Si Galiza non ten que recortar coma outras CCAA non é grazas ao Feixóo
Con estes vimbios é normal que o PP só pense en mudar as normas de xogo, a un novo pucheirazo, reducindo o número de parlamentarios para tratar de perpetuarse no poder
O Partido Popular e os seus medios de comunicacións afíns repiten coma un mantra que grazas aos axustes realizados Galiza non ten que afrontar os duros recortes que deben afrontar outras CCAA do Estado, (repiten que mentres outros pechan hospitais, Galiza os constrúe) a realidade económica do país e os froitos da súa xestión son outros. Esa idea é sen dúbida o eixo da campaña política do PP cara as eleccións autonómicas.
Cando o PP chegou ao poder despois dunha dura campaña mediática contra o BNG, que tivo o principal impacto na provincia da Coruña, Galiza tiña era a quinta CCAA con menos paro un 12,2%, No mes de xullo do 2012, últimos datos publicados, Galiza era a quinta CCAA na que mais medrou o paro en relación ao mes de xullo de 2011. Estamos ante unha situación de emerxencia nacional con 260.198 persoas desempregadas, un 16,68% de taxa de desemprego. Un dato polo demais enganoso, só no primeiro semestre do 2012 emigraron mais de 9.000 galegos e galegas. Ademais catro de cada dez parados non son beneficiarios de ningún tipo de prestación e 3 xa cobran prestacións non contributivas.
Os sectores estratéxicos da nosa economía, aqueles que están chamados a liderar a recuperación económica do país e que teñen capacidade real para xerar emprego, coma o naval, a pesca, ou o agro, esmorecen e Alberto Núñez Feixóo nin está nin se lle espera, o PP cala para non facer “oposición” ao goberno central amigo.
Durante o mandato de Feixóo desapareceu o sistema financeiro galego, que debería financiar a recuperación económica. As entidades financeiras galegas, bancos e caixas de aforros, desapareceron. A actuación do Feixóo no caso das caixas que eran unha das poucas competencias exclusivas do goberno galego foi realmente escandalosa.
Ademais e malia que o goberno de Feixóo se presenta coma o goberno austero que permitiu que a CCAA galega non teña que ser intervida/rescatada, o certo é que mais ala da propaganda a Xunta de Galicia do PP duplicou a débeda pública dende o ano 2009 (nun 105% dende o final do 2008). O goberno do Feixóo endebedouse mentres recortaba dereitos sociais e desmantelaba a Comunidade Autónoma, sen que ese endebedamento tivera coma obxectivo a reactivación económica, esa é a única verdade.
Con estes vimbios é normal que o PP só pense en mudar as normas de xogo, a un novo pucheirazo, reducindo o número de parlamentarios para tratar de perpetuarse no poder, consciente do descreto social dos seus gobernos aquí i en Madrid. Ese pánico non disimulado fundamenta a campaña mediática actual contra o BNG, a única alternativa real fronte ao desgaste do PPSOE.