Sector financeiro: U-lo o apoio aos sectores económicos galegos?
Onde están ese créditos e apoios da banca, co sector económico galego? Onde a colaboración para sair desta crise?
As medias da cotización á seguridade social, de xaneiro do 2010, dannos o seguinte cadro sobre a realidade galega: Unha cotización á seguridade social distribuída da seguinte maneira: 730,280 ao réxime xeral; 224.919 autónomos; 24.243 réxime especial do mar; 20.496 empregados de fogar e 4.543 do agrário. Ademáis disto, devemos salientar que dun censo que supera as 224.919 empresas, entre o 95% e 98% son traballadores autónomos ou pequenas empresas que non pasan dos 10 traballadores, onde nos situámonos nunha realidade cunhos indicadores claros e determinantes, que amosan que a creación de riqueza e mesmamente a creación de postos de traballo, teñen un soporte importante nos autónomos, pequenos e medianos empresarios. Así que, as vías que se escollan para superar a situación de crise en que vivimos, e camiñar cara un desenvolvemento eficaz no económico e social, deben considerar a este sector como unha parte necesaria.
Este é un dous sectores que soporta a política financeira dunha maneira desalmada e perneciosa para o seu presente e porvir. Sabe pois, e esta moi interesado en contar con ferramentas financeiras para poder realizar unha actividade económica normal. A falta de liquidez, a usura financeira, os abafantes xuros, levan a que o financiamento se teña reducido máis do 58% segundo certos indicadores e os tipos de interese se teñan incrementado nun 50% en moitos casos. Situación que se agrava, un pouco máis, cando os sectores fiananceiros encarecen toda actividade crediticia -para familias e sectores económicos- e poñen unhas esixencia e avais de pactos leoninos o que non permiten un aceso ao crédito. Onde están ese créditos e apoios da banca, co sector económico galego? Onde a colaboración para sair desta crise?
Hoxe, podemos dicir que esta situación de crise afecta directamente ao 96% do sector: cun reflexo na caída de maís do 30% nas vendas, en que 9 de cada 10 non teñan previsto realizar contratacións de traballadores, e que 8 de cada 10 teñan dificuldades para o crédito.
Este panorama reclama unha respotas política para o presente e futuro, que debe pasar por que esa unificación das Caixas de Aforros Galegas, pero cun cambio de rumbo na politica crediticia e inversionista das mesmas, asi como pola súa democratización. O sistema financeiro ten que por os seus pés na terra e sobre todo nos sectores produtivos galegos, axudando a autónomos e pequenos empresarios e non obedecer só ditados das monopolistas empresas, que aínda defendendo a unificación das caixas galegas, en algunhos casos, fano máis por manter a influencia directa e persoal sobre elas, que por axudar ao desenvolvemento real da nosa economía, como economía de conxunto que sirva ao desenvolvemento social do noso país. Tempo tiveron durante moitos anos, -sectores financeiros e monopolistas -, o seu resultado a vista de todos está.