Sociedades de fomento forestal: socializar gastos, privatizar beneficios, esquilmar a Nación
Cos cartos de todos os galegos e galegas ímoslle a pagar o instrumento de xestión do monte ás empresas privadas
Cando na pasada lexislatura política, a Consellaría de Medio Rural e Mar e dicir, o Partido Popular, presentou o seu proxecto "estrela " para o medio rural, a creación das Sociedades de fomento forestal (Sofor), a Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM), manifestou que a creación de estas entidades, ia a significar: a usurpación das terras comunitarias en beneficio das empresas privadas e converter o monte galego nunha leira para plantar eucaliptus e cultivos eneréticos. E dicir, entregar o medio rural as empresas privadas para unha explotación colonial dos recursos, sen plusvalías nin para a veciñanza, nin para a nosa Nación.
As sociedades de fomento forestal (SOFOR), é dicir, a xestión capitalista e colonial en terras comunitarias, seria un brinde ao sol, se antes o goberno galego do Partido Popular non lles procurase terras e non lles permitise os monocultivos forestais. A Lei de Montes de Galiza, aprobada o verán pasado en solitario polo Partido Popular, e sen consenso social, significou achanzar o terreo para estes fins. Mediante os mal chamados contratos de xestión pública, a veciñanza comuneira, se non pagan as falsas débedas dos convenios e dos consorcios, veranse obrigados a entregar os seus montes veciñais as empresas privadas. Mediante o levantamento da prohibición de forestar, en réxime do monocultivo, mais de 50 hectáreas continuadas, as empresas privadas xa teñen o campo libre para plantar eucaliptus e cultivos enerxéticos.Terra e negocio para o capital.
Unha vez arado e gradado o terreo para o beneficio das empresas privadas, na presente lexislatura política, a consellería de Medio Rural e Mar vai sacar unha orde de axudas pola que se estableceran as bases para as axudas para a constitución e a iniciación de actividades das sociedades de fomento forestal (sofor). Esta liña de axudas chega a porcentaxes subvencionábeis do 100%, cando nas axudas das que son beneficiarias as comunidades de montes, o porcentaxe da axuda chega, no mellor dos casos, ao 70%. Neste porcentaxe do 100% da axuda, inclúese actividades como son: gastos notariais e rexistraes, redacción dos proxectos de obra, elaboración dos planos de ordenación e de xestión dos montes, cargadoiros para amontoar a madeira e a biomasa forestal. Así calquera fai negocios.
Resulta curioso (ben, isto é un falar), que, en toda a lexislatura pasada, a consellaría de Medio Rural e Mar, non sacase ningunha liña de axuda para que as comunidades de montes puidesen elaborar planos de ordenación e de xestión, nin para actualizar os que teñen, e agora, a primeira liña e axuda que sacan para as sociedades de fomento forestal (sofor), sexa para que poidan dotarse de un instrumento de xestión do monte, e subvencionado ao100%. Cos cartos de todos os galegos e galegas ímoslle a pagar o instrumento de xestión do monte as empresas privadas. Subvencións públicas para o capital. Para esa clase social que bota escuma pola boca, como cans rabiosos, cando se fala de axudas para partidos políticos, sindicatos ou entidades de carácter social. Mais que calan a boca cando os cartos de todos e de todas, van para os seus petos. Esta é a austeridade que defende o Partido Popular, unha austeridade con sesgo ideolóxico.
As facilidades que esta Orde de axudas, dálle as empresas privas xestoras das sociedades de fomento forestal (sofor), para pescar estas axudas, son de aurora boreal. Para que non se despisten e perda a axuda, o prazo para presentar a solicitude é de mais de un ano (para as comunidades de montes o prazo e de un mes). Para que as empresas privadas non gasten cartos en van na solicitude da axuda, se esta queda fora por razóns orzamentarias non as perden. Pasan a ser prioritarias na seguinte convocatoria (as solicitudes feitas polas comunidades de montes que queden fora por razóns orzamentarias, quedan anuladas). Para que as empresas privadas xestoras das sociedades de fomento forestal (sofor), non perdan os cartos investidos no proxecto, se non levan adiante a execución de un porcentaxe mínimo do orzamento, en vez da anulalo, páganlle a parte proporcional investido (as comunidades de montes que non levan adiante un mínimo do investimento, perden toda a axuda). Este agravio comparativo en prexuízo das comunidades de montes, non é unha maldición bíblica. Ten sesgo ideolóxico.
Socializar os gastos. Privatizar os beneficios. Afogar as comunidades de montes (xestión comunitaria dos recursos fronte as explotación capitalista dos recursos), senón legalmente (porque non poden), si economicamente (que tampouco van a poder). Estes son so verdadeiros obxectivos do Partido Popular cando creou as sociedades de fomento forestal (sofor). Mais todo isto, seria insuficiente para as empresas privadas, se non lles facilitasen o negocio. De aí que esta liña de axudas para a constitución e o inicio de actividades das sociedades de fomento forestal (sofor), esixe que a superficie mínima para plantacións forestais de crecemento rápido e para os cultivos enerxéticos, sexa de 50 has. Como din na miña aldea "mel sobre filloses".