pola rúa e si os dependentes da miña familia van ter as coberturas necesarias, o resto so é adormecer o pobo. Pobo que pola contra vai sendo hora que esperte, que abra os ollos e que empece a reclamar os seus dereitos, porque xa esta ben de ter que cumprir as obrigas pero os dereitos cada vez son mínimos.
Por iso meu amigo compañeiro Apalpador deixe as castañas aos nenos que teñan as barrigas baldeiras pero de paso deixe canas de pescar aos pais porque os tempos de esperar a que chegara o peixe xa pasou necesitamos aprender a pescar o peixe para empezar a saír desta situación e basta de que nos dean limosnas envelenadas e non enganen. Dende o Caurel ata Ribadeo, dende Tui ata Ferrol, dende Quiroga ata Fisterra que percorres casa por casa nas noites do Nadal agardemos que a sensatez e o amor pola nosa terra, polo noso, polas nosas raíces e polo futuro dos nosos cativos acabe prendendo na maioría dos fogares e podiamos pórlle freo a toda esta situación delirante que nos tocou vivir estes últimos anos.