SEAGA ou "no se haga"
SEAGA deixou de ser ese gran problema para moitos e moitas intelectuais que acreditan no funcionariado público
Quizás este xogo de palabras co que titulo este artigo non sexa o máis adecuado pero é o que o maxín trae á miña boca, moitas veces pechada por non crear debates polémicos ou politicamente incorrectos.
Parto do principio dunha empresa PÚBLICA de servizos agrarios onde o dereito de oportunidade e o dereito ao traballo é unha máxima alcanzable para todos, no intento de aportar un grao de ilusión que tanta falta fai neste mundo rural tan ennegrecido a cotío. Nesta tesitura ou principio activo de quen traballa ten traballo (máxima á que, imaxino, quereríamos chegar todos e todas como traballadores, respectando os nosos dereitos) movémonos durante un tempo, facendo equilibrio entre a realidade e a virtualidade que emana DALGÚN sector dos funcionarios públicos que nos miraban con ollos de pouco aprecio, coa harmonía rota dunha melodía que se lles rompe, noutras palabras, coa desesperanza de ver que hai quen traballa e ao tempo produce un traballo en cadea nada agradable para quen non acredita nel. Esta realidade que é a que me tocou vivir ficou esnaquizada nesta nova etapa, e non porque de repente os traballadores con praza pública espértanse do seu sono e se arrepentisen do seu paso de morto cansado e se convertesen en modélicos e astutos servos da economía imperante que nos vai sacar a todos e todas deste burato de negros praceres no que só medran os que xa eran xigantes de húmido papel, ciclopes inmundos alimentándose desta sociedade que non existe, que non se queixa nin que a maten. Non, simplemente SEAGA deixou de ser ese gran problema para moitos e moitas intelectuais que acreditan no funcionariado público, que acreditan que é máis fácil trocar todo un sistema cuns dereitos adquiridos e poucos deberes que os fagan responsables do seu facer. Será que a intelixencia non se detivo en min, pero xuraría que os camiños están claramente diferenciados tanto no seu paso como na súa solución a corto ou medio prazo. E digo, que será posible que exista alguén atrevido, ousado ou ecuánime que fose capaz de desenredar o enredado, máis sen querer ser conformista dubido desta metafísica situación, pero sempre conto cunha porta aberta. Dicía que de repente o problema desapareceu, agora xa só temos unha empresa chamada SEAGA iso si (que amabilidade respectando o nome) que supostamente é pública e na que os que formábamos parte dela desaparecemos ao xeito das pombas nun truco de maxia. Si, de repente os que xa estábamos nun listado cunha puntuación determinada (só facía falla actualizar o curriculum) volvéronnos a requirir toda a documentación para comezar de novo o proceso, iso si, agora mesmo eu non sei onde estou, non aparezo en ningunha listaxe pública, non sei a quen chaman nin a quen teño diante de min para poder optar a un posto de traballo. Claro isto chámase democracia, isto é totalmente entendible e asumido por tódalas partes, aquelas que o fan, os sindicatos presentes no comité de empresa, os contrarios á empresa pública, etc.
E nós? A nós (como diría Igor Lugrís , a nós quen nos defende dos idiotas?
Si, pregunto a todos estes que mencionei, ao meu sindicato (non sei por canto tempo), aos que non se vendían (non sei si eles ou o pais), á man negra que todo o manipula, interrogo:
Cando se fala de rendemento, de responsabilidade, de motivación, de ilusión e de moitos outros conceptos adxuntos ás tarefas a desenvolver dentro dun traballo, importa que un ou unha teña aprobado un exame? Diferéncianos en algo esa situación?
Cando se trata de criticar a posta en marcha dunha alternativa de traballo (mellorable, por suposto ) e tentar a súa eliminación sen máis alternativa, pensamos en algún momento en toda a xente que está a traballar neses organismos/empresas/CHIRINGUITOS?
Onde está a xente tan progresista, tan intelectualmente crítica para axudar a criticar, a defendernos deste inmobilismo, desta indefensión manifesta, de que fagan o que queiran?
Supoño que xa é suficiente, moitas interrogantes para tan pouca resposta. Como din na miña terra, morto o can acabouse a rabia. E dígovos que o can acabará por morrer, namentres nos seguiremos sendo os idiotas aos que ninguén defende, senón que nos fagocitaremos coa bandeira do propio orgullo pechándonos os ollos con tanta forza que xa estamos cegos.
Por certo, e como fan en varios foros, MODO IRÓNICO "ON".